domingo, 29 de xaneiro de 2012

** Efemérides. Tal día coma hoxe...Do 30-01 ó 5-02-12


NEGREIRA. X. Amancio Liñares Giraut & Antonio Puentes Chao




30 xaneiro 1886 Nace en Rianxo Afonso Daniel Rodríguez Castelao (1886-1950), símbolo e guieiro do nacionalismo galego contemporáneo. O atalieiro do galeguismo no século XX.


31 xaneiro 1809 As tropas francesas napoleónicas ocupan Vigo, traendo con elas os sons da lingua francesa ás rúas da cidade olívica.


1 febreiro 1946 Empeza a publicarse en Santiago o xornal vespertino La Noche, que abriría as súas páxinas ás colaboracións en lingua galega.
1 febreiro 1947 Falece na Coruña o músico José Baldomir, autor de moitas composicións sobre textos de poetas galegos.
1 febreiro 1991 Primeiro número da revista xeracional dos anos 1990 Anima+l, dirixida por Xelís de Toro. 02febreiro-02 1827 Nace en Santiago Francisco M.ª de la Iglesia, o autor da que sería a primeira obra teatral en galego que foi levada a escena: A fonte do xuramento.


2 febreiro 1882 Na Coruña ve a luz outra das poucas revistas que no século XIX teñen a particularidade de seren monolingües no noso idioma: A fuliada.
2 febreiro 1923 Neste día falece, con case 90 anos, Manuel M. Murguía, o gran historiador e promotor do galego no século XIX e inicios do XX. Foi o esposo de Rosalía de Castro e primeiro presidente da Real Academia Galega.


3 febreiro 1877 Primeiro número do xornal El Avisador Galaico, publicado en Cienfuegos (Cuba), dirixido por Domingo Devesa e José Porrúa.


5 febreiro 1915 Primeiro número da revista Estudios Gallegos, publicada en Madrid por Aurelio Ribalta e que inclúe as sinaturas de Porteiro Garea, López Aydillo e Rodrigo Sanz, entre outros. En castelán e galego.




É este un traballo de cronoloxía realizado polos profesores Antonio Puentes Chao (Lingua e Literatura Galegas) e X. Amancio Liñares Giraut (Xeografía e Historia).

0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :