domingo, 21 de noviembre de 2010

** Noviembre


TEO. Mariam
Colaboradora de A Lareira Máxica

Hoxe é o día 20 de novembro. Estou desexando que remate este mes. É que non hai por onde collelo. Estamos igual, o mes de novembro mais eu. Tal para cual. Agora mesmo achegueime á ventá, para subir un chisco a persiana, e vin que fora hai unha luz bonita. Como choveu tanto estes días, a herba dos prados colleu un color verde intensísimo. O ceo está cuberto pero deixa pasar uns fermosos raiolos de sol, os derradeiros desta tarde.

Se tivera comprado unha cámara decente, inda vos podería facer unhas fotos bonitas. Inda na comprei, non me dou decidido. Non é un tema prioritario. Ademais, ultimamente fago unhas compras... A miña última gran adquisición: unhas pranchas para o pelo Remington. Useinas unha vez. Non sei que pensei, debín pensar que eran pranchas robotizadas e que ían traballar solas. Dáme tanta pereza o tema de alisar o pelo que teño pensado cortar a melena. Moito máis práctico. ¿Alguén de vos necesita unhas pranchas novas? Supoño que terei que vendelas.

Este mes fíxoseme especialmente triste. A verdade, pouco se pode esperar deste tempo. Todo é tan relativo, afortunadamente, que é sinxelo darlle a volta as cousas. Cóntovos, pasoume algo malo pero que podía ser infinitamente peor. E dicir, tiven sorte. O caso é que o tema non está cerrado e pódese poñer peor en calquera momento. As probabilidades estatísticas son poucas, así que sigo tendo sorte. E en canto ó tempo, pois si, asqueroso. Galicia: chuvia e humidade, días curtos, escuridade, frío. Na miña aldea din que a xente morre pola caída da folla. Non me estraña. Máis, por outra parte, está semana, non recordo que día, dixo Karlos Arguiñano, que cando a castaña se abre é un tempo ideal para facer o amor. Cousas de Karlos, uns a morrer e outros a..., a rima pódela completar vos, é sinxela. Pareceume curioso, non reparara nunca no poder erotizante do outono. Creo que Arguiñano non vai descamiñado, estas tardes de outono tamén teñen o seu aquel.

En fin, déixovos un vídeo: outono, amor, castañas,... A peli non é das de happy end, non. Vela e dáste conta da inmensa sorte que significa ter tempo, ter saúde, ter alguén que te queira en Nova York ou en Singapur, iso da igual. ¡Saúdos e estupendísimo outono!


7 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Julio Torres dijo...

Moitos ánimos, querida amiga!!!. A min, como xa sabes, Noviembre é o mes que menos me gusta do ano. E ser por riba hai o tempo que hai pois en fin...

Menos mal que sempre se poden conversar horas e horas con grandes persoas en calquera época do ano. POR SORTE!!!!

Saúdos máxicos from Sanxenxo

Mariam dijo...

Pois si, menos mal que alguén inventou o teléfono. Témoslle que estar eternamente agradecidos.

O Moucho dijo...

Eu pola miña parte non me disgustan os días de outono e inverno. O contrario, ata me gustan. Incluso a chuvia me resulta fermosa. O aire que se respira é mais limpo cos días de sol. Non sei, sintome comodo. O que realmente me mata do outono é o inverno, é a soidade. Cando traballo, por desgracia solo na tempada de veran, atopome rodeado de xente de todo tipo. Con alguns falas, ries,... Como traballo as 24 horas, a xente me pregunta:¿Cando colles vacacións, cando descansas? E digolle: Para min as mellores vacacións son estas, si, xa, estou traballando, pero non estou so. En cambio cando remato o traballo, practicamente me atopo, eu, a miña familia, e podese decir que para de contar. Parezo un ermitaño. Bueno, despidome, desexandote que os teus problemas se remedien da mellor forma posible, e intenta mirar estos días dun xeito diferente. que non te invada a melancolía e a soidade, por causa da choiva. E si tes con quen falar, e compartir experiencias, por moi pequenas que sean, enton viveas intensamente. Carpe diem Mariam.

Mariam dijo...

¡Moitas gracias polas tuas palabras Moucho!

Alvariño dijo...

¡Maloserá Mariam! Todos somos moi vulnerables, a saúde é un dos nosos maiores tesouros e só nos damos conta cando enfermamos.

Julio Torres dijo...

Gracias Mariam polo teu artigo e a Alvariño e O Moucho polos vosos comentarios. Son sempre benvidos!!!
Por certo, noviembre agoniza!!!!

Saúdos máxicos. Carpe Diem

Mariam dijo...

Pois que agonice rapídiño, nada de poñerse con lerias de última hora que xa temos o cura avisado para facerlle o entierro o vindeiro martes.