domingo, 17 de octubre de 2010

** Cúmprense 25 anos do 1º sorteo da Lotería Primitiva


SANXENXO. Julio Torres


O primeiro sorteo da Lotería Primitiva en España celebrouse un 17 de octubro de 1985. Cumpre hoxe, por tanto, o seu 25º Aniversario. Daquela a súa introducción supuxo unha revolución no noso país (noutros xa existían co nome de Lotto), acostumado a que a quiniela de fútbol fose a raíña indiscutible das apostas semanais, moi por diante do sorteo da ONCE e o da QH dominical -aposta de carreiras de cabalos-. Da man da lotería primitiva tamén chegou a Bonoloto. En ambas había que acertar 6 números entre 49 posibles, existindo varias categorías de premios, sempre a partir de 3 acertos. Hoxe as dúas apostas siguen existindo, se ben o número de sorteos e días de celebración aumentaron. 25 anos nada máis e nada menos...

Nalgunha ocasión -hai anos- sí xoguei, pero nunca me gustaron os xogos de azar máis alá do tradicional Sorteo de Lotería de Navidad. Incluso, o da quiniela de fútbol (e iso que me gusta moito o fútbol) pois é un aposta na que para forrarte tés que ir contra da lóxica. Con todo, o azar nunca foi conmigo. Son dos que confía máis no traballo (co seu correspondente esforzo persoal), que nos xogos de azar para acadar cartos para vivir. Sí, xa sei que as dúas cousas non son excluíntes...O que non me parece acertado é a xente que deposita demasiadas esperanzas e cartos na lotería e no azar. Unha cousa é probar sorte e outra, ben distinta, é pasarse...

4 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Meiguiña dijo...

Deus, que maior vou! Xa pasaron tantos anos? Se parece que foi onte.

Lendo cousas coma estas daste de conta de que o tempo vai pasando e pasando e nos vamos facendo maiores.

Bicos meigos

Alvariño dijo...

Queridísimo Julio, non comparto a túa opinión. Creo que confundes os termos "sorte" e "esforzo". As primeiras acepcións da palabra "suerte" que recolle o diccionario da RAE son as seguintes:

1. f. Encadenamiento de los sucesos, considerado como fortuito o casual.

2. f. Circunstancia de ser, por mera casualidad, favorable o adverso a alguien o algo lo que ocurre o sucede.
Non vexo o concepto "esforzo" por ningunha parte. A suerte, boa ou mala, creo que é máis froito da casualidade.

Por outra parte, o esforzo persoal adoita a dar bos frutos. Pero eso non é sorte, é esforzo e posterior recompensa. Mirando, outra vez, o diccionario da RAE atopamos o seguiente:

esfuerzo.

(De esforzar).


1. m. Empleo enérgico de la fuerza física contra algún impulso o resistencia.

2. m. Empleo enérgico del vigor o actividad del ánimo para conseguir algo venciendo dificultades.

3. m. Ánimo, vigor, brío, valor.

4. m. Empleo de elementos costosos en la consecución de algún fin.

A ver, para acertar unha quiniela, ou o bonoloto, non fai falta esforzo ningún, é un acontecemento fortuito, froito da casualidade, da suerte, sin máis.

Toupeiro dijo...

Llevo 25 años jugandola y todavía no me ha tocado nada.

Julio Torres dijo...

A min tampouco Toupeiro!!!

Saúdos máxicos ós tres e gracias polos vosos comentarios.