viernes, 28 de enero de 2011

** Juego de niños e os seus gallifantes


SANXENXO. Julio Torres


Os anos pasan para tod@s. Hoxe traio ó blog un fragmento do programa de finais dos 80 e principios dos anos 90 "Juego de Niños" que, entre outros, tivo como presentadores a Ignacio Salas ou, na súa última etapa, a un xoven Javier Sardá. O xornalista catalán triunfaría pouco despois en "La Ventana" da Cadena SER (no que tiña o seu alter ego en forma do Sr. Casamajor) antes de cambiar a radio pola tv. e embarcarse no programa "Crónicas Marcianas" de Telecinco entres os anos 1997 e 2005.

Juego de Niños foi un programa pioneiro, que logo sería imitado por outras cadeas. Na Galega emitiuse ata hai poucos anos "O país dos ananos" (logo rebautizado como "O país dos pequenos" por mor dun conflicto coas persoas de talla pequena que protestaron polo termo anano ó entender que era despectivo). "En Juego de Niños" os premios contábanse en gallifantes, un premio simbolizado por uns animais abstractos de gran valor. Un nome tan estrano como inolvidable...



1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Alva dijo...

Carai, quén diría daquela que Javier Sardá xa levaba un marciano dentro, tan modosiño que era, tan repeinado, tan bo rapaz,...
Sempre quixen ter un gallifante, non o nego.