miércoles, 22 de febrero de 2012

** Un disfraz moi orixinal sen gastar un euro...


SANXENXO. Julio Torres

En carnavais a xente disfrázase para aparentar o que non é, pero que en algúns casos quixo ser. Búscase sobre todo a diversión e pasalo ben. Facer disfraces, mercalos... Sempre, cando chega esta fecha, a miña máquina do tempo volve e retrocede anos atrás ó acorde do tango de Carlos Gardel. Ó lonxe, un eco difuso pero moi claro e brilante como a luna chea volve a repetir incesante: "Volver con la frente marchita las nieves del tiempo, platearon mi sien sentir que es un soplo la vida, que 20 años no es nada que febril la mirada errante en la sombras te busca y te nombra. Vivir con el alma aferrada a un dulce recuerdo que no ha de volver..."

Entremezclada con esta lembranza xurde a daquel profesor de Lingua española do Instituto, dos meus tempos de bacharelato. Manolo, que así se chamaba, era unha persoa singular. Baixo a súa penetrante barba negra, das súas gafas oscurecidas de cú de botella, do seu maletín de coiro que portaba case coma unha prolongación do seu corpo, agochábase un mestre de verbo fácil e fluido, un mago das palabras e un bo comunicador. Un profesor do século pasado, nunca mellor dito. Pois ben, adoito acordarme deste profesor que lle puxo un reto a toda unha clase días antes de carnavais: "me voy a disfrazar en carnavales pero ninguno de vosotros me va a reconocer, ya lo veréis". Dito e feito. Acertou de pleno. Bueno, sí soubemos de que iba disfrazado. Non ía disfrazado de pirata, de troglodita, de muller, nin de calquera disfraz que poidades imaxinar. Non, non. O seu difraz foi moi orixinal e non se gastou un euro en mercar ningún traxe. Ben é certo, que tivo que ter necesariamente gastos indirectos pois as cousas non se fan por arte de maxia...

¿De que se disfrazou? ¿Como o recoñecemos? Digamos que foi so a súa voz a que nos axudou a descubrilo. O único. O seu verbo fácil e fluido foi o único que nos permitiu adiviñar quen se agochaba detrás da súa voz. Ía disfrazado de Manolo, pero dun Manolo distinto. Foi ben difícil ver a aquel profesor de Lingua sen o seu maletín, sen as súas gafas de cú de vaso oscurecidas, e, sobre todo, sen aquela espesa barba que recubria a súa faciana. Velo espido do cuello para riba, barbilampiño, foi ver como a Monchito, o títere de José Luis Moreno, en lugar a Valle Inclán. Aínda que o último quizás non sexa o arquetipo máis parecido.

Abofé que nos sorprendeu. Moito. Coss meses recobraría o seu aspecto habitual, pero sempre me acordo del por estas datas pois "20 anos non son nada"...

2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Alvariño dijo...

Pois si, un auténtico disfraz low cost.

O Moucho dijo...

Es curioso lo que puede cambiar el aspecto de una persona con pelo y despues verla sin pelo.