jueves, 23 de diciembre de 2010

** Feliz Consumo...


SANXENXO. Julio Torres


Encántame a época do consumo de decembro. Nada é máis importante... Imposible conciliar o sono en todo o ano. Disfruto unha barbaridade vendo consumir compulsivamente á xente, pois hai que ser feliz consumindo. Diso se trata ¿non?. ´

É unha alegría indescriptible que neste periodo os publicistas e medios de comunicación nos fagan chegar, totalmente desinteresadamente, o bo que é a publicidade e mercar por mercar. Iso é o que hai que facer. Sería unha falta de respeto que non compraramos aquela cousa que logo nos fará falta para usar de pisapapeis, abrumdada do tanto e tanto que a empregamos...

Emocióname ver cómo a xente durante quince días continúa sendo -como no resto do ano, claro- amable, solidaria, e tantas cousas boísimas e que non predica con todo isto so nestas dúas semanas, vamos que non é hipócrita. Faltaría máis...

A mágoa é que ó mes de decembro non se lle cambie o nome polo de Consumo. Claro que sería unha pena que tiveramos que aprender de novo a dicir os penses: (...),octubre, noviembre y consumo (ou consume). Custaría aprender o novo nome. Polo menos ata que unha gran superficie ou empresa se encargase de patrocinarnos unhas clases de aprendizaxe dos renovado último mes do ano. O máis importante para o consumo, que diso se trata...

E digo eu: ¿e o mes de nadal non era ante todo outra cousa? Dicían os vellos que antes, no mes chamado de decembro ou nadal se celebraba o nacemento dun neno nun portal, ó carón de animais e pallas. Hoxe por haber case que non hai nin portal. Os avances e os intereses comerciais adormecen ó verdadeiro ambiente navideño, un ambiente real, verdadeiro, continuista e cheo de valores...

Por certo, que non o dixen: FELIZ NADAL E FELIZ 2011. Sí, soa unha mensaxe moi corriente e manida, pero deséxovos, de corazón, que o 2011 vos inunde a vosa vida de alegría e felicidade, moita felicidade. Por moitos cartos que se teñan e por moito que consumades a alegría non se instalará máis alá duns días. A felicidade verdadeira non ten precio, como tampouco o ten a vosa amizade e a vosa fidelidade ó blog, incluso logo dun mes sen poder actualizalo. MOITAS GRACIAS!!!

14 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Meiguiña dijo...

Coma tantas veces ocorre hoxe tamen comparto o que pensas e escribes amigo Julio e sumome o teu desexo de Feliz Nadal e Feliz 2011.

Mil bicos meigos e que sexas moi feliz

Mariam dijo...

Moi bo artigo. Penso o mesmo do Nadal. Ten unha cara consumista que apesta pero, ó mesmo tempo, sigue sendo un tempo de reencontro e de felicidade exaltada. En dúas palabras: de ilusión e de esperanza. ¡Bo Nadal!

migramundo dijo...

Canta razón tes! Decembro debería chamarse "Deconsumo".
Bo Nadal.

Alvariño dijo...

Moi interesante a idea de renombrar os meses do ano. A ver, si decembro pasa a ser "Consumoporquetoca", entón xaneiro ¿cómo se vai chamar? Porque en xaneiro coas rebaixas... En fin, que non se compra nadiña, refírome a esas cousas tan, tan, necesarias que un ano despois inda están sen estrenar.
¡Saúdos e feliz ano!

O Moucho dijo...

Eu estas datas non me agradan, pero son por outros motivos, que nada teñen que ver co consumo ou a religión. Pero sempre temos que ver o vaso medio cheo, como nos dí Mariam. Temos que quedarnos co positivo que representan estas festas. Bo nadal a todos.

O Moucho dijo...

Con todo el cariño, os mando la receta de la Navidad: juntemos varias medidas de ilusión, una pizca de amistad y un gesto de ternura. Horneemos la mezcla con un ánimo paciente. Envolvámosla con risas, luces y canciones. Y finalmente, ofrezcámosla con el corazón. ¡¡FELIZ NAVIDAD!!

michola dijo...

Todo esto non me preocuparía, (alá cada quen coas súas formas de gastar o seu tempo de lecer), se non fose polo dano que lle causamos ao planeta. Todos somos responsables de que os recursos limitados da terra se estean a esgotar, privando ás xeracións futuras de gozar de ditos recursos, paisaxes, aire, auga, solo e alimentos non contaminados. Non só polos produtos que adquirimos en sí. Se non pola enerxía, auga, etc, que se gasta na súa fabricación e transporte. Eso por non falar das condicións infrahumanas dos traballadores de Asia, África ou sur América que fabrican case todo o que consumimos a diario neste mundo globalizado.
Está moi ben lembrarse do inconscientes consumidores que somos, pero penso que tamén o debemos facer o resto do ano. E iso é o que desexo a todo o mundo para o 2011: lembrarse a diario deste asunto e ser solidarios todo o ano cos humanos que nacerán no futuro e co resto das especies do planeta.

María dijo...

Eu sempre digo que a felicidade a compoñen as pequenas cousas, os pequenos detalles. O diñeiro ... axuda, claro que axuda, e senón que llo digan a todos os que agora estan sufrindo nas súas carnes os efectos da crise, pero se hai amor, e saude, e temos xente que nos queira cerca, as penas son menos. Así que, rapac@es: tentade ser felices este ano, aínda que non teñamos tantos cartos e non poidamos consumir tanto como as grandes superficies nos inculcan a facer.
Bo Nadal para tod@s e feliz 2011.

Alvariño dijo...

¡Ben dito, Michola! Soamentes un apunte: ademais de ser solidarios cos humanos que nacerán no futuro tamén hai que lembrar ser solidarios cos humanos, e demais especies, que nos rodean na actualidade.
En canto o que dis da explotación dos traballadores tes toda a razón, é unha verdadeira mágoa.
Eu, esta tarde, estiven preparando os regalos do día de Reis. Este ano ocurreuseme unha idea pouco contaminante. É máis, creo que é unha idea que está máis na liña do reciclaxe. Bueno, non podo dicir nada máis, é que non quero desvelar o contido dos agasallos.

Alvariño dijo...

María, ¿para eso do amor e a saúde pódese botar unha instancia nalgún sitio? Eu, dende logo, apuntaríame xa e eso que detesto os trámites burocráticos. É que simpre piden moitos papeles.
Saúdos e os meus mellores desexos para toda a xente que se achega a esta Lareira.

Alvariño dijo...

Julio, á "Oda ó number one" xa lle está chegando o día. Carai, convirteuse nun clásico que apetece releer.

Alvariño dijo...

Moucho, os ingredientes da tua receita parécenme estupendos: ilusión, amistade e ternura. Sen embargo na amistade vou sustituir a pizca por un bo puñado. Ala, para dentro da pota e a ferver. ¿Oiches? Da amistade pódese abusar, non lle pon mal. Saúdos, amigo Moucho, e oxalá nos sigamos atopando por aquí.

Alvariño dijo...

A receita fifty-fifty: esperanza e ilusión de Mariam tamén me gusta. Son un larpeiro, ¡qué lle vou facer!

O Moucho dijo...

Encantoume o que dixeches Maria. Gracia polas tuas palabras. Alba(Alvariño) A receita está transcrita case palabra por palabra dun escrito que leín noutro lado, e gustoume moito e dixen: Esto ten que sair na Lareira. En canto a amistade, que decir que xa non dixera outras veces. Jeje. Non todo o mundo pode ter moitas amistades. Ogalla. Pola miña banda o mais parecido a Amistades sodes vos os que colaborades na Lareira, xa sexa mediante artigos ou comentarios. Durante este ultimos meses xa botei contas da miña "ABUNDANTE VIDA SOCIAL". A parte de falar coa miña familia, só falo con vos. jeje. Non é inocentada. Xa parezco ó rapaz ese que viveu no monte durante 12 anos sen contacto humano de ningunha clase e que recientemente fixeron unha pelicula basada na súa vida, durante eses anos. Refirome a "Entre Lobos". Ainda que teño que decir que foi inflada a súa historia con licencias argumentais, para facer mais comercial o film, non respetando o moito de realidade que tiña a historia. De calquer xeito, gustoume a peli. Bueno, xa me fun polas ramas. Vexamos o vaso medio cheo, e non medio valeiro durante esta datas, e pensemos menos no material. Un Bo nadal a todos. E que tamen nos sigamos vendo por esta lareira.