sábado, 31 de diciembre de 2011

** Un ano sen CNN+


SANXENXO. Julio Torres

Cúmprese o primeiro ano sen CNN+. Un ano sen información da filial de CNN en España. Foi toda unha referencia ata o 31-12-2010, data na que a venda dos canales de PRISA a TELECINCO levou aparellado o peche dun canal, en favor do telelixo que promove Telecinco. Perdemos a unha televisión como era CNN+ con informacion as 24 horas e programas divulgativos para impulsar aínda máis o entretemento banal e o puro amarillismo do grupo Telecinco. Unha mágoa.

Hoxe, cando se cumpren 365 días do seu peche, o panorama é -se cabe- máis desalentador. Menos canales e máis concentracións. Iso para a pluralidade e bo facer xornalístico nunca será bo, coma xa dixen moitas veces.

Non sei que foi de varios dos presentadores de CNN+ coma Antonio San José e outr@s. Espero que lles estea indo ben e os voltemos a encontrar algún día nalgún medio de comunicacións. Ignoro o paradoiro deles. E ougallá nazan máis medios (prensa, radio e t.v.) aínda que hoxe por hoxe vai ser complicado...




3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Héctor dijo...

Aquelo fora o mais claro exemplo do dexenere da televisión :( A supresión dunha canle de informativos polo Gran Hermano 24 Horas... A verdade que eso di-o todo :P

Mariam dijo...

¡Qué pronto pasou este ano! É máis: ¡qué pronto pasan os anos! O peche da cadea foi unha gran perda, sin duda.

O Moucho dijo...

E fixate o que lle durou a telecinco o canle destinado a gran hermano. Dous telediarios. Agora creo que votan outra cousa. Pero non aporta nada interesante segun teño entendido. Menos mal que non podo ver a televisión que si chego a convivir con Telecinco e os seus programas basura... estaría vomitando todo o día.