luns, 19 de marzo de 2012

** Efemérides. Tal día coma hoxe...19 ó 25 de marzo


NEGREIRA. X. Amancio Liñares Giraut & Antonio Puentes Chao





marzo-20 1908 Os restos mortais de Curros Enríquez, gran impulsor do galego e da creación da RAG, son embarcados na Habana con dirección a Galicia.
marzo-20 1910 Falece en Vedra (A Coruña) o cóengo e erudito Antonio López Ferreiro, autor de varias novelas históricas e da Historia da S.A.M.I. Catedral de Santiago de Compostela. Emparentado cos donos -apelido Ferreiro- do Pazo do Cotón (Negreira).


marzo-21 1874 Nace na Coruña o compositor galego Andrés Gaos Berea, quen lle puxo música a varios textos na nosa lingua.
marzo-21 1948 Falece en Segovia o escritor galego Xosé Crecente Vega.
marzo-21 1995 Morre o cineasta, autor de varias películas en galego, Luciano Manuel (Chano) Piñeiro.


marzo-22 1863 Falece en Madrid Nicomedes Pastor Díaz, autor que, segundo o estudoso Ricardo Carballo Calero, escribiu o «primeiro texto de poesía propiamente lírica [tras os Séculos Escuros]» no noso idioma: «A alborada» (escrita en 1828).
marzo-22 1992 Falece o noiés Xosé Antón Avilés Vinagre, coñecido literariamente como Antón Avilés de Taramancos.
marzo-22 1997 Un exemplo de uso oral, público e colectivo do noso idioma: máis de trinta poetas do Batallón Literario da Costa da Morte lembraron a Avilés de Taramancos en Noia, facendo un recitado dos seus versos.


marzo-24 1878 Nace en Muxía o poeta Gonzalo López Abente.
marzo-24 1897 Nace no Pino o empresario, difusor e mecenas da cultura galega en Uruguai, Xesús Canabal.


marzo-25 1913 Con esta data, na Habana, asina o líder agrarista Basilio Álvarez a «Introducción» do libro inicial do seu amigo Ramón Cabanillas: No desterro.
marzo-25 1970 O xornal La Región, de Ourense, anuncia a falsa noticia da morte do escritor en lingua galega Celso Emilio Ferreiro.
marzo-25 1990 Falece en Compostela Ricardo Carballo Calero, quen fora o primeiro catedrático de galego da Universidade de Santiago. Defensor do Reintegracionismo lingüístico, tamén asinaba como Carvalho Calero.


É este un traballo de cronoloxía realizado polos profesores Antonio Puentes Chao (Lingua e Literatura Galegas) e X. Amancio Liñares Giraut (Xeografía e Historia).

1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Im-Pulso dixo...

Moi interesante hemeroteca. Grazas.