miércoles, 7 de diciembre de 2011

** Anuncios enganosos con letra redonda: o euro


SANXENXO. Julio Torres


Hai 10 anos un anuncio bombardeaba as televisións, incluso por riba dos típicos do Nadal. O do euro, moeda da que está a punto de cumprirse en xaneiro o seu 10º aniversario.

Por moi simpáticos que puideran ser "Los García" e a súa musiquiña repetitiva, o asunto de fondo, o do euro, está claro que non nos benefeciou á xente de a pé en case nada. Faime gracia ver os anuncios e en cómo se incide en que todo será igual e que o redondeo dos precios non se ía producir. Nada máis lonxe...

O único que lle vía de positivo era o feito de que se visitabas outros países da Unión Europea non terías que estar a cambiar de moedas, tarefa certamente incómoda. Bueno, salvo que foras a Reino Unido que alí alí nin valeu hai 10 anos nin vale agora o euro. O motivo está claro: a fortaleza da libra. O que non entendo é porque un dos páises fortes da Unión Europea non ten a obriga de adoptar a moeda único. Tanto que se fala de Grecia e de que poida deixar de usar o euro. ¿E qué pasa co Reino Unido? ¿Por que non se lle obriga, como país membro, a usar o euro?

Sexa como fose, incluso podendo usar o euro en Londres, persoalmente prefería a situación de hai unha década atrás en lugar dos redondeos que pouco ou nada se controlaron. Foron máis as devantaxes que as vantaxes.

O tempo pon cada cousa no seu sitio. Logo de 10 anos, podemos dicir que o anuncio do euro pasará á historia como o maior timo publicitario promovido polo goberno dun país. Sí houbo redondeo. E moito. Faltou control, moito control sobre o redondeo. Claro que sempre haberá persoas que digan que o euro é bo...

Cómpre lembrar algún dos anuncios sobre o euro que se emitiron a finais de 2001 principios de 2002. Son todos de "Los García", a excepción do último. Recomendo especialmente o primeiro ("los precios no suben"),o segundo e o terceiro (o euro en 2011 aínda non é a moeda do Reino Unido), así como o último: Letizia Ortiz promocionando o euro e a non subida dos precios).











-------------------------------------------------------------------------------------------------------
-------------------------------------------------------------------------------------------------------


6 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Mariam dijo...

Non sei si sería un pouco precipitada a posta en circulación do euro. Ó mellor había que unificar moito máis a política económica da UE e logo pasar a posta en circulación da moeda única.
En canto o incremento dos prezos, moito máis alá do razoable, creo que se debeu a que na época da fartura a xente toleu moito. O fácil acceso ó crédito animou a xente a consumir alocadamente e os prezos subiron. Ou sexa, agora que o penso, ademais de burbulla inmobiliaria, tamén houbo unha burbulla de consumo desmesurado baseado nun endeudamiento excesivo. Por desgracia, esta crisis van a pagala os máis débiles.

o Moucho dijo...

Non me gusta falar moito de política, pero no che estou dacordo o 100% contigo. Non é solo o Reino Unido o unico pais sin euro. hay 3 mais. Nos seus paises fixose un referendun e mais por motivos de orgullo nacional que por economía, rexeitaron polo momento de adoptar a moeda unica.
Eu penso que o euro trouxo ventaxas. O peor foi o redondeo desmesurado que se produciu sin control algun. Claro que por outro lado os prezos son libres e cada un pon os que quere, si un sube os precios arriesgase a perder clientes, pero por comodidade todo o mundo aceptouno por medo ós centimos. O euro non foi o causante da crise. Non. A culpa tiverona principalmente os bancos pois ó baixar os tipos de interes, perderon capacidade de facer negocio. E todos optaron por facilitar créditos a todo o mundo. o importante era mover os cartos. Os políticos non foron valentes á hora de decir: Oe, con sentidiño que así non pode ser. Como todos tiñan cartos, nadie se queixaba, e os politicos pasaban absolutamente do tema. Faltou previsión. Despois xuntouse a fame coas ganas de comer. Refirome o tremendisimo buraco que crearon alguns bancos estadounidenses ó inventar as hipotecas basuras. Empezaron a vender hipotecas por todo o mundo. E os bancos doutros paises compraban e compraban. O importante era conseguir clientes e facturar. Seica se estima o buraco creado por estas hipotecas basuras en 5 ou 6 trillóns de dolares, como minimo. Hipotecas repartidas entre gran cantidade de bancos sobre todo europeos. Agora toca tapar semellante buraco. ¿E quen o cubre? Nos. Porque os estados non poden permitirse que os seus bancos vaian á quiebra de forma natural. Non sei si me explico. Bueno, que resumindo, o euro é moi positivo, necesario para o proxecto europeo. O malo foi o redondeo. Pero para nada influiu nas consecuencias da crise que sufrimos. Pensemos con cabeciña. O de Grecia, foi un timo, xa que falseou todo para poder optar a entrar na Unión Europea. Enganounos. Nunca debeu entrar. E agora ¿que facemos con el? Esa é a pregunta do millón. Bueno que me lío. Non me gusta moito estos temas de política.

Alvariño dijo...

Gustoume moito o comentario do Moucho. Está ben argumentado, moi ben.

Julio Torres dijo...

Amigo Moucho, o artigo en realidade era para recordar os anuncios do Euro, especialmente o dos García, tendo en conta que se cumpren 10 anos do tema do euro. O da crisis, non ten que ver co do euro. A miña crítica era que non entendo como non se lle obriga a Reino Unido a entrar no euro, sendo membro da Unión Europea. Pode que houbse confusión co de Grecia e a crisis, pero sólo era para comparar ós dous países.

En ningún momento dixen que a crisis fora culpa do euro, ó mellor expliqueime mal cando asociei o tema de Grecia para ver que Grecia usaba o euro e Reino Unido non. O da crise non era o asunto do artigo. So o da lembranza dos anuncios, o euro e o redondeo que xurdiu ó pouco (ou antes) de adoptar o euro, como moi ben comentaban o outro día na páxina de A Lareira Máxica no facebook.

Tamén sei que a parte de Reino Unido hai outros países que non adoptaron a moeda única, so falei de United Kingdom por aquilo de ser o país máis importante dos que aínda non a adoptaron.
E onte dixeron QUE XAMAIS A ÍAN ADOPTAR.

Eu pregúntome: unha UE sen que tódolos países teñan o euro como moeda único, pode ser considerado unha UE como tal?? ¿Acabará saíndo Reino Unido da UE? ¿Debería facer España como Reino Unido e voltar á peseta??

Gracias a tod@s polos vosos comentarios.

Alvariño dijo...

Si España voltara á peseta sería a nosa ruina. Os depósitos bancarios perderían o seu valor automáticamente. ¡Qué horror! Sería o peor que nos podería pasar os españois.
Os do Reino Unido acabaran saíndo da UE, seguro. Eles van moito ó seu aire.

O Moucho dijo...

A esas ultimas preguntas a miña resposta é lóxica e igual para as dúas: Non.