** O recuncho literario: Sesenta anos, sesenta historias
Épara min un honor compartir con todos vos esta pequeniña escolma dos poemas de meu tío Xerardo M. Carneiro, personaxe singular, boa persoa, poeta popular e autodidacta, home sensible e artista.
Alvariño
NUBE SOLITARIA
A esa nube solitaria
onde reflexo eu a sombra
quérolle porque non fala
e caladiña se asoma
e caladiña se marcha
como un voar de pomba
sen esperar de min grazas
polo que me dou, aroma.
Anque é miña, non é miña,
ten liberdade de coroa
pode fuxir ou quedarse
sinto envexa de persoa,
porque a liberdade non ten número
non ten letra, non ten zona,
ten o sentir do adentro
o repicar na cola,
como se vai o alento
como a mar se evapora
e rexurde noutro tempo
pero sen días, nin horas.
REMANSO
Donde hay mentira
no hay silencio
porque el silencio
es el remanso de la palabra
y en la cascada
está el estruendo
de la caída del agua
del falso trueno.
CHEIRAN NO VOAR
Ei de voar cheirando
a palabras,
porque as palabras
xíscanse no ar.
Esperan días novos
noites de luar
ollos que as vexan
linguas do falar.
E o que axexa
pódeas atopar
dentro de mil anos...
cheiran no voar.
AMIGO PICAPEDREIRO
Viches o Santo dentro da pedra
fúchela minguado croíño a croíño
area a area, co teu punteiro
i a tua man certeira
i a tua bágoa de suor
i a tua mágoa feita esplendor,
décheslle o último retoque
como un bico de amor
alí na eira;
teño que agradecerche hoxe
as miñas olladas,
a esas pedras que me enchen
de pensamentos,
a esas xoias que quedaron
por ti gravadas,
e que fan de min
un poeta lixeiro,
pero non penses
que me canso
de contemplalas,
¡amigo picapedreiro!
...sexamos pois, como fachos encendidos que aluméen a mente dos nosos vindeiros irmáns e cunda o exemplo da palabra esparexida neste pequeno mosaico do universo.
POEMAS RECOLLIDOS NO LIBRO: "Sesenta anos, sesenta historias"
Escrito por: Xerardo M. Carneiro







2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!:
Gustáronme moito estes catro poemas do teu tío. Desprender moito sentimento verdadeiro. Faille chegar a miña noraboa por este excelente traballo e que agardo que publique máis cousas. Un gran descubrimento. Non teño ningunha dúbida.
Gracias por compartir cos lectores de A Lareira Máxica este fragmento do seu libro
Agradecese as veces algo de poesía. Gracias Alvariño. Notase que levas no sangue da familia o de compoñer e elaborar literatura. Sinto certa envexa. Saudos Alvariño
Publicar un comentario en la entrada