xoves, 30 de decembro de 2010

** Unha feliz navidad algo máis triste


SANXENXO. Julio Torres

Tódolos anos nos deixan para sempre físicamente moitas persoas famosas. Este ano foron tamén bastantes. Entre eles as pérdidas, a do entrañable actor Tutto Vázquez (do que xa falei no seu momento), do presentador e humorista Jordi Estadella (do que tamén falei), o escritor Miguel Delibes (todo un referente na literatura española), o nobel portugués José Saramago, o xornalista deportivo Juan Manuel Gozalo, Juan Antonio Samaranch, Antonio Ozores, José Antonio Labordeta, Laurent Fignon, Juan Carlos Arteche, Manuel Aleixandre, Luis García Berlanga ou Marcelino Camacho.

Estes días producíronse as dúas últimas baixas polo momento. Primeiro a do xornalista galego afincado en Madrid, Luis Mariñas (tiña 63 anos). Foi un rostro moi coñecido dos telediarios de TVE (ata 1989) e Telecinco (foi o seu primeiro presentador de informativos cando naceu en España a cadea de capital italiano).
Hoxe tocoulle ó mítico cantante do grupo Boney-M Bobby Farrel (61 anos), que nunca pasou desapercibido nen pola súa forma de bailar, nin por ir case sempre "semi-espido" de cintura para riba ou pola súa peculiar voz ronca. Hoxe a Navidad será algo menos feliz, contradicindo a canción do propio grupo Boney M, a de "Feliz Navidad" que tódolos anos se escoita no Nadal e que se convirtiu nun clásico.

Tanto estas dúas persoas, como tódalas persoas que nos deixaron durante 2010: Descansen en paz.

5 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

migramundo dixo...

O pasado xa non ten remedio.
Bo 2011.
Apertas

Im-Pulso dixo...

Vos desexo o mellor no 2011.
Unha aperta.

Mariam dixo...

O tempo pasa e a vida tamén. Hoxe mesmo, reflexionei sobre ese tema. Hoxe tocoume revisión no Hospital Clínico, en Oftalmoloxía de Urxencias, que está moi preto dos cubículos, creo que se chaman así, dos pacientes. Había unha muller, pola voz diría que xa maior, que se queixaba e pedía ir para o seu dormitorio. Reparei na palabra "dormitorio". Nin cama, nin cuarto, nin habitación, a muller quería ir para o seu dormitorio. Estaba moi incómoda e tamén quería quitar non sei que cousa que lle puxera unha enfermeira. Un home estaba con ela e intentaba consolala sen demasiado éxito. Alí sentada arrepentinme de non ter estudado psicoloxía. Ten que ser ben bonito ter recursos para consolar e animar á xente. Hoxe pola maña houbo bastantes urxencias de oftalmoloxía e esperei case dúas horas, tiven moito tempo para tempo a pensar. Pensei na forma en que a humanidade foi organizando o tempo, un ano:365 días. ¡Qué pronto pasan! ¡Qué pronto pasa unha vida!
O sentimento que me invade nas últimas horas deste ano é unha especie de serenidade nostálxica. Da área de Urxencias saín un pouco triste. Afortunadamente, eu evoluciono ben da miña epiescleritis, anque inda teño tratamento para 20 días.
Despois, sobre a 1:30 fun comprar unha empanada para xantar. O aparcamento do Gadis estaba case completo e custoume atopar un praza libre. Dentro, xa vos podedes imaxinar: ¡qué gozo, qué alboroto, ¡otro perro piloto! E como pasar dun planeta a outro en 10 minutos escasos. A vida está chea de contrastes.

O Moucho dixo...

Totalmente dacordo contigo. Esto ten categoría de artigo para a Lareira. Son Historias pequenas que nos rodean día a día. A vida pasa. A xente vai e ven, uns nacen é outros desaparecen, (e lei da natureza) Claro está, cando alguen se vai en época do nadal, sempre resulta mais triste que no resto do ano. Que a saude e a felicidade vos persigan neste ano e nos anos proximos, e que sempre vos den alcance. Unha aperta a todos.

Alvariño dixo...

Sempre me pareceu que o cantante de Boney-M estaba un pouco pirado. Caíame ben.