viernes, 10 de junio de 2011

** PUNTO E APARTE: A.L.M. despídese temporalmente


Unha canción bonita e triste a un tempo


Por problemas alleos á miña vontade, o blog de A Lareira Máxica despídese por unha tempada indeterminada. Ata o seu regreso, so queda agradecervos a confianza depositada e agardo que a sigades visitando de cando en vez. NON É UNHA DESPEDIDA NIN UN PUNTO E FINAL. Ou iso espero. Para min hoxe é un día triste. Foi unha decisión dura de tomar, pero coido que é a máis acertada nestes momentos. A pesar diso, quedan algúns artigos programados para autopublicarse e os comentarios serán moderados, na medida das súas posibilidades, pola miña benquerida amiga Patricia Loureiro. Gracias Patri!!!

Bicos e abrazos de Julio Torres. Se alguén desexa que @ avise o día que volte a actualizarse o blog, que o manifeste mediante un comentario no grupo de A Lareira Máxica no facebook ou no e-mail do blog.

P.D.: Os comentarios serán moderados por Patricia Loureiro na miña ausencia.

10 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

O Moucho dijo...

Espero que non sexa por moito tempo. Aquí un fiel seguidor estará á espera de novos articulos e comentarios. Un saudo Julio e gracias por este blog que creaste tan aberto e dinamico. Ou mellor dito, hasta pronto.

Mariam dijo...

Non sei que decir, cinco anos para un blog xa son moitos. Supoño que a ilusión dos comenzos vaise perdendo co paso do tempo. Non deberías sentirte triste, todos necesitamos un descanso de vez en cando.
A min, agora, tampouco me apetece escribir. Vai por épocas.

migramundo dijo...

¡Magoa! Confío en que se arranxen pronto eses inconvenientes. Unha aperta.

Patricia Loureiro dijo...

Descansa, repón sinerxias, anímate muito e volta axiña Xuliño

Anónimo dijo...

Patricia, nunca oira eso de "repoñer sinerxias". Xa se sabe, o galego moderno é así de sorprendente.

María dijo...

Oh, que magoa me da ler isto, pero supoño que en parte, todos somos un pouco culpables. Se o blog tivese máis movemento, seguro que non tomarías esta decisión. Vouvos botar en falta a todos, en serio. Gustábame moito ler os comentarios de Alva, Mariam, O Moucho, e por suposto, os teus artigos.
Espero que non sexa un adeus definitivo.

Toupeiro dijo...

Hasta pronto, espero.

sonia dijo...

Moito ánimo Jilio. Levo tanto tempo desconectada e aínda que falei contigo, non me decatei...
Bueno, o importante é que teñas moita enerxía positiva e xa voltarás con moito ánimo.

Forza e ilusión.

Malusa dijo...

Que pena Julio , me gustaba pasar por el blog y leer . Espero y confío que solo sea temporal .
Y que un día simplemente decidas volver a dejar tu huella .

Saudades

Malusa

Julio Torres dijo...

Moucho, Mariam, Guillermo, Patri, María, Toupeiro, Sonia, Malusa: moitas gracias. Seguirei actualizando, pero non me queda outra que tomarmo con máis calma. Do blog non vivo e hai outras cousas máis prioritaras agora mesmo. Pero como xornalista que son encántame escribir e, aínda que sexa pouco, algo sempre irei subindo. Unhas veces algo máis e outras algo menos. Alégrome moito de que sigades o blog de A Lareira Máxica. De corazón, moitas gracias.

P.D.: estiven actualizando a música do blog porque -me imagino que polos dereitos de autor- cada certo tempo sempre me bloquen cancións dos reproductores do blog. Desta vez en case un mes botáronme abaixo....case 80 cancións que eu teña coñecemento -seguramente haxa máis. Non podo ter todas as que me gustaría, pero éche o que hai. Será cousa dos da SGAE.... Conste que tódalas cancións que escoitades son as que teñen mixpod ou listengo no seu catálogo. Ó chegar a un certo número de reproduccións, bloquéanas para que non se poidan seguir escoitando e a tarefa de ir cambiando esas cancións por outras é de "chinos". Por certo, se detectaes canción que quedaron bloqueados e xa non se poden escoitar enviádeme un correo. Gracias.