viernes, 12 de noviembre de 2010

** Que rabia da cando....!!!

PONTEVEDRA. Cristina C.


Colaboradora

Cando a xente que sacude alfombras, manteis, etc, polos balcóns. Eu estouno sufrindo, xa pedín as veciñas de arriba (unha nai e dúas fillas de 20 anos) que por favor non tiraran nada polos balcóns porque caía toda a porquería no meu e moitas veces tiña a roupa a colgar nun tendedero (posto que no outro balcón grande, aínda tendo corda para colgala, non lle da o sol e non me da secado) e, ás veces, tiña que volver a lavala.

Cando onte vin a merda que tiña o meu balcón enloquecín. Tiraron: polvo, mingas de pan, envoltorio de plástico, area, pedriñas, pelos do seu can, pelos humanos (que non sei de que zoa eran porque eran cortiños), ... Así que, ás 20.30h. chamei e pedinlles que non o fixeran e me di a nai:

- "Y, ¿por dónde quieres que tire las cosas?". Eu flipei, xúroo. Eu contesteille que eu non sacudía nada para non molestar aos veciños de abaixo e ela dime:

- "Es que el balcón pequeño no es sitio para colgar ropa, y yo no tiro por el otro, el grande, porque se que hai quien cuelga ropa por allí". (Ou sexa que ela parécelle normal tirar polo balcón porque non quere manchar o seu piso de porquería que logo teño que limpiar eu e parécelle ilóxico que colgue a roupa nun tendedero).

Eu sorprendinme aínda máis porque a veciña de abaixo ten tamén tendedero no balcón pequeno, e tamén a do baixo, ou sexa, que non son eu soa. Ao final saiume que por lei nacional ou normativa do Concello está prohibido sacudir e tirar nada polos balcóns e ela dinme que hai unhas horas na que si se pode. Eu non sei que pensar. ¿Vós que opinades?. O único que teño claro é que as veciñas de arriba son unhas porcas porque son as únicas que sacuden polo balcón.

5 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Mariam dijo...

Son porcas, moi porcas. Tamén maleducadas, terriblemente maleducadas. Vamos, lío asegurado. Esas trogloditas seguro que non entenden polas boas e entón a ti non che vai quedar máis remedio que tomar outro tipo de medidas máis drásticas. Enténdase: denunciar.
Daquela, e dado o seu nivel de civismo, ningún, sospeito que se van a alporizar e non quero imaxinar o que é convivir cunhas trogloditas alporizadas no piso de arriba.
Tiveches mala sorte, Cristina.
Unha solución que se me ocorre, é comunicarlle esta situación ó presidente da comunidade e tratar de buscar apoios entre os veciños. Así, involucrando á comunidade polo menos xa non é un lío entre dúas partes: tí e as porcas. Daquela, no mellor dos casos, poderían darse por aludidas e deixar de facelo. Por outra parte, se non tes éxito e decides emprender a vía xudicial, vas necesitar probas e o presidente da comunidade pódeche servir de testemuña da situación que estás a padecer.
Contra ese tipo de abusos: ¡TOLERANCIA CERO!
Non sufras en silencio, busca apoios e reivindica o cumprimento da lei.

O Moucho dijo...

A verdade é que tes unhas veciñas de corte irracional. Supoño que deberas insistir ata que se cansen e aprendan. Xa sabes eso de que o que non chora non mama. Non é un gran consello pero podese intentar. E sobre todo apoiate nos veciños. Ó mellor o teu veciño do piso de abaixo, tamen ten o mesmo problema ca ti, e entre os dous podedes facer fronte.

Julio Torres dijo...

É que hai xente moi porca. Bueno, porca non, TREMENDAMENTE PORCA!!!.

Saúdos máxicos, Cris e gracias por enviarnos o teu primeiro artigo!!! Ougallá que sexa o primeiro de moitos.

Alvariño dijo...

¡Hay cada veciña! Para botar a correr, ¡que asco de xente! Pasou o San Martiño, ¿seguirán vivas as veciñas porquechas?

Julio Torres dijo...

Gracias Cristina polo teu artigo e a O Moucho, Mariam e Alvariño polos vosos comentarios. E ougallá que esta xente porca cambien. Aínda que o vexo moi complicado por desgracia. Ougallá me equivoque. Paciencia Cris!!!

Saúdos Máxicos. Carpe Diem