sábado, 7 de xaneiro de 2012

** Onde hai patrón ás veces teñen que mandar os mariñeiros


SANXENXO. Mary Camiña
Colaboradora de A Lareira Máxica


A piques de rematar este 2.011, esperemos que o acontecido estos últimos meses no Club de Baloncesto Baltar- Sanxenxo nos fixese reflexionar sobre qué camiño habemos de seguir neste novo ano 2.012.

Chegamos ao final da tempada 2.010-11, con dous sentimentos encontrados. Por unha banda, coa ledicia e satisfación de ter un equipo alevín invicto que gañou o DAB-Campeonato Zonal Mixto-Mixto e o DAB XOGA AROUSA-XOGA AROUSA. E por outra banda, coa tristeza da saída do Clube, por motivos persoais, do adestrador deste equipo Julio César Aguín.

Así e todo enfrentámonos ao comenzo da pre-tempada 2.011-12 con renovadas ilusións debido á "fichase" dunha nova adestradora de ámbito nacional que o presidente do C.B. Baltar calificou como excelente.

Nun principio todos estabamos contentos, moi contentos, coa labor desempeñada pola nova adestradora, durante cáseque todo o verán propúxose por en forma ao equipo infantil.

Pero chegado os finais do mes de agosto, comezamos a ser testigos das primeiras mostras de inaptitude desta persoa, con máis exactitude, durante o Campeonato de Baloncesto Urbano 3x3 que se celebrou en Pontevedra. Entre outras cousas vimos a unha persoa só centrada no xogo e totalmente indiferente ás lesións que sufriu algún dos nenos. Como era a primeira toma de contacto só o comentamos coa Directiva do Clube (a cal se mostrou indignada coas persoas que lle comunicamos o sucedido).

...Ampliar/recoller resto do artigo [ +/- ] TRANQUIL@S: ¡Non se abren ventanas!



    Non tardamos moito en recibir as queixas dalgúns dos nenos. Os pais e socios, nun principio tratamos de falar coa adestradora para saber qué era o que podía estar pasando, e cómo poder solucionar algún posible malentendido que puidese haber, xa que, o que queremos a maioría dos membros do clube é que os nosos nenos xoguen, se divirtan e sobre todo aprendan os valores máis nobres do deporte en equipo. A actitude da adestradora foi un tanto indiferente e as súas respostas rozaban descaradamente a burla e o desprezo.

    Algúns nenos comezaron a sentirse incómodos e moitos deles abandonaron o deporte, outros queixábanse de calambres e tiróns nas pernas os días posteriores aos adestramentos. Pronto habería unha Asemblea Xeral do Clube polo que trasladaríamos as nosas preocupacións á Directiva e intentaríamos averiguar o que pasaba, por qué tantos nenos se foran do equipo, eran 14 nenos ao principio, e chegaron a quedar 6.

    Decidimos, pois, quedarnos a ver os adestramentos nas gradas, cal foi a nosa sorpresa cando nos encontramos que a adestradora mostraba unha aptitude agresiva, tanto xestual como verbal, poñía castigos humillantes que uns xogadores propiciaban aos outros, fomentaba o individualismo no equipo; e por riba, ao rematar o adestramento físico mandabaos sentar directamente nun banco para darlle unha "charla-lavado de cerebro" semi-técnica sin facer ningún tipo de estiramento, de ahí que os nenos tivesen sobrecargas musculares e tiróns. Como se iso non chegara, saltábase os horarios, non respetaba nin as normas nin o traballo dos demáis e máis dunha vez fíxolle desprante aos nenos e á persoa que abre o Pavillón (fóra das súas horas laborais). Chegou a insultarnos ás nais no facebook que abriu " Baltar Baloncesto Baltar", o cal xa borrou pero do que posuimos copia, chamándonos "descerebradas" por intentar solucionar as cousas e defendelos nenos e o deporte.

    Ao ver semellante panorama, puxémonos en contacto coa Concellería de Deportes do Concello, en concreto, coa actual Concelleira Dª. Isabel González, a cal se mostrou disposta a colaborar en todo momento e desde a primeira nova que tivo do que estaba sucedendo, xa que, ademáis, o Clube mesturara o que eran actividades extraescolares cos adestramentos dos equipos propios. Despois de quedarnos claros os horarios e os acordos entre Concello e Clube , e despois de que o presidente do clube se negara na reunión a destituir á adestradora habendo no Clube neses momentos un adestrador que podía facerse cargo deles; e encargándonos a nós, as nais e pais dos rapaces, que buscásemos un adestrador para os nenos , decidín levar aos meus fillos a baloncesto en horario das Escolas Municipais. (O Clube contaba con catro adestradores e tres equipos, non era necesaria a demora).

    O primeiro día que o meu fillo non adestrou con ela foi o último para a adestradora, e non porque o meu fillo non fose, ou porque falásemos co Concello, nin porque as nais protestáramos, nin porque a Directiva o acordara,... simplemente porque a adestradora por fín ensinou a súa verdadeira faceta cando intentou agredir físicamente, e o fixo psicolóxicamente, a unha das nais que lle fora pedir explicacións do trato que recibira o seu fillo durante todo o adestramento, e da que foron testigas máis dunha ducia de persoas, e tamén, tristemente, os nenos. Esta nai á que agrediu quedou desfeita, asustada, só con mencionarlle o baloncesto entrábanlle taquicardias, tivo que ser atendida profesionalmete e segue en tratamento; xa que por riba a nai do neno que viñera de Marín coa adestradora increpouna, ameazouna e intentouna agredir tamén.

    Despois destes feitos interpúxose unha denuncia ante a Garda Civil. Somos un Clube pequeno pero non imos permitir que ninguén pise os principios e valores que levamos defendendo tantos anos, polo ben dos nosos fillos e o futuro do deporte.

    O que pasou despois ninguén o sabe,..., uns dicen que a despediu o Clube, outros, que chegou a Garda Civil a buscala e xa non estaba..., o que sei é que ela xa fora "invitada" a irse do Arxil e o PeixeGalego por comportamentos do mesmo estilo, e que esa non é maneira de tratalos nenos. O equipo quedou desfeito e pouco a pouco estamos tratando de recompoñelo, os danos físicos e psicolóxicos que quedaron nos nenos comezan a cicatrizar..., e esperamos que co tempo e boa vondade todo irá encauzándose..., o pobre Félix (o novo adestrador) ten moito que traballar con estos nenos para volvelos ao que eran antes do paso desta adestradora, xa que, como se dun furacán se tratase, deixou moitas feridas e moi poucos recursos... O máis triste de todo é que tratándose de nenos, a Directiva, antes de contratala non fixera as averiguacións que nós os pais, nais, e socios do Clube tivemos que facer pola nosa conta...

    Dentro duns días comenza un novo ano, o 2.012, comeza unha nova era de esperanza e traballo no C.B. Baltar.

    A nosa máis sincera gratitude hacia todas aquelas persoas que se preocuparon polo ben do Clube o do deporte.

18 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

María dixo...

Mi madriña, que panorama.
Esto é o que pasa cando moitas veces se contrata xente á dedo, porque é coñecida ou familiar de fulanito, en lugar de contratar xente profesional e con titulación. Porque se esta tiña ambas cousas, non entendo certas actitudes e comportamentos. Non fai falta ser licenciado en inef para saber que estirar ou quentar son principios básicos. Por non falar da catadura moral.
Os máis perxudicados, coma sempre, ós máis inocentes.

Anónimo dixo...

todo el mundo en un momento dado se puede equivocar , lo podemos entender. lobueno de esto es valorar lo ke tenemos y tuvimos antes de esta señora , gracias a todos los ke cuidan a nuestros niños.

Mariam dixo...

Eso pasa por non pedir referencias. Con indagar un chisquiño na traxectoria profesional da Sra. entrenadora xa terían aflorado esas actitudes agresivas. E entón, ante a mínima duda, esa candidata debería haber sido rexeitada, máxime cando ía entrenar a nenos. Os adultos teñen a obriga de velar polo benestar dos rapaces e eso implica protexelos de calquer tipo de comportamento violento.

Mary C.V. dixo...

Estou totalmente dacordo con Anónimo cando dí que todo o mundo se pode equivocar, e este artigo non o escribín para criticar a ninguén, senon para informar a todas aquelas persoas que ainda a día de hoxe non saben o que realmente pasou, xa que nen sequera unha explicación aos socios se dou, cando o feito foi tan grave. O deber dunha persoa responsable dun Clube é dar explicacións das súas accións, unhas máis acertadas e outras menos, todos somos humanos e nos equivocamos, pero neso mesmo consiste a evolución, en afrontar e aprender dos erros para poder, polo menos, evitalos; sobre todo cando os máis perxudicados, como dí María, son os nenos. Espero que todos os que nos vimos en semellante lea, uns máis e outros menos, aprendéramos algo: Cando tratamos con nenos non só debemos mirar o Curriculum, senon os antecedentes que puidera ter. Un saúdo.

O Moucho dixo...

Que xentiña hai polo mundo. Non entendo como pode haber xente así traballando desa forma. Bueno, pois se está solucionado o tema, esperemos que non se repita.

Julio Torres dixo...

Non teño moito máis que apuntar que o que xa sinalástedes vós. Non sei quen é esa entrenadora pero polo que conta Mary... Coido que calquera persoa que traballe con nenos ante todo tenlle que gustar traballar con eles, como alguén apuntou. E a partir de aí, saber ensinar e, por último, gañar. O importante é participar. ¿Onde quedou iso?

Julio Torres dixo...

Por certo: María, benvida de novo por estes lares!!!!. Botábaseche moito en falta. Espero que te animes a seguir poñendo leña ó blog. Que rabias, etc.etc. O que me gusta é que a xente participe e canta máis mellor, como xa sabes. Non se pide nada do outro mundo, so participación e sen faltar ó respeto, cousa que de momento nunca ocurriu en A Lareira Máxica. Toco madeira.

O dito BENVIDA e anímate a seguir participando muller!!!

Julio Torres dixo...

Ah, que se me olvidaba tamén darlle a benvida a Mary Camiña como colaboradora do blog. Ademais o artigo é teu. Vexo que gustou bastante. Benvida ti tamén Mary!!!!!

Alvariño dixo...

Claro que si, o importante é participar e pasalo ben. E a entrenadora Keledén, dúas caixas, polo menos.

Anónimo dixo...

ESPECTADOR.
Leyendo este articulo se me ocurren muchas de cosas: de un lado,que es el tipico enfrentamiento-pataleta que se da en el deporte entre padres y entrenador cuando las posturas no coinciden. Los padres inician la cruzada para derrocar al entrenador de turno que de la noche a la mañana se convierte en un mata-niños y el entrenador que se aferra a su trabajo y se defiende con uñas y dientes.Y entre medio los niños, espectadores de lujo de un bochornoso espectadulo.
Por otro lado realizar acusaciones tan graves o que se produzcan hechos de este talante tienen consecuencias penales para unos y otros, para el que supuestamente protagoniza los hechos y para el que se ampara en el testimonio de una docena de supuestos testigos dispuestos a todo.
Señores en el deporte cordura y en la vida coherencia.

Mary C.V. dixo...

Só quero, xa para rematar, e non vou entrar en máis debates, que unha cousa é velo e outra moi distinta é vivilo. Os que me coñecen saben que nunca xuzgo ás persoas, porque erros témolos todos. Só quixen deixar constancia do desamparados que estiveron os nenos en todo momento, a pouca preocupación das persoas que eran responsables deles. E tampouco dixen en ningún momento que a adestradora, neste caso, fose unha mata-nenos, só me remitín aos acontecementos. Levamos no clube máis de cinco anos, e nunca nos metemos co traballo de ningún adestrador, nunca. O que non pode ser é que presumindo de adestrador nacional e profesional, traten aos nosos nenos como se fosen animais, xa que nen sequera estiramentos facían, porque no deporte, ademáis de preparación física tamén existe algo chamado educación, e para poder dar educación hai que empezar por ser educado; non se pode ir pola vida avasallando aos demáis. Por certo, aos nenos hai que respetalos para que eles te respeten a tí; e non adicarse a poñerlles motes e a ridicularizalos diante dos compañeiros. Se fose so problema dos pais non creo que chegara a cousa a tanto, os problemas, esta señora, tíñaos hasta cos seus propios compañeiros de pista (pregúntenlle aos que compartían pista con ela), coa propia porteira do pavillón, etc. Unha das respostas desta señora foi: " Las normas hay que cambiarlas, tía". Cando algo non lle gustaba non había consenso posible, había que cambialo a narices e pasando por riba incluso das autoridades, así de claro. O pasado, pasado está, pero de pataleta nada.

O Moucho dixo...

Estou contigo Mary C.V.

Anónimo dixo...

ESPECTADOR

II PARTE. ART CARMIÑA C.V
En primer lugar manifestar que al igual que se publican articulos para que la gente los lea, la gente opina y es lo que yo Carmiña C.V hago sin animo de otra clase ni siquiera esperaba respuesta.

Como veo que mi opinion sobre su articulo la incomoda y repito no estaba en mi animo le dire:

Desconozco cuales son sus verdaderas intenciones, como bien dice al dejar constancia del desemparo de "os nenos",de los hechos que describe y de la gravedad de los mismos, asi como el tipo de "adestradora" que contrato su club. En definitiva de lo cuenta en su articulo.

De sus palabras en particular, de las ultimas se desprenden ciertos elementos:

su implicacion es algo que va mas alla de lo personal porque no solo juzga sino que condena.
Y por ultimo y completamente de acuerdo no existe el debate ni tampoco que podamos llegar a una conclusion mas clara,dado que para ello seria necesario que TODOS LOS PROTAGONISTAS incluso los malos de la pelicula y los niños dieran su version y solo asi y libremente cada persona tendria su propia opinion nunca inducida.

Por ello, en la vida coherencia.

Mary C.V. dixo...

No sé de donde saca usted que yo sea Carmiña C.V. cuando todos mis artículos y publicaciones son Mary Camiña (apellido) o Mary C.V. (siglas de mis apellidos). Como puede ver, a diferencia de usted que dice ser ESPECTADOR, doy la cara. En todo momento he dejado claro que mis hijos están en el Club desde hace más de 5 años, y mis intenciones no pueden ser más clras, que mis hijos, como menores que son, reciban una educación y practiquen un deporte sano tanto físico como moral.
Tampoco sé de donde ha sacado usted que condeno. Ni soy juez ni pretendo serlo, sólo he puesto de manifiesto lo que he presenciado en el Club, y no me gustó; de hecho, si no se hubiese "ido" la entrenadora, a día de hoy, mis hijos no estarían en el Club, ya que considero que lo primero para mis hijos es su salud física y mental; por encima de sus preferencias y caprichos. Los niños, y nostros tampoco, no nacen aprendidos ni con unos valores, somos los adultos quien tenemos que inculcárselos, y si la educación y el trato que están recibiendo en un lugar se considera que no es el adecuado se denuncia y se resuelve, si es posible, y sino se desaparece del mismo.
Si vuelve a leer el artículo, se dará cuenta que esa era desde el principio mi decisión, abandonar el Club: la persona designada por la Directiva del Club ( no por Asamblea general) no cumplia mis expectativas morales; de ahí que comenzaran a ir a horarios de la Escuela Municipal, con entrenadores que sí me parecen más correctos en el trato con los niños.
Por cierto, en las películas hay malos y buenos, en la vida real hay personas adecuadas y no adecuadas, según el tipo de educación que quieras dar a tus niños. Los valores que yo defiendo son muy diferentes a los que en ese momento la Directiva del Club fomentaba, porque en la reunión mantenida por los socios quedó muy clara que la educación que la mayoría de los socios queríamos dar a los niños era totalmente diferente a la que defendía la entrenadora en cuestión, y su amiga, claro. Y como usted bien dice: en la vida coherencia.

Gracias por dar su opinión.

Alvariño dixo...

Eu, sen ánimo de entrar en polémicas estériles, penso que un feito incuestionable é a opinión da maioría dos socios. A democracia baséase neso, no que pensa a maioría dos implicados. Si a labor realizada pola entrenadora, boa ou mala, non era do agrado dos socios, eles, que supoño que tamén pagarán algún tipo de cuota, teñen o dereito de manifestar a súa disconformidade. Así de sinxelo. O final de contas, a contratación desta ou outra persoa ten que ser froito dun acordo de voluntades. Si o "estilo" da entrenadora non coíncidía co "estilo" dos país, sólo hai dúas alternativas: ou cambiar de entrenador ou disolver o clube.

Anónimo dixo...

ESPECTADOR

CARMIÑA CV ART.III PARTE
En primer lugar quisiera manifestar que cuando me anime a participar y comentar este articulillo,no esperaba que su autora armara tanto "revuelo" cuando una opinion, como parece la mia, no estuviese a la "altura"...

Sencillamente me presento como ESPECTADOR, primero por que soy eso,un ESPECTADOR de un articulo y como hace vd, puedo dar mi nombre y la siglas de mi apellido y no significarian nada. A mi Mary C. V o Carmiña C.V no me dicen nada, sigo sin tener el placer de conocerla.

Reyelendo su articulo vuelvo a comentar lo mismo, es el tipico caso que se da en el deporte cuando las partes implicadas padres-entrenadores se enfrentan entre si, razones aparte o no. No deja de ser un ejemplo mas, con mayor o menor transcendencia, verdad o mentira.

Y le vuelvo a decir que en su implicacion personal,y por lo que se desprenden de sus ultimas palabras y en la forma que tiene de defender su postura,hay algo mas que la mera defensa de unos principios morales.

Por ultimo, y me repito nuevamente, desconozco todo lo que vd "cuenta" con tanta pasion asi como a todos sus protagonistas como carezco de elementos concluyentes y necesarios para tener una completa vision del asunto, en el que no tengo especial interes dado que simplemento soy eso, UN ESPECTADOR de su articulo en un blog.

Gracias por dejarme opinar.

Julio Torres dixo...

Coido que ante temas serios e relativos a denuncias, as persoas deben identificarse (ou polo menos, este administrador quere saber quen son os que fan os comentarios, aínda que logo, so poñan nome e iniciais). Quero evitar que haxa xente que baixo o término anónim@ diga o que queira. Polo de agora, publiqueinos.Ata o de agora non se faltou ó respeto por ningunha das dúas partes (nin por parte de Mary nin por parte de ESPECTADOR), pero creo que tampouco é xusto que se se ten que dicir algo sobre un tema serio unha parte eu sepa quen é e a outra non.

Se as cousas se din con respeto, como é o caso destes comentarios, non entendo porque a persoa que se ampara baixo o nome de ESPECTADOR non se pode identificar. Calquera persoa pode opinar neste blog. É máis agradezo tódolos comentarios, pero ante temas polémicos como o que nos ocupa, gustaríame saber quen son as persoas que os fan e que eleas mesmas, a poder ser, tamén o sepan.

Gracias por tódolos comentarios. Publiquei todos os que me chegaron, como podedes ver.

J. Campomanes y Cienfuegos dixo...

No puedo quedarme indiferente tras leer con calma este artículo.
Ante todo pido mis disculpas si alguna persona se pudiese sentir agraviada con mi opinión.

No sé si puedo estar equivocado al pensar que estamos hablando de un equipo infantil, es decir, de niños con edades comprendidas entre los doce y trece años, que están englobados dentro de una actividad extraescolar perteneciente al Concello.

Lo normal en estos casos es que la entidad superior, en este caso el Concello, suele delegar las actividades en monitores preparados para tal fin o en colaboraciones con diferentes clubes.Por lo que puedo entender estamos en el segundo caso.

De ser ciertos los hechos que se expresan corresponde tanto al Club, como entidad deportiva tal y como se expresa en la Ley del Deporte y en sus propios Estatutos,como al Concello, como organizador de las actividades extraescolares, la realización de las oportunas diligencias para esclarecer los hechos y tomar las oportunas medidas.

Es muy significativo que casi el 57% de los niños participantes abandonasen la actividad. A mi entender es un indicador bastante alarmante de que existe un serio problema en un club y, si fuese directivo del mismo, tomaría las medidas para solucionarlo ante la posibilidad de sanciones por parte de entes Federativos o incluso de la desaparición del equipo.

No entro en valoraciones de motivaciones personales por parte de unos o de otros, tanto a favor o en contra de "fulanito" o de "menganito".

Lo fundamental es que estamos hablando de niños, que se están formando en todos los aspectos y que necesitan una educación y una especial protección, como señalaba una de las opiniones.

Hay que anteponer la seguridad y la formación a la diversión y los resultados.

Todos los que llevamos muchos años en actividades deportivas sabemos que para lograr unos objetivos tiene que existir una buena base y que dicha base no se adquiere de la noche a la mañana. Salvo raras excepciones requiere un trabajo muy arduo.

Tambien sabemos que no se pueden aplicar metodologías de adultos en niños porque son muy diferentes tanto en capacidades fisicas como mentales. Cada etapa requiere su ritmo, su intensidad y su trabajo.

Me parecen vergonzosos y lamentables algunos de los hechos que se exponen en este articulo y, como bien expresan alguno, serían dignos de consideración por la posibilidad de consecuencias hasta de tipo penal.

Si fuese cierto que dicha entrenadora, con una capacitación deportiva excelente a raíz de su titulación nacional, ha incurrido en dichos actos, tendría que dar las oportunas explicaciones y ser puesta a disposición del régimen disciplinario que obligatoriamente debe de poseer el Club llegando a ser destituida si fuese lo oportuno.
Además si ha mostrado actitudes agresivas tanto gestuales como verbales, ha intentado agredir a una madre, ha fomentado la práctica de imponer "castigos" entre los niños como medio de aumentar la competitividad, etc.. estamos hablando ya de aspectos muy serios que correspondería a otros evaluar por las posibles implicaciones por negligencia y maltrato amparandonos en la Legislación vigente.

Si lo sucedido fue notificado al Concello y esté tomó una decisión es porque habría indicios suficientes para "destituir" a la persona en cuestión. No creo que la Concejalía de Deportes actué de esa manera en un enfrentamiento entre padres y entrenador, como ha sido calificado, sino que valoraría realmente lo que estaba sucediendo.

Todavía es muy normal en el Deporte confundir disciplina con abuso y es misión de todos corregirlo.