jueves, 30 de septiembre de 2010

** Novas canles de TDT: guía de novidades



SANXENXO. Julio Torres



Nos últimos días están xurdindo novas canles na TDT. Dous deles en Alta Definición: Telecinco HD e Antena 3 HD, que se unen a canlde de TVE en HD. Agora so falta que bote a andar La Sexta HD. Descoñécese cando se poderá ver a TVG en HD.

Doutra parte, neste mes de setembro, o día 16 empezou a emitir MTV (particularmente non me gusta moito, pois apenas bota música e sí moitos realities e series para adolescentes) e o día 20 a segunda canle de Intereconomía, La 10, con programación propia, na mesma línea editorial que a súa irmá maior. A finais de agosto tamén veu a luz Marca TV, adicada ós deportes, e que en principio promete ser unha boa televisión temática a pesar de que haxa algún(ha presentador/a ou colaboradores/as que deixen bastante que desexar (teño a sensación que se prima en demasía o aspecto físico e non tanto os coñecementos en materia deportiva). Ougallá funcione ben.

¿Que novidades se aveciñan?
Mañán empezará as súas emisións La Sexta 2 no que, basicamente, se poderán ver programas e informativos de La Sexta a distinta hora (parécese en certo modo a Telecinco 2, pero ten algún aire da desaparecida Hogar 10). De momento tamén terán cabida series e películas de ficción ata que en novembro empece a emitir La Sexta 3, que se adicará enteiramente á ficción e no que poderemos ver repetidas series e películas de La Sexta a distinta hora). É dicir, que, a partir de novembro, La Sexta 2 repetirá programas de información e entretemento e La Sexta 3 os de ficción.

Aínda quedan máis alumbramentos de televisións: desde o día 1 de novembro "La Sexta HD" (o canal en alta definición de La Sexta), e a finais do mesmo mes "13 TV" (outra canle propiedade do grupo Unidad Editorial -Veo 7 e AXN-, que lle será alugada por un periodo de 15 anos á Conferencia Episcopal (propietaria de Popular TV).

Con todo, sigo pensando que a min sóbranme moitísimas televisións pois que haxa máis non vai da man con que a oferta sexa interesante, máis ben o contrario. Ougallá as cadeas se deixen dunha vez de realities e trapalladas varias e empecen a emitir cousas mínimamente decentes. Precísase CALIDADE, non CANTIDADE.

viernes, 24 de septiembre de 2010

** Ana Kiro, a gran artista galega, díxonos adeus


SANXENXO. Julio Torres

Foto feita polo xornal El Correo Gallego

Hai so unhas horas morreu unha grande cantante galega: Ana Kiro (nome artístico de María Dolores Casanova González), víctima dun cáncer que padecía desde hai varios anos. Esta arzuana de nacemento -afincada en Mera- tamén foi presentadora (na TVG), actriz e destacou por ser unha excelente persoa. Non tiven o gusto de coñecela pero sempre me pareceu cercana, humilde e moi agradecida cando a vías por televisión. A súa voz endulzounos a moitísimos galegos o corazón. A súa música moi vitalista, alegre, atrevida e desenfadada servía para esquecerse das penas por moi duro que fora o traballo. Non hai festa en Galicia na que non se escoitara nunca unha das súas cancións. Foron innumerables veces as que soaron os seus temas.

Ana Kiro sempre se sentiu moi orgullosa de ser galega, e así o facía ver tanto na nos seus temas como nas súas entrevistas. Hoxe "Na saia da Carolina" (a famosa canción do lagarto), "Vivir na Coruña que bonito é" e moitas outras cancións súas quedáronse orfas de nai. Iso sí, o seu legado musical permanecerá, ó igual que as boas vibracións que transmitía cando a escoitabas falar. Unha gran muller. DESCANSE EN PAZ.

** ¿Cómo averiguar de qué compañía es un móvil?


SANXENXO. Julio Torres

Tod@s en alguna ocasión tuvimos la misma duda: ¿a qué compañía pertenece el móvil al que tengo que llamar. En muchas ocasiones importa dependiendo de las tarifas que tienes contratadas con tu compañía de telefonía móvil. Para conocer la respuestas podemos consultar en la página de la Comisión del Mercado de las Telecomunicaciones(CMT) nuestras dudas que serán disipadas en pocos segundos. Un servidor lo ha probado y funciona. Una página muy útil que, desde hoy, estará en los enlaces de interés de A Lareira Máxica en el apartado de telefonía móvil ("averiguar nº").

Por otro lado, en la página de la CMT podéis consultar interesante documentación sobre normativas, resoluciones e informes, publicaciones periódicas, cómo proceder en las reclamaciones y mucha otra información útil para l@s ciudadanos.

miércoles, 22 de septiembre de 2010

** Benvida musical do outono da man de Antonio Vivaldi

Dentro de apenas 6 horas, ás 5 da mañán, comeza o outono según puiden ler no blog do ex-metereólogo de TVE José Antonio Maldonado. Non sabía que tiña un blog en internet. Está claro que na xubilación hai que seguir activos e se che gustaba o teu traballo pois entón é unha boa idea. Con todo, debo lembrar que era o que casi sempre se equivocaba co tempo en Galicia, sobre todo en Semana Santa, co conseguinte e xustificado enfado dos hostaleiros galegos. Esperemos que no blog acerte máis...

Déixovos un vídeo que me enviou Mariam e que recolle o inicio do outono a ritmo das Catro Estacións de Vivaldi, concretamente, como non podía ser doutra maneira a do Outono. Encántame Vivaldi e as súas "Cuatro Estaciones" (en especial a da primavera). Agardemos que non haxa moito frío e humidade na estación das follas caídas.
Julio Torres

martes, 21 de septiembre de 2010

** Que rabia da cando......


SANXENXO. Julio Torres

Alguén nos espeta, coma quen non quera a cousa, e sen petición previa de opinión pola nosa parte, a famosa frase tan inequivocamente expresiva: "Eu non che vou dicir nada pero..."(e aquí expresa a súa opinión sobre algo do que non ía dicir nada) ou o que ó mesmo "Yo no voy a decirte nada pero...". ¿Pero qué entonces?

O outro día escoiteilla dicir a alguén na televisión, pero na vida diaria estamos fartos de oíla. Medo me da cando alguén pronuncia estas ou parecidas palabras. Fai o contrario do que acaba de afirmar. Contradicción, incoherencia, actitude paradóxica, feita con maquiavélicas intencións, disfrazando a manipulación dunha aparente cortesía diplomática que se esvaece en milisegundos. Os españoles e, sobre todo, os galegos, sómosche así. E como @s que tiran a pedra e logo esconden a man. Sí, pero non. Non, pero sí. Depende. Non che vou dicir o que deberías facer, pero voucho dicir aínda que ti non mo preguntes, alá, e con aparente educación... ¿E a ti quen che preguntou? penso. Unha manipulación encuberta en toda regra ¿ou non?...E que hai xente que non da puntada sen fío...

lunes, 20 de septiembre de 2010

** Os últimos días, as derradeiras horas


SANXENXO. Julio Torres

É unha verdade case confirmada aquilo de que "no quedan días de verano, el viento se los llevó..." que nos canta Amaral, letras que serven para ilustrar os agónicos latexos da estación que agora esmorece. So lle restan días para que, como acontece tódolos anos por estas datas, o outono volte a realizarlle un xaque mate na partida de xadrez que mantén co verán. Sempre igual, sempre perde. O verán consume as súas últimas horas de vida ó mesmo tempo que a lúa se declara en cuarto creciente, antes de mudar a súa faciana, estar chea e apadriñar o nacemento da nova estación.

É curioso comprobar como sempre se fala da canción do verán (para min este ano triunfou o "Waka Waka" de Shakira que, ademais, lle trouxo sorte á España que conqueriu o seu primeiro mundial de fútbol), pero nunca se fala dos temas musicais que lembran o final do verán.

Durante moitos anos, sempre pensei que a canción que lle viña ó pelo era aquela do Dúo Dinámico "El final del verano", que ilustrou o final dunha histórica serie televisiva que foi Verano Azul, e da que xa falei no 2006 en A Lareira Máxica. Quen non se lembra a Pancho correndo detrás do taxi que alonxaba a Julia (a pintora, a ideóloga de "¡¡No, no, nos moverán!!") de Nerja rumbo a Madrid. Ou que asistía á despedida de dous pequenos grandes amigos como Tito e Piraña. E á dos demais protagonistas da serie, logo da morte un capítulo antes de Chanquete, o mítico Chanquete. Aquel home que tan ben lle soubo dar vida o actor Antonio Ferrandis, tanto que moita xente pensara que Antonio finara de verdade...

Agora, desde "Días de verano" de Amaral, asocio á canción do dúo aragonés coa despedida da estación da calor. O malo é que non hai película que adopte a súa música, nin chanquetes, pirañas, julias ou panchos...No seu momento díxose que ían facer unha segunda parte de Verano Azul pero á enfermidade do seu director, Antonio Mercero, acabou por sepultar calquera opción. Se vos digo a verdade, mellor que non se fixera, pois xa se saben que as segundas partes case nunca son boas...

O verán está morrendo. Hoxe, na tranquila praia de setembro, fixeime que retiraban os quioscos veraniegos, unha acción cargada de bastante simbolismo implícito. Pero todos sabemos que resucitará a finais en xuño de 2011, claro que a un servidor lle gustaría que o fixese algúns meses antes. Non me gustan os tristes días curtos do outono nin moito menos o frío do inverno (menos mal que quedan lareiras ó pé da que poidamos quentarnos). Con todo, o final do verán supón a reconquista de Sanxenxo polos nativos do lugar, que recupera a súa verdadeira beleza: a dun pobo pequeno e tranquilo cheo de paisaxes e postas de sol moi boas. Como se soe dicir: non hai mal que por ben non veña...


Dias de Verano - Amaral

** Elsa Punset e o cerebro humano

Impresionante o que nos contou Elsa Punset (filla de Eduard Punset)a pasada semana no programa "El Hormiguero" sobre o cerebro humano. De obrigada visión o vídeo. Tiven ocasión de ver o programa o pasado mércores e non me deixou indiferente. Nada mellor que ver o que alí dixo e logo xa me contaredes qué opinades. Ah, ¡¡Que viva la la buena vida!! (ver vídeo para saber ó que me refiro). Sinxelamente, o cerebro é un apasionante mundo por descubrir. Déixovos o enlace da páxina web de Elsa Punset. Para ler con calma.

domingo, 19 de septiembre de 2010

** Unha boa nova e unha triste nova

A boa nova e que xa deixei programados uns artigos para autopublicarse mañán. Agardo que vos gusten. Non deixedes de visitar o blog e participar nel. Tamén haberá novos colaboradores proximamente. Ah, e se queredes participar no facebook, lembrade que hai un grupo de A Lareira Máxica alí que suma 119 seguidores. No blogger 14 (precísase ter conta de gmail ou un blog en blogger).





Mala nova. Hoxe quixera despedirme cunha frase dunha polifacética persoa que nos deixou hai unhas horas: José Antonio Labordeta:“Los poetas no pueden superar los versos de la calle”. Descanse en paz o home que conseguiu meter unha país na mochila e que nos obsequiou coa súa cultura escrita e musical. Unha gran perda, sen dúbida.

miércoles, 15 de septiembre de 2010

** O luns 20 de setembro o lume de A.L.M. medrará...


Tentarei facer artigos máis curtos e fomentar a opinión e a vosa reflexión. Non vai ser nada doado, pero vou tentalo. A Lareira Máxica tratará de tocar temas de actualidade para debatir, pero haberá bastante espacio para outros temas atemporais ou para lembrar cousas xa pasadas. Todo isto aderezado con música o máis animada posible e con humor, moito humor. ¿Que sería da vida sen música e sen humor?.

Como xa dixen o domingo, e por de falta de tempo, publicarei menos pero tentarei que haxa cando menos un par de artigos semanais. Por suposto, acepto encantado os vosos propios artigos sobre o que estimedes oportuno. E tamén cos vosos comentarios. Gracias polo voso interés e por visitar e/ou colaborar con A Lareira Máxica. A ver se, entre todos, conseguimos facer deste blog un lugar de encontro para expresar as nosas opinións sobre os temas que queirades. So pido respeto, aínda que non se compartan as opinións aparecidas no blog en forma de artigos ou comentarios.

Xa podedes dicirlles ós vosos amig@s e coñecidos que o luns 20 de setembro volta A Lareira Máxica, cargada de moita ilusión e co seu deseño de sempre (moi poucas novidades haberá neste apartado, pois priorizarei máis o contido que o formato). ¿Máis novidades? Paseniñamente iranse introducindo, na medida das miñas posibilidades. Tempo ó tempo...

domingo, 12 de septiembre de 2010

** A Lareira Máxica regresará nos vindeiros días


SANXENXO. Julio Torres




Non,non,A Lareira Máxica segue viva, aínda que haxa tempo que non se actualice. O que fixen foi tomarme unhas vacacións que precisaba para desconectar de internet e que, por outro lado, tampouco dispoño do tempo que quixera para adicarlle ó blog. Pero A Lareira Máxica non desapareceu nin desaparecerá. Xa vin que hai varios "bloggers" que así o pensaron e quitaron os seus enlaces das súas bitácoras. A estas persoas dicirlles que, se lles gusta A Lareira Máxica, están de noraboa: nos vindeiros días voltará.

Esta nova etapa de A Lareira Máxica será máis persoal (se ben seguirá publicando os artigos que reciba). En canto ós contidos, haberá un xiro ós inicios do blog e á aquela Lareira Máxica de 2006. A ilusión, as ganas de escribir e os temas sobre os que escribir lonxe de diminuír, aumentaron. A frecuencia de publicación será menor por necesidades persoais, pero haberá, cando menos, dous artigos semanais. A temática será variada. Iso non cambia. A actualidade será máis protagonista, ó igual que as miñas opinións persoais. O humor, a música, as lembranzas, a cultura, internet, os deportes, a fotografía e outros temas estarán presentes na bitácora. O idioma será en galego e en castelán, cada vez máis, co fin de abrir A Lareira Máxica a máis xente. Por desgracia, o escribir so en galego fai que moitos lectores desboten adentrarse no blog. Procurarei equilibrar máis o seu uso, pero négome a deixar de escribir en galego na miña bitácora. Utilizarei máis o castelán, pero o galego seguirá estando presente. Por suposto, e como sempre, estou aberto ás vosas peticións e suxerencias. Tamén me gustaría contar con máis opinións vosas sobre os artigos publicados. A ver se hai sorte...

Un saúdo a tod@s e moitas gracias por seguir visitando e participando neste blog. E benvido @s que acabades de descubrir A Lareira Máxica nas últimas semanas, que me consta que sodes bastantes.

...Xa quedan menos días para o regreso de A Lareira Máxica. Permanecede atentos...