sábado, 5 de marzo de 2011

** A tradición enxebre do tempo de entroido


SANXENXO. Julio Torres



Un carnaval onde non se escoite a canción de Georgie Dann "Carnaval, carnaval" son como unhas Navidades onde non se escoite o "Feliz Navidad" de Boney-M. O mesmiño. Nestes días de entroido (palabra que me gusta máis que a castellana de Carnaval) é momento para poñer unha careta diante da cara e vestirte doutra persoa que, en realidade, non eres. Vamos, é como toda a xente hipócrita que se "disfraza" todo o ano dunha persoa que non é. Iso sí, a diferencia é que no Carnaval é algo lícito facelo porque é tempo diso, de disfrazarse, polo que non se incurre nunha hipocresía.

O tempo de entroido son uns días que -consciente ou inconscientemente-, nos transportan ó tempo máis tenro das nosas infancias nos que moit@s íamos disfrazados de choqueiros polas casas dos veciños pedindo o que daquela era todo un tesouro: "¡unha pesetiña!" que se pedía namentres cos teus amig@s percorrías o teu pobo e logo, cos cartos recaudados, te comprabas unhas cantas lambonadas...Cantos recordos!! Hoxendía, por aquí, o de ir a pedir xa se leva pouco(asáltame a dúbida de que cantidade económica pedirían os nosos cativos), pero sí o de ir disfrazados a festas, o desfile de disfraces, entre os que destacan o das típicas comparsas. As comparsas, que a ritmo de melodioso verso escenifican unha cantiga de escarnio social da que case ninguén se libra e que devora á xente coas súas medidas verbas.

É moi bonito, sobre todo nestes duros tempos de crise, que perdure o sentimento de Entroido, unha das poucas tradicións enxebres que non esmorece no tempo nin sucumbre a influencia anglosaxona. Desde A Lareira Máxica deséxovos un moi feliz antroido, que o pasedes moi ben, pero con sentidiño!!!



3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

María dijo...

Pois si Julio si. A min o entroido xa me gustou máis do que me gusta. Será que coa madurez unha vai sendo cada vez máis consciente de todos aqueles que non esperan xa a esta época do ano para andar disfrazados pola vida. Será que non lles chega con que o entroido sexa so unha vez ó ano.
A parte diso, estou de acordo contigo en que polo menos esta "festa" sigue sendo nosa. Sen interferencias anglosaxonas, dos grandes almacéns etc. E iso si que me gusta. Gústame que se manteñan as tradicións, neste caso, os traxes, que con variacións, en grande medida seguen sendo os de sempre, as culinarias (que cousas máis ricas comemos nesta época do ano) etc.
Pero discrepo contigo en algo. Na miña zona polo menos (será que non son dunha grande urbe) os cativos si seguen mantendo a tradición de ir pedir polas casas. So que , como decía miña irmá hoxe, cando nós eramos pequenas torcíaslle un pouco o morro cando en lugar de pesetas che daban orellas, lambetadas etc, pero aínda así as agradecías. Hoxe en día creo que os cativos prefiren máis o euro e ser eles qeun elixan as lambetadas embasadas, a que lles den das caseiras (véxase orellas, rosquillas ....)
A parte diso, que viva o CARNAVAL!!!!
PD: E como disque son unha rencorosa, vou darlles a razón ós que o din, que por algo será, e voulle felicitar logo estas datas a ese personajillo que sen ser típico do entroido a min me "alegrou" outras festas, as do Nadal, e que seica acostuma a ir disfrazado todo o ano. Para ti, meu querido F (xa vos sabedes a quen me refiro).
Ahí queda iso.

Alva dijo...

Carai, logo vai resultar certo eso de que algunhas persoas, en vez de disfrazarse nestas datas, o que fan e cambiarlle a goma á careta ou ás caretas, que xa se sabe, hai que ter unha para cada ocasión, que para eso estamos na sociedade do consumo.

O Moucho dijo...

Si. O carnaval tempo para disfrazarse. Tempo de tradicións, afortunadamente con moita ilusión por case todo o mundo. Ata a xente moi seria eses días se comporta coma un raparigo. Bendito sexa este día. Eu non me disfrazo, pois é unha actividade que solo se disfruta si tes alguns colegas que tamen lles guste pasar un bo rato disfrutando das tradicións. Ir solo é o que ten. É das poucas festas enxebres que non se contaxia do anglosaxon, ainda que si se contaxia algo do carnaval mais popular do mundo: O Brasileiro(Sin despreciar o das Illas Canarias, que non é moco de pavo e temolo a duas horas en avión).Eso si, na nosa terra cada vez vaise limitando a celebralo en discotecas, polo que está collendo un aire un tanto comercial. Igual nos pasou coa noite do Samain, que polo visto, é mais comercial o modelo americano moi disvirtuado co paso do tempo e que olvida cada vez mais as tradicións e a historia pasada. Agora ata se disfrazan de spiderman e batman nesa noite. ja. Que triste. Bueno afortunadamente na nosa terra ainda se aprecia moito os entroidos tipicos de gran raigame sobre todo en poboacións de Ourense e Pontevedra. E como moitos actos se celebran á luz do día, as discotecas non teñen mais que esperar á caida do sol.