martes, 17 de mayo de 2011

** No Día das Letras Galegas: frase e reflexións


"É feliz o que soñando, morre. Desgraciado o que morre sen soñar"



Rosalía de Castro



.....................................................................................................................................


SANXENXO. Julio Torres




O ugallá que o Día das Letras Galegas fora non so un, senón máis. Non pola celebración, senón polo que supón. Mellor nos iría. Se non mimamos o noso idioma galego, é imposible que se faga forte e medre, máis ben collerá anemía de non comer e, se non se coida, acabará esmorecendo silenciosa e paseniñamente, sen apenas darnos conta...Xa non digo que falemos todo o día en galego, ¿pero por que non se usa máis? ¿Pervive aínda o complexo de inferioridade? ¿Que ten o castellano que non teña o galego?

Fdo: un galego-castrapo falante, un idioma máis enxebre que o galego de laboratorio que uns pouquiñ@s "iluminad@s" fabrican ó seu antollo para dicirnos cómo nomear palabras que ninguén galego falante de toda a vida nunca, nunca, nunca empregou. Exemplos hai moitos. Pensade en palabras que soan raras e que ningún galego de ningún pobo usou endexamais. Xa sei que se fixo unha normativación do galego, pero con tantos cambios constantemente o que se fai é confundir á xente que no colexio aprendeu unha cousa e anos máis tarde xa mudou (palabra ou normas), polo que acaba optando por usar o castelán que ten menos cambios "estructurais". Servidor sempre falou galego castrapo. Sempre, e sempre o seguirei falando. Non domino o normativo, nin moito menos. Entendo a súa necesidade, pero non a comparto, porque coido que contribuiu máis a confundir que a unificar.

Opinión persoal. Eu mesmo dubido de moitas palabras e estructuras que aprendín no colexio ou non instituto. Non por iso deixo de usar o galego castrapo, o galego do pobo, o galego auténtico. Estará contaminado polo castelán, seguro, pero é máis natural que o galego de laboratorio que se inventan. Hai palabras que son mesmamente arrepiantes de pronunciar e casi ridículas e moitos e moitas entenderedes. Doutra parte é penoso o galego usado na Radio e Tv de Galicia. Non sei se é por os seus lingüistas (palabras estrambóticas) ou polo pouco que, en realidade, falan galego os seus presentadores . O erro máis común destes últimos é trabucarse en antepoñer ou pospoñer os pronomes nas frases . ¿Exemplos) "Se vai facer de noite a este ritmo" (en lugar de dicir, "vaise facer de noite a este ritmo", ou "O presidente se reuniu onte cos empresarios" (en lugar de o presidente reuniuse cos empresarios). Un presentador que habitualmente fala castelán (e hai bastantes casos na CRTVG), que non sabe as normas relativas ás preposicións do galego e que so usa o galego para presentar, o que fai é confundir a unha poboación xa de por sí confundida con tantos cambios nun idioma que cada día pensa que xa non é o seu...


Termino: son máis partidario do galego castrapo -que é o galego do pobo, o que utiliza a xente que non é castelán falante- que o artificial e mal empregado (demasiadas veces) inventado polos "estudiosos do idioma". Con todo, prefiro este último que pasarme ó castelán. Pero, por favor, cando menos ¡¡¡¡¡PRESENTADORES E PRESENTADORAS da Radio e Televisión de Galicia, aprendede a usar ben os pronomes no galego QUE XA TARDADES, e logo aínda confundides máis á poboación que chega a crer que tamén mudou a norma dos pronomes e, non obstante, segue igual coa galego normativo!!!!! ¡Deixade de ser @s verdadeir@s "pechacancelas" (termo que usan para referirse ó último clasificado nalgunha competición) do noso idioma, que so o empregades para o "saque desde o curruncho" (ou de esquina cando retransmiten un partido de fútbol) cando traballades.

3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

O Moucho dijo...

Totalmente dacordo contigo. Ese galego de Laboratorio foi un erro do que non queren nin pensan dar marcha atras. Aniquilaron todas as zonas xeográficas tan peculiares da nosa fala e as súas caracteristicas. ¿E o final qué? Menos mal que ainda se sigue a falar ese galego tan peculiar nas diferentes zonas. Ainda que eso sí, o galego real e autentico está vetado en medios de comunicación e en todo medio audiovisual que se cree. Prefiro falar castrapo que da noite para a mañá, me digan que todo o que aprendin na escola e no instituto, agora xa no vale para nada. Unha tomadura de pelo de uns cantos caprichosos que se creen os señores da lingua. Ahí queda a miña queixa.

Rachel dijo...

Boas, eu tamén estou totalmente dacordo. Polo xeral escribo e falo castelán debido o meu traballo ou as veces o portugués ou francés, polo que as veces teño un churro mental...
Pero, sí crieime falando o galego de Arsenio Iglesias... con J de Jalicia ou como tamén digo: Eu falo o jallejo da rúa. Que por algo se entende mellor porque certo é que si vamos o normativo non o fala nin quen o inventou. Se Castelao ou Rosalía levantasen a cabesa...
Ou como meu avó que cando era cativa xogaba con nos a falar dúas linguas e dicíalle os seus netiños:
-Bueno, vou a ensinarvos a falar dous idiomas. Por exemplo, eu que son de Portonovo digo que quero comer cosido e despois vou lavar a caserola. E vos que sodes do interior dicides: quero comer cocido e despois lavar a cacerola.
E nos coma pampos encantados de aprender un novo idioma e non vos falo de cando nos ensinaba o francés........ o final tiñamos un batido lingüístico que non vexades.
E sí, tanto os presentadores ou locutores como os que non se ven nin se escoitan da CRTVG deberían falar mellor o galego ou jallejo que para iso é a lingua que lles da de comer.
Saúdos.

Mariam dijo...

Eu tamén estou de acordo con vós. Vivo en Santiago e aquí é habitual coincidir cos presentadores da Tvg. A algúns da noxo escoitalos, non é que falen en castelán, é que falan dun xeito que parecen uns pijos madrileños. Normal que se confundan cos pronomes. Supoño que moitos terán a aspiración, lexítima, de pasaren a unha canle de ámbito nacional e deben ter moito medo de que se lles pegue o acento galego.
Por outra parte, o galego do pobo é un galego coloquial. Os lingüistas parece que queren fulminar aquel "vello galego" dos labregos e dos pescadores, si, o mismiño que falaban nosos avós, impoñendo a súa particular e artificial "jerga" culta, cultísima.
E para rematar, penso que inda hai moita xente acomplexada. Non é que o pense, é que o comprobo cada día. Alá cadaquén coas súas ideas e as súas opcións. Paréceme ben que as persoas poidan elexir. Agora ben, nin non me gustan as imposicións sectarias nin os complexos de inferioridade.
Remato xa, recordando unha anécdota da facultade de xornalismo. Non sei si Julio poderá corroborala. Daquela tíñamos na facultade un profesor famoso, un intelectual galego, tamén escritor, que un día, nun arrebato de sinceridade ou de camaradería, non o sei, díxonos o seguinte "por favor, que non salga esto de aquí, pero o galego fóra do terruño non vale para nada". Os alumnos quedamos pasmados. Non polo comentario, senón pola procedencia.