viernes, 13 de mayo de 2011

** Reflexións e esperanzas dun día de primavera


SANXENXO. Julio Torres

N os últimos días pasaron moitas cousas, unhas tristes e outras alegres, como a vida mesma.

Unhas negativas como o terremoto de Lorca. Neste senso aínda lembro, por certo, dos que aconteceran en Santiago de Compostela en 1997, se ben de moita menos intensidade e sen víctimas nin danos materiais. Ou a morte do mítico golfista español Severiano Ballesteros.

Outras positivas: Unha delas o título da Liga 2011 do F.C.Barcelona. Un xusto premio na Liga da regularidade. A ver se temos sorte e gañamos a Champions fronte ó Manchester United, no que será repetir a final de 2009. Daquela gañaramos ¿2-0? e comodamente. Este ano non vai ser nada pero que nada fácil. A ver se hai sorte, porque merecementos teñen os dous equipos.

Hainas que non sei catalogalas de positivas ou de negativas. O tempo e o destino será o que dicte sentencia. Espero que sexan para ben. En bastantes cousas precísanse cambios, pero cambios de verdade...Que xa tocan!!! Iso sí, que no deportes continúen os triunfos e o bo xogo do F.C.Barcelona (e que Celta de Vigo e Deportivo de A Coruña volten a coincidir a temporada 2011-12 en primeira división. Non entendo porque non se poden desexar os triunfos dos dous aínda que sexan dun ou ou doutro. A min gústanme que gañen sempre os dous, aínda que, loxicamente, cando xogan entre eles, quero que gañe o Celta, coma outros preferirán que gañe o Deportivo, pero a rivalidade so debería existir cando xogan entre eles, e ser en todo caso deportiva. Pero iso so é deporte...Hai cousas máis importantes que o deporte).

Outras non cambian: pódovos asegurar que teño moitas cousas das que quero escribir, pero -xa o sabedes @s que me coñecedes ben- hai prioridades. E, por desgracia, o blog non é nin moito menos a prioritaria. Toca ter paciencia...

Afortunadamente estamos na primavera. É a estación que me encanta. Días moi longos, lonxe daqueles minidías de sol de decembro...E estes días o sol e as altas temperaturas fan acto de presencia. Ben!!

Van ser días de reflexión, de toma de decisións, de esperas, de riscos, de cambios, de paciencia, de nostalxia, de moita ilusión renovada, de esperanza, de moita esperanza e agardo que de alegría, de moita alegría e felicidade...Toco madeira. Como ben di Vega na súa canción "Mañana mejor" (¿ou era "Mejor mañana"?, bueno, neste caso o orden de factores non alteraría o producto). Iso agardo. Ougallá se cumpran varios desexos e esperanzas que teño. Ougallá, pero non so dependen de min...Non so de min...

15 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Mariam dijo...

¡Hola!
Hoxe, que actualizaches o blog, deime conta de que se che bota moito en falta. É un chisco paradóxico, si, un chisco. Gustaríame, cada vez que me achego á lareira, atoparme con estas entradas tecidas con palabras sinxelas, cero pretenciosas, e, ó mesmo tempo, tan bonitas.
Un mágoa que non poidas escribir máis a miúdo. Un ledicia ter ese estado de ánimo esperanzado. Gustaríame poder contaxiarme. Levo 6 meses con problemas de saúde. A verdade é que estou a vivir unha situación tan estresante que estou a piques de caer nunha depresión. Esa é a verdade, o que me anda por dentro. Logo, por fóra, teño que cumplir coas miñas obrigas como se non pasara nada. Ás veces, lémbrome do Lute, "Camina o revienta". Pois, máis ou menos, o mesmo.
Os que me rodean, falláronme. Néganse a ver a realidade, non sei se é porque non queren vela ou porque o seu egoísmo non lles permite vela. A familia máis achegada decepcionoume moito. A palabra depresión é tabú nesta casa. Creen que con calar e non falar do tema xa se arregla todo. Moitas veces é mellor non pensar. Eu prefiro non pensar, non reflexionar. Prefiro encher a cabeza de pensamientos banales. Se penso, síntome peor.

Julio Torres dijo...

Hola Mariam!!! Moitas gracias, antes de nada.

Entendo moi ben o que dis e, sobre todo polo que estás a pasar, e levas moita razón. Tiña pensado escribir un artigo sobre isto, pero aí vai un adianto: a xente moi poucas veces sabe poñerse no lugar do outro/a. Usamos moitas palabras vacías, pero á hora da verdade os verdadeiros/as amig@s cóntanse cos dedos das mans. Hai moitos amigos teóricos, pero moi poucos de verdade. Un amigo non se é, demóstrase. E demóstrase non nos bos momentos, senón, e sobre todo, nos malos. Xa sabes de sobra que aquí me tés para o que faga falta. Sabes que non o digo por dicir. E sempre é un gran pracer falar contigo. É moi grato. Moito.

Na xente falla moito o poñerse no lugar do outro. A uns/unhas pásanos unhas cousas, a outros/as outras. Falta empatía, insight, poñerse na pel do outro, ver as dificultades polas que atravesa. Pero, claro, para coñecelas hai que pasar por elas ou, cando menos, ser persoa e estar aberto ás dificultades dos demais. A socidadade peca de egoísmo, de caprichosa, de individualista.

Resulta curioso como moitas persoas se queixan de que non as entenden, pero logo son elas precisamente as que non entenden ou non se poñen no lugar das outras. Xa sei que non é o teu caso, por sorte.

A min, gustaríame escribir máis (encántame escribir) pero por motivos que coñecen moi ben a xente a que aprecio, non o podo facer o que me gustaría. Incluso a veces me salto as prioridades inconscientemente. Non son, nin moito menos, perfecto.

Son traballador social, traballo con xente e escoito a diario os seus problemas. Moi diversos. Non hai nada máis grato que esa xente que se sinte escoitada (que non so oída) e che agradece que a escoites. Entendo que moitas veces hai problemas de tempoe non podemos atendelas como quixeramos. Pero, por norma xeral, deberiamos facelo: as persoas son persoas, non so números.


En fin, que creo que acabo de escribir o artigo que tiña pensado escribir, e de xeito espontáneo. Calquera día colgareino como artigo, quizás con algún retoque.

Mariam, de verdade, as veces convén botar as cousas que che preocupan fóra. Para o que necesites, xa sabes. E aínda que soe moi simple: MOITÍSMOS ÁNIMOS!!!

O Moucho dijo...

Bravo, Julio. Un excelente discurso e consello. Estou dacordo contigo. Mariam, eu tamen te apoio moralmente e gustaríame de todo corazon que pouco a pouco vaias cambiando ese estado de desgracia que te acompaña ultimamente. Caer na depresión non é nada bo. Digocho eu que levo tomando antidepresivos xa bastantes anos. Entendote perfectamente. E teño esperanzas en que non decaias no que me aconteceu a min. Estou dacordo con Julio en que os bos amigos son os que saben poñerse na pel do que está sufrindo. Contareiche, que nos ultimos tempos anoteime a clases de baile latinos. Alí empecei a coñecer xente. Xente divertida, faladora, extravertida, ..., xente que quere pasar un rato agradable entre risas, musica e baile. Entre elas hai unha muller duns 50 anos, que ven con ganas de facer cousas pero que tamen ven con un monton de cousas na cabeza da casa. Un dos maiores problemas e a súa nai que sufre un cancer de pel, que lle acarrea moitas dores, e moito sufrimento, incluso cando durme. Bueno, pois esta muller non daba unha no clavo pois non tiña a cabeza para sentir a musica. Non tiña sentido do ritmo e casi nulo oido musical. Era un pato en medio dunha carreira de cans. Eu fixabame e entendíaa. Así que de vez en cando, tomo a decisión de sacala a bailar sempre mostrando unha sonrisa na cara. Gastando algunha broma,... coa intención de sacala dos seus problemas durante un tempo. E pouco a pouco, vexo que o meu esforzo vai dando os seus frutos. Agora chega e empeza a bailar con outro xeito, empeza a vivir a música e o baile, lentamente, eso sí. Pero alegrame pensar que a sua faciana e ganas de afrontar a vida van mudando dia a día. Ainda baila como un pato pero moito mais alegre. Con mais ganas de seguir adiante. De avanzar. Non hai nada como ter alguen que se poña no teu pelexo e inda por riba, que che axude sin darse conta de esforzo que fas para que vexa a vida un pouco mais alegre. Mariam, si che contara a de cousas que foron cambiando nos ultimos meses gracias ó baile... Recomendocho como terapia para deixar atras os males que te agobian. Coñeces xente, ries, bailas, e durante unhas horas desinhiveste dos teus problemas. A veces non hai mais que mudar a rutina, para atopar un pequeno sitio onde te sintas mellor. Coñecer xente nova en ambientes sanos podeche vir tamen ben. E podes atopar a alguen que en persona faga por ti o que eu, como non quere a cousa, fago por esta muller. Lastima non coñecerte, pois eu sería unha desas persoas que te axudaría a trocar un pouco a tua vida. Pero quen sabe. Todo pode ocorrer. Mentres, pensa no que che dixo Julio e empeza a usar o teu tempo libre para buscar unha actividade ou reto, fora do teu ambiente familiar e coñecidos. Desexo que atopes de novo o teu camiño. E eso sí, non olvides os teus colegas de A Lareira Máxica. Unha aperta moi forte, Mariam

sonia dijo...

Ola!

Bo resumo destes días e ante todo ougallá se cumpran os teus desexos Julio.
Moito ánimo e enerxía positiva.

Ola Mariam!

Non te coñezo pero quería darte ánimos e ougallá pronto se levante o teu ánimo porque as situacións volven a ser mellores.
Moita enerxía positiva.

Mariam dijo...

Gracias ós tres. Estes días, que xa non son días senón meses, tiven moito tempo para pensar. Ó mesmo tempo, tamén fun observando o comportamento da xente. Non sei si sabedes o dito ese que dí que "a xente se coñece nas ocasións". Pois si,creo que é verdade. Case era mellor non coñecela porque o que fun descubrindo...
Do Moucho acordeime moitísimo, non se imaxina. O día 1 de maio estiven falando con Julio e pregunteille por el. Creo que son amigos. Non me contou nada, so me dixo que tiña artigos seus pendentes de publicar. Non me dixo nada de que gracias ó baile se atopaba moito mellor. Alégrome moito por el, por ti Moucho.
O domingo, creo que foi en Tele 5, botaron a peli "Bailamos", que tamén trata do tema do baile como medio para alcanzar a felicidade. O que pasa é que é unha película moi mala, feita expresamente para o lucimento dos seus protagonistas, a estupendísima Jennifer e o decadente Gere. Vaia, que non me gustou.
Oxalá a vosa enerxía positiva me axude a despertar. Estou feita unha marmota.

O Moucho dijo...

Je, je. Mariam: Gracias por acordarte tando de min. Sempre é bo saber que alguen pensa algunha vez en ti. En canto á pelicula esa tan mala que viches direiche que é unha versión dunha película xaponesa, que feita dun xeito moito menos comercial, a min encantoume. Pouco comparable coa versión que viches. Bueno, pois o dito: Recomendoche anotarte a clases de baile. É toda unha terapia de grupo. O importante non é tanto saber bailar coma Fred Astaire, sinon en pasar un rato agradable facendo unha actividade colectiva que ademais é saludable e divertida. E para bailes latinos non soe facer falla levar parella, ainda que recomendable. Non así para bailes de salon. Eu vou a latinos: salsa, bachata, merengue, roda de casino... e o igual ca min, moitas persoas van sin parella, xa sexa porque a sua muller/home, non estan interesados ou non poden por motivos familiares, de traballo... E que ben o pasamos. O ambiente é moi sano. Coñeces un monton de xente. Anímate.

Mariam dijo...

¡Graciñas Moucho! A propósito, ¿en qué cidade bailas ti?

María dijo...

Vaia.
Sempre pensei en Mariam como nunha persoa forte, decidida, coas ideas moi claras, cun carácter moi definido, e ben definido debo decir. Parece que iso que dis de que moitas veces tes que facer de tripas corazón e poñer boa cara ó mal tempo so por outras persoas o levas tan a raxatabla que incluso aquí agroma ese carácter porque xa ves. Non pensaría nunca que estiveses pasando por unha mala racha. Intenta aplicarte eses consellos que sempre nos das ós demáis.
Eu prefiro non pasarme moito porque paréceme que, se por min fose, esto acabaría converténdose nun blog de "pseudo-psicoloxía" e non creo que sexa convinte.
Gustaríame poder axudarche, pero témome que a través dunhas simples palabras nun espello non creo que vaia poder facer moito.
Sabes, ou poderedes intuir todos, que despois dos últimos acontecementos da miña vida podo sentirme máis sensible ou máis cercana a problemas coma os que ti poidas estar vivindo. Por iso entendo perfectamente cando dis que todos temos moitas persoas que nos rodean, que aparentemente nos queren ben, amigos, familiares etc, pero eu de toda esta desagradable experiencia que me tocou vivir, se algo saquei en claro foi iso, que sacando (no meu caso) a familia, os amigos,e perdon se no saco de amigos meto a alguns que non debería incluir neste grupo porque si que, como en todo, hai excepcións e persoas que fan o que poden por botar unha man. O certo é que te das conta de que moita xente é moi amiga mentras toca rir, ir de festa etc, pero cando de verdade toca demostrar que son amigos, botan balóns fora. É moi certo iso que dis de que ás persoas as coñecemos nas ocasións. Máis de unha persoa pola que poñería a man no lume me acabou defraudando nese sentido. >Tampouco os culpo. Cada un ten a súa vida e os seus problemas persoais. Pero creo que merecía algo máis. O bo destas cousas é que agora xa sabemos con quen si podemos contar, e con quen é mellor nin perder o tempo.
Ánimo Maríam .E se che podemos axudar ainda que so sexa para que botes fora todo eso que levas dentro, xa sabes. Conta con nós.

Mariam dijo...

Moitísimas gracias María. Levas razón, teño moitas cousas dentro de min, demasiadas. Unha cousa que me apena moito é o comportamento dos meus familiares máis achegados. Son xente tóxica. É unha conclusión tremenda, xa o sei. ¿Solución? Non facer caso, deixalos. Non se me ocurre nada mellor. Pasar e bailar, como fixo o Moucho.
Espero que ser forte me axude a sobrepoñerme, a encontrar a miña paz interior. Por outra parte, vou tratar de non pensar moito e ocupar a cabeza en temas lixeiros.
Creo que vou por bo camiño.
En canto as doenzas de tipo físico, haberá que aturalas. Non me queda outra.

O Moucho dijo...

Alegrome Mariam porque hoxe te vexo (perdón: leo) moito mais alixeirada da presión que sofres. Aquí, en A Lareira de Julio, tes oidos para escoitarte e non faltara un consello orientativo de algun de nos para que reflexiones. Como dí María, tampouco é cuestión de convertir a Lareira nun gabinete de psicoloxía, pero cando un necesita orientar de novo o barco, non está mal que te apoies nos mariñeiros para saber que vento é o mellor para seguir adiante. Pola miña banda, sempre me agradará poder falar con alguen que tamén me escoitou cando eu andaba desnortado. Eu voto un pouco de menos o noso comentarista e colaborador Alva (Alvariño). El tamén tería boas palabras para guiarte. Tendo varios consellos podes decidir que podes facer. Como dice o refraneiro: Tres españoles, cuatro opiniones. E como dí Sonia, hay que ter enerxia positiva de agora en diante. Xa, xa, vai ser dificil, pero co tempo todo se arranxará. Solo que agora non vemos a saida. Tempo o tempo. De momento busca algo que te encha a vida. Ás veces é mellor facelo lonxe da túa zona. Mira: Eu son do municipio de Sanchencho( como dín os turistas de fora de Galicia) e a pesar de que preto hai sitios donde podo aprender a bailar e aislarme un pouco, nin corto nin perezoso, marchei a Vilagarcía de Arousa. Alí tamen hai moitos sitios para aprender a bailar. Foime bastante ben, así que decidin anotarme a outra clase de baile noutro sitio, e funme ó concello de A Lama. Así que duas veces á semana vou a clases de baile un día en Villajarsía e outro en A Lama. Je, je,je. Pode ser unha tolemia pero aseguroche que ir a donde nadie te coñece, é como comenzar unha nova vida. Gastas gasóleo pero o resultado final, é moi positivo. Mellor que ir a un psicólogo. O psicólogo solo te escoita e queda cos cartos, pero da outra forma con eses cartos, curaste en salud, fas ejercicio, e liberas a mente. Como dí Sonia: Enerxía positiva. Ánimo e Carpe diem, como nos dí tamén Julio.

María dijo...

Pois eu neste caso discrepo un pouco de Moucho. Claro que ter a mente, e as veces o corpo, ocupada, é a mellor das terapias. Pero Mariam di que xa anda niso. E polo que lin, se non lin mal, paréceme que dis algo así como que te prantexarías o da axuda profesional de non ser porque na túa casa a palabra depresión é tabú. Mariam, ti mesma o estás decindo, que a familia nestes momentos non está sendo a mellor axuda. Máis ben o contrario. Co cal, ti mira por ti, que aquí cada un o que intenta é salvar o seu propio cu. Así que, se crees que ir a un psicólogo por exemplo che podería axudar, eu non dubidaría en ir. Non tes nada uqe perder. So os cartos da primeira cita porqeu se crees que non che está axudando ou que é unha tontería, con non volver tes o tema solucionado.
NOn sei nada da túa vida personal. Se tes a sorte de ter unha vida chea (traballo, familia, actividades e tares varias), ocupada, perfecto, pero se te atopas na situación de milleiros de españois, e estás no paro por exemplo, o de intentar manter a mente ocupada é máis complicado.
So podo decirche que mires por ti, que moitas veces o peor é dar o paso. Unha vez dado, daste conta, e dígocho por experiencia propia, de que é moito máis doado do que pensabas e que incluso os demáis o ven dun xeito moi diferente a como ti podias pensar a priori.

Mariam dijo...

Bueno, hai que ir pouco a pouco. Creo que cada un de nós ten que buscar o seu propio camiño. Por exemplo, na miña casa, non se pode estar deprimida, nin tampouco enferma. Dálles exactamente igual porque eles andan ó seu. Entón, nun primeiro momento, sentinme triste e un chisco perdida. Logo, despois de reflexionar, cheguei á conclusión de que o mellor é procurar que non me afecte o entorno. Por eso intento pasar e, como ben di María, mirar por min mesma. Tomar conciencia do que hai, nada máis.
Cando se atravesa un mal momento daste conta de cousas que, doutra maneira, che pasarían máis inadvertidas. ¿Qué descubrín? Egoísmo e falsedade. Non van cambiar, son así. A familia non se elixe, tócache. A miña debe ser familia "teórica", como diría Julio.
E neso estou, adaptándome ás circunstancias. O caso é que como sempre hai un máis difícil todavía, parte da familia "teórica" pretende que eu me comporte, ante terceiras persoas, como se a nosa familia, en vez de teórica, fose normal. É dicir, aparentar que todo vai ben, poñer boa cara. E eso si que non. A min, defraudáronme e facer teatro non me vai. E vouno deixar aquí, porque senón tería que empezar a utilizar os calificativos.

Julio Torres dijo...

Amiga Mariam, non fagas caso do que din. Ti eres ti, tés que manter a túa personalidade e non deixarte manexar. Do contrario, por suposto, estarías perdida. Como me dicía unha amiga non hai moito: non cambies nunca.

Xa sabes, para o que necesites aquí estou.

O teu amigo Julio

O Moucho dijo...

María: tamén chego a estar dacordo contigo. Ainda que, chego a decir que hai persoas que necesitan atopar algo distinto no que relaxarse e desintoxicarse temporalmente. E non hai nada mellor que romper a rutina do día a día intercalando algo diferente, pode que un novo reto, non sei. As veces marcar un rumbo novo, por unhas horas, levate a destinos moi interesantes e saudables. Como xa teño dito, nos opinamos e aconsellamos, cada un á súa maneira. E Mariam, pode atopar nas nosas opinións algo que considere positivo e que lle alumée na noite escura. Tres españoles, cuatro opiniones. Un saludo, Maria.

Mariam dijo...

Efectivamente, as vosas opinións axúdanme. O Moucho é o vivo exemplo de que hai un amanecer despois da noite máis oscura. A opinión de María tamén ten moito fundamento. ¿Baile ou psicólogo? Creo que non son cousas incompatibles. É máis, a min, paréceme que son complementarias.