sábado, 18 de febrero de 2012

** Radio Futura, un grupo musical referencia dos 80


SANXENXO. Julio Torres

Radio Futura foi, sen dúbida, un dos mellores gupos do panorama do pop español. Nacido en 1979 triunfou nos 80 e disolveuse a principios dos 90. A banda dos irmáns Santiago (Juan Perro) e Luis Auserón e do guitarrista Enrique Sierra (que morreu onte en Madrid) marcaron tendencia. Lémbrome que era un dos grupos asiduos dun programa mítico de mediados dos anos 80. ¿Cal? La Bola de Cristal, aquel programa que se emitía os sábados polas mañáns e do que xa vos falei neste blog.

Do seu repertorio quédome, entre outras, coas seguintes cancións:









1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Mary C.V. dijo...

Mira que choveu diso!!! Eu acórdome perfectamente de estar os sábados coa televisión encendida, escoitándoa e mirándoa de reollo mentras axudaba a miña avoa na tenda de ultramarinos que tiñamos na casa... De todas formas, son cancións que nunca pasan de moda, a boa música é o que ten.