sábado, 15 de enero de 2011

** Os amig@s en Facebook


SANXENXO.Julio Torres


Hai case dous anos -con bastantes reticencias polo tema da privacidade- dinme de alta no facebook. A día de hoxe non me arrepinto pois axudoume a retomar o contacto con amig@s ós que facía anos que non vía e que están lonxe. Internet ten as súas cousas boas se se emprega con sentidiño.

Facebook? Ou cara-libro en castelán (isto soa horrible, pero paradoxicamente é a súa traducción literal e non como esas películas que en inglés se titulan dunha maneira e en castelán outra cousa que non garda relación algunha co título orixinal). Deixémolo en face (ou cara).

Non obstante, faime "gracia" o tema dos amig@s no face. Por varias cousas. Imos por partes:

- A primeira é a foto: bastante xente ou non a pon ou pon a dun familiar (case sempre fill@) ou a dun debuxo animado ou un logo... Con todo, a foto é o de menos.

- Ó segundo, pero quizais máis chamativo, é que hai persoas que teñen centos e centos de amigos, cando non miles. Chegado a este punto habería que preguntarse qué se entende por amigo. Resposta complexa, pois cada un/unha ten a súa propia visión. Coido que se confunde moito o concept@ amig@ cos de colega ou coñecid@. Hai moit@s facebookeros que, imitando á canción de Roberto Carlos (o cantante), queren ter un millón de amigos e, sinxelamente, ninguén os pode ter. Non. Nin 1000 e, se me apurades, nin 100. Os amigos de verdade son poucos, pero bos. Acepto que, dependendo dos casos, haxa xente que englobe en amig@s os bos e os "sen máis", pero aínda así non se poden ter centos e centos. Confunden o termo amig@s co de coñecid@s. En fin, que cada un é libre de aceptar ou catalogar de amig@ a quen o desexe. O que non entendo é ese afán por coleccionar e incrementar o número de amig@s. ¿Acaso existe algunha competición cun premio final? ¿Acaso a xente quere aparentar que ten centenares de amig@s so por "fardar"...?. Dame que hai persoas que se identificarán coa segunda pregunta.

- Non son partidario de agregar como amig@s no meu perfil persoal (o de Julio Torres) a persoas que non son unha e físicas, senón que son un colectivo: cafeterías, bares, peluquerías, asociacións, partidos políticos, etc. etc. e moito menos agrego á xente que non coñezo de absolutamente nada. Parece unha tontería o que acabo de dicir, pero recibo propostas de xente que non teño o gusto de coñecer ou coa que nunca falei (verbalmente ou por escrito). Por suposto, non as agrego. Que non vos pareza mal. Non pensedes que o fago con mala intención, é que so acepto persoas individuais coas que teño/tiven bastante relación. Pódovos asegurar que senón cribara así, tería un cento máis de amig@s.

No perfil de A Lareira Máxica, sí acepto ás persoas -amigas ou non- ás que lle gusta o blog e participen ou non en A Lareira Máxica. Unha cousa son eu como persoa e outra o blog (no que todo o mundo ten cabida). É algo así como a túa vida persoal e a túa vida laboral, sen selo exactamente.

- Non entendo a xente que te agrega como amig@ e logo non usa o "face" para comunicarse contigo NUNCA. PERO NUNCA, NUNCA. Nin un simple "Me gusta", a pesar de que ti lle escribas no seu tableiro. ¿Será dos que ten engaden para fardar de número de amig@s?. A este tipo de persoas, antes ou despois, acabo borrándoas. E xa levo unhas cuantas... Como dicía aquela cuña dos "40 principales" dos 80: "¡Mi capitán, sólo quedamos 40!" ó que lle respostaba o capitán "¡Sí pero somos los principales!". Moralexa: é preferible ter poucos amig@s no "face", pero que exerzan como tales. Tel@s por ter é unha tontería.

- Penso que o "face" tamén sirve para saber quen, en realidade, non é o teu amig@, ou polo menos, non é tanto como ti pensabas. Nunha ocasión enviei unha invitación a unha persoa, fiel seguidora de A Lareira Máxica, e foime rexeitada. Pareceume raro porque con esa persoa tiven bastante contacto hai tempo, a pesar da distancia, e nunca tivemos ningún problema. Ningún. Pensei que non lle chegara, polo que lle voltei a enviar a invitación. Outra vez máis do mesmo... Por suposto, como xa dixen, cadaquén é libre de agregar a quen queira, pero neste caso chamoume a atención coñecendo a persoa. Moito, moitísimo. E a relación é boa, a pesar da distancia e do tempo que hai que non falo con ela. Raro, raro, raro...

- Por último, no face non teño a tódolos amig@s, especialmente a vari@s dos mellores. O "face" axuda a retomar o contacto con persoas coas que te levabas ben e lle perdestes a pista hai anos, cando aínda as tecnoloxías estaban principiando a camiñar. Non é necesario para conservar unha amizade, pois cos bos e boas amig@s nunca perdín o contacto. E entre eles, insisto, hai boa parte que non teñen "face", pero cos que podo chegar a falar horas e días, e nin me entero. Un bo sinal. Da gusto ser o voso amigo. E os que sodes bos e boas amigas xa sabedes a quen me refiro. MOITAS GRACIAS POLA VOSA AMIZADE.

A pesar deste testamento, segurísimo que se me quedaron cousas no tinteiro. Seguro!! Vós podedes discutir sobre as miñas impresións e aportar as vosas propias. E lembrade que A Lareira Máxica ten perfil no facebook. Nel sí acepto a tod@s ós/ás que vos gusta o blog, independentemente que me coñezades ou non (por certo, estas últimas son un número considerable). GRACIAS TAMÉN A TÓDOLOS SEGUIDORES DE A LAREIRA MÁXICA NO "face".

9 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Mariam dijo...

Carai!, isto é inspiración e o demais gaitas... Ben, é un pracer ler as túas reflexións, coma sempre. En canto o tema de hoxe, non me gusta facebook. ¿Cales son as causas da miña opción? Pois, non as sei exactamente porque nunca me puxen a reflexionar seriamente sobre esta cuestión. Unha delas, quizais a máis importante, é que non sinto ningunha necesidade de comunicarme con xente a que lle perdín a pista fai moito tempo. Non é o meu estilo. A xente entra e sae das nosas vidas constantemente. Algunhas persoas coas que se ten máis afinidade quédanse para sempre dentro do noso corazón e outras son hospedes temporais. Véxoo así.
Sobre o de acumular "amigos" no facebook non podo opinar. Uns coleccionan selos, outros bolboretas, outros revistas,... Cadaquén é libre de coleccionar o que queira. Non serei eu quen valore os gustos da xente nin as súas motivacións.
Outro motivo polo que non me gusta facebook é porque dun xeito inxenuo e inocente pódeselle proporcionar a terceiras persoas moita información sobre nós mesmos. Non me gusta iso, desgraciadamente non toda a xente ten boas intencións.
¡Saúdos!

Alvariño dijo...

Os amigos vense nas ocasións. Os malos momentos son a verdadeira proba do algodón, como diría o maiordomo aquel da TV, da amizade. É increíble comprobar como algunhas persoas son capaces de dar o mellor de sí mesmas nos momentos difíciles e outras, en canto empeza a apretar un pouco a corda, pórtanse como as auténticas miñocas que en realidade son.

O Moucho dijo...

Certo, Alba. Eu prefiro falar coas persoas en persona. Podria decir que Morro por relacionarme con xente. As redes sociais son para os que teñen amigos e coñecidos. Pero Non hai nada como o trato en persoa. Sentir, falar, intercambiar ideas, noticias, risas, etc. Notar que ti formas parte da sociedade. Non sei si me entendes. Son cousas miñas. Bueno que é mellor Relacionarse de tu a tu que na distancia, e inda por riba con riesgo de que te espien a traves da rede. Hay que decir que a dia de hoxe en facebook, para calquera persoa que controle de informatica, non ten problemas para acceder os teus datos a pesar da privacidade que che da o Facebook. Internet non é seguro. Non o digo eu. Diceno os expertos

Alva dijo...

Bueno, a partires de agora, vou ser Alva, con "v", facendo unha abreviatura do meu vello nick da Lareira. Rebautizada quedo polo maestro de ceremonías, Sr. Moucho. Outra aportación de última hora: ademais dos amigos-miñoca tamén existen os familiares-miñoca. Exemplo desta última variedade: as parientes gorrones. Polo que vedes, son un experto en insectos. Pregunta: ¿son as miñocas insectos? Non sei, o que si sei é que son bichos. Perdoade e que ás veces, vexo bichos, bichos e bichas. Cousas miñas, xa sabedes.

sonia dijo...

Discrepo un pouco de certas opinións, quizáis porque non lle dou o valor que ten facebook.
Fai un tempo anoteime nas redes sociais un pouco por coñecer que era....Sen embargo para hoxe en día non o uso con demasiada frecuencia.
Coa xente que realmente me comunico ou son amigos, uso con máis frecuencia o e-mail, e máis amigos o teléfono ou o cara a cara.

Estou dacordo contigo que a miúdo a noción de amigo segundo algunhas persoas son moi relativas ou discrepo con elas.
Penso que os verdadeiros amigos cóntanse rápido, dentro destes amigos hai diferentes clases de amigos...........E despóis poderíamos falar de compañeiros, tamén de diferentes grao.

Sinto que internet e os medios que se atopan nel son útiles para acercarse a xente....Pero cos amigos de verdade prefiro usar outros mediso, e si uso internet, prefiro o e-mail.

Non me agrada moito o facebook.O uso porque hai xente que me escribe as veces.....

Grazas. As miñas disculpas porque fai moito que non entro na páxina...

Grazas de todos modos, sempre é moi agradable entrar nesta páxina.

O Moucho dijo...

Sempre se agradece que mais xente deixe outros comentarios nesta lareira. Así hay mais puntos de vista. Xa se sabe eso de 3 españoles, cuatro opiniones.

Alva dijo...

Si, a Lareira non anda sobrada de comentarios. A este paso, Julio vai ter que facer sorteos, como fas as gurús do maquillaxe nos seus blogs. Bueno, sorteando algo típico de Sanxenxo: unha botelliña con area da Lanzada, unha caracola, unha mariscada,...

O Moucho dijo...

Non é mala idea esa do sorteo. Pero non debera ser un detalliño simbolico que non sexa importante. O da mariscada pareceme unha boa idea. Así que Julio ponte as pilas. Jojo. Por certo Alba, non era preciso cambiar o nome. Alvariño está ben, pero como non escolle o que che faga sentir mais comoda. Un saudo Alba.

Alva dijo...

¡Hola Moucho!
Explícoche, agora que xa sabedes que son muller, síntome rara firmando "Alvariño". Non sei, xa non lle vexo a gracia. O Albariño, esta vez con "b" de botella, pode ser suxerencia de agasallo para o sorteo ¡jaja! Veremos si cuaja a idea. Nestes tempos de crise, todo o que veña gratis...