miércoles, 22 de septiembre de 2010

** Benvida musical do outono da man de Antonio Vivaldi

Dentro de apenas 6 horas, ás 5 da mañán, comeza o outono según puiden ler no blog do ex-metereólogo de TVE José Antonio Maldonado. Non sabía que tiña un blog en internet. Está claro que na xubilación hai que seguir activos e se che gustaba o teu traballo pois entón é unha boa idea. Con todo, debo lembrar que era o que casi sempre se equivocaba co tempo en Galicia, sobre todo en Semana Santa, co conseguinte e xustificado enfado dos hostaleiros galegos. Esperemos que no blog acerte máis...

Déixovos un vídeo que me enviou Mariam e que recolle o inicio do outono a ritmo das Catro Estacións de Vivaldi, concretamente, como non podía ser doutra maneira a do Outono. Encántame Vivaldi e as súas "Cuatro Estaciones" (en especial a da primavera). Agardemos que non haxa moito frío e humidade na estación das follas caídas.
Julio Torres

5 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

María dijo...

Gústame moito o novo rumbo que está tomando a Lareira.
Felicidades Julio

Julio Torres dijo...

Gracias María. A min tamén me encanta que non te olvidaras de nós. Anímate e mándanos algo teu que se che bota en falta!!

Saúdos Máxicos

Alvariño dijo...

A min tamén me gusta como empezou esta nova temporada da Lareira Máxica. Da gusto pasarse por aquí.

sonia dijo...

En toda época do ano hai paisaxes con encanto, que transmiten. Temos tanto ao noso carón. É impresionantemente bela a natureza.

Julio Torres dijo...

Gracias María. Gracias Alvariño.
Sonia: levas moita razón.