martes, 21 de septiembre de 2010

** Que rabia da cando......


SANXENXO. Julio Torres

Alguén nos espeta, coma quen non quera a cousa, e sen petición previa de opinión pola nosa parte, a famosa frase tan inequivocamente expresiva: "Eu non che vou dicir nada pero..."(e aquí expresa a súa opinión sobre algo do que non ía dicir nada) ou o que ó mesmo "Yo no voy a decirte nada pero...". ¿Pero qué entonces?

O outro día escoiteilla dicir a alguén na televisión, pero na vida diaria estamos fartos de oíla. Medo me da cando alguén pronuncia estas ou parecidas palabras. Fai o contrario do que acaba de afirmar. Contradicción, incoherencia, actitude paradóxica, feita con maquiavélicas intencións, disfrazando a manipulación dunha aparente cortesía diplomática que se esvaece en milisegundos. Os españoles e, sobre todo, os galegos, sómosche así. E como @s que tiran a pedra e logo esconden a man. Sí, pero non. Non, pero sí. Depende. Non che vou dicir o que deberías facer, pero voucho dicir aínda que ti non mo preguntes, alá, e con aparente educación... ¿E a ti quen che preguntou? penso. Unha manipulación encuberta en toda regra ¿ou non?...E que hai xente que non da puntada sen fío...

3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Toupeiro dijo...

Muy certo

Alvariño dijo...

Sóame o que contas. A min, máis que "manipulación" paréceme "intromisión". Molesta tanto unha cousa coma outra, claro que si, pero non creo que sempre que nos regalan, (é un xeito de dicilo), consellos ou opinións que nós non pedimos sexa con mala idea.
Confeso que noutra época levaba peor este tema. Agora non, fíxenme maior e aprendín a respostar cando teño que facelo. Antes, por educación, prefería calar e sufrir en silencio, coma a do anuncio do Hemoal.

Julio Torres dijo...

Ben pensado, sería máis ben intromisión (non implica manipulación), efectivamente Alvariño.

Un saúdo ós dous.