lunes, 30 de enero de 2012

** ¿Quen son realmente bos actores ou boas actrices?


SANXENXO. Julio Torres

Non estou dacordo cando escoitar falar de que tal actor/actriz é un bo actor/actriz e que xa ten non sei cantos grandes premios, que particpa en grandes películas e que é o protagonista de moitas delas,...

Modestamente, considero que un bo actor/actriz non ten porque ser (como sucede en bastantes casos) o que máis películas fai, nin que o que máis papeles protagonistas acapara, nin o que máis premios obtén nin tantas outras variables que non me valen para calibrar a valía dun actor ou actriz.

Estámonos olvidando do que conleva a palabra actor/actriz. É unha persoa que interpreta un papel. Dito o cal debemos dicir que un actor interpreta. Se se interpreta a sí mesm@, para min non é actor/actriz. So é unha prolongación del/la mesm@. Un exemplo de andar por casa: se un político se interpreta a sí mesmo, en realidade non é unha interpretación, pero se por exemplo unha persoa que é firme defensora da dictadura lle da vida a un personaxe que defende a capa e espada a democracia non está sendo ela para nada. Se se mete tanto no papel que consigue aparentar o que non é para min sería un bo actor/actriz.

Doutro lado, para min o bo actor ou actriz é aquel que sabe cambiar de rexistro e non está encasillado nun mesmo papel ou nuns cantos, senón que está aberto a calquera tipo de personaxe, moi diferentes uns de outros: bo, malo, intelixente, parvo,....En definitiva, aquel que é capaz de ir cambiando de tipoloxia de personaxe e non se encasilla como aventureiro, ou o gracioso de turno, por poñer so dous exemplos.

Lémbrome daquela pregunta que facían hai uns anos no desaparecido programa "Lo + Plus" onde acostumaban a preguntar "¿no tema encasillarse?". Pois iso...

Para min un bo actor ou actriz é aquel/la que non se interpreta a sí mesmo e que fixo papeles moi variados, incluso sen ter gañado ningún premio (os premios son moi relativos e moi inxustos ás veces, se ben noutras sí son merecidos), ou sen ter sido protagonista nin ter participado nunha gran superproducción. Os bos actores ou actrices non teñen porqué ser famosos. ¡Non!. Poden selo como non. Unha cousa é a fama de ser bo actor ou actriz, e outra ben distinta a valía e o arriscarse a facer papeles de todo tipo e con personaxes de moi diverso perfil. Istos últimos seguramente sexan, se o fan ben, mellores actores ou actrices pois teñen un amplio repertorio e non están encasillados. Loxicamente, haberá bos actores ou actrices que tamén sexan famosos.

2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Alvariño dijo...

E que ser famoso non implica necesariamente ser mal actor, por exemplo, Luís Tosar ou Javier Bardem, e viceversa: ser bo actor, coma tantos que traballan nos teatros, non implica ser famoso. Logo, tamén están os que son famosos e son malos actores, e tamén os que levan toda a vida facendo o mesmo papel no teatro, coma Arturo Fernández. Si, reflexionando un pouco, atópase moita variedade.

O Moucho dijo...

Estou dacordo casi plenamente co este artigo. Moitos actores encasillanse en un determinado tipo de papel e cando as ves facer declaracións, ves que son personaxes que non traballan para nada a expresividade nin o caracter dos personaxes que hay na pantalla. Para min sempre fan o mesmo papel. Misma cara, misma forma de actuar, mismo comportamento dos personaxes que fai. Realmente ¿podemos valorar que son bos actores? Así é moi dificil. Son moi famosos, si, pero as veces a súa fama ven determinada polo carisma do actor/actriz, e dos enchufes que teña cos medios de comunicación e criticos de cine ou teatro.