lunes, 19 de julio de 2010

** A alma apolillada, un ano despois


COMPOSTELA. Alvariño

Colaborador de A.L.M.

Uf, qué mal estaba o ano pasado. Non é casualidade que hoxe estea escribindo aquí, é que me preguntou un colega, falando das rebaixas, se comprara algunha colonia nova.

Obviamente, acórdome do que escribo, aínda que dun xeito moi vago. Agora, reléndome, deime conta de que o día que escribín “A alma apolillada” estaba moi mal. Case non me recoñezo. O caso é que non recordo o motivo de tan tremendo desazón. Seguramente sería unha especie de fastío multifactorial, por dicilo dalgunha maneira.

O meu colega é dos que pensa que non debo desperdiciar o meu presunto “talento” escribindo no blog. Discrepo. Para desperdiciar algo, primeiro hai que telo. Segundo, o talento, sen recoñecemento público, non serve para nada. Terceiro, o talento nin se crea nin se destrúe. Entón, pódese abusar canto se queira del porque tampouco se gasta nin se che rompe. A este colega rebatinlle o seu argumento porque sei que hai suficiente confianza.

Outro colega e o outro consello: hai que loitar, loitar e loitar, e presentarse a todos os certames literarios habidos e por haber, como fixo Juan Manuel de Prada nos seus comezos, ¿non liches “o suplemento” este domingo? “O Suplemento”, masculino, singular, como se estiveramos en Cuba e no noso pais so se publicara un xornal. A este non me molesto en facerlle a aclaración anterior porque é un tipo moi susceptible e sei que o seu consello esta cargado de boa intención.

Os colegas son fonte inesgotable de consellos, da igual que llos pidas ou non. Algúns, os máis ousados, atrévense a aventurarse nas zonas máis pantanosas da alma. Outro consello: non se debe chamar por teléfono ás persoas que non devolven as chamadas porque esa é unha mostra de total desinterese. Este procede do meu amigo Manuel que leva anos intentando transmitirme unha serie de principios reitores das relacións humanas que, segundo el, todo o mundo coñece e pon en práctica. Seica forman parte do pack “sentido común”. Unha de dúas: ou eu lle saín un alumno moi torpe, un auténtico kamikaze, ou o meu pack viña incompleto. Das mensaxes de texto inda non me dixo nada, non sei se terán o mesmo tratamento que as chamadas ou, pola contra, se terán lexislación propia.

Outro consello, esta vez de Miguel : non se pode andar entrando e saíndo da vida da xente cando che pete. Se o virades, ponse moi serio e fálame como se lle estivese berrando a un crío de cinco anos. Miguel é un fulano moi radical, incapaz de moverse nas fronteiras dos sentimentos. Penso que tampouco ten mala intención, el é así, sen máis. Inda vai ser culpa miña que me abran as portas de par en par e me reciban cun par de bicos.

Seguro que a estas alturas xa pensaredes que teño máis “asesores” que o mesmísimo Obama. Case,case. E iso que teño a inmensa sorte de que as tías-avoas, dende fai un tempo, xa me deron por caso perdido “o pobre é un rariño”. A tía Lita, que esa e primeira tía ou como se diga, non. Ela aínda non, que é moi persistente. Non sei porque estraña conexión neuronal me acabo de lembrar do spot do Cucal . "Las cucarachas son persistentes, nacen, crecen, se reproducen y con el nuevo Cucal Aerosol.... As perlas da tía Lita, que son auténticas e non dos chinos, que por algo ela foi das que gañou toooooodo canto ten traballaaaaando, non teñen desperdicio: “tes que facer o que máis che conveña”, “hai que saber escoller ben”. O que hai que oír. O ruído tamén é contaminación, acústica, para máis datos.

O meu querido primo Moncho tamén me fixo a súa aportación: “Cásate e senta a cabeza, non ves que felices estamos nós cos nenos”. Foi o ano pasado, pola festa do San Xoán. Este ano deixoume desconcertado: “Alvariño, cánta envexa me das”.
Agora que o penso, non me estraña que o ano pasado estivera tan mal. Este ano estou mellor, moito mellor. Vivo. Xa non preciso ir facer terapia a perfumería do Corte. Iso si, na casa teño perfumes para os vindeiros 20 anos. O meu tempo me levou. E por outra estraña conexión neuronal, debe ser cousa deste calor abafante, que antes de fulminarme cun certeiro golpe seguramente me estea a provocar cortocircuitos no cerebro, acabo este relato lembrándome do cantante Raphael , ¿Qué sabe nadieeeeee....?

8 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Julio Torres dijo...

Benvido Alvariño. Home, penso que o teu colega non é o único que pensa que escribes ben, bastantes dos lectores do blog pensamos o mesmo.

Alégrome que esteas mellor que o ano pasado.

Por certo, a música de Rafael (ou Rapahel, que creo queé como el o escribe) leva moita razón, que sabe nadie. Non hai mellor que a propia persoa para saber o que lle pasa e como o vive esa persoa.

@s colegas, @s amig@s (hai quen non diferencia os dous termos, pero eu penso que o ser amig@ é unha relación máis profunda que a dun simple colega, como xa escribín en máis dunha ocasión en A Lareira Máxica), poden darche consellos, pero por moi bos que poidan ser e por moi boas intencións que poidan levar, nadie mellor que un para decidir.

Un saúdo, amigo.

María dijo...

Que barato sae ás veces iso de dar consello. Ademáis, parece que todos sabemos do que falamos cando de dar consello ós demáis se trata. Agora ben Alvariño, ti tes unha corte de conselleiros, que debías ter en máis consideración porque xa me gustaría para min unha tía Lita particular. Que consellos!!!, Que sabedoría!!!. Estudou a muller, a que si? Nótase.
Sen embargo eu quédo co de Miguel. Definitivamente, non se pode andar entrando e saíndo da vida doutros como se de entrar e sair do Ikea (xa sustituiu ó Corte Anglosaxón) se tratase.
Pero o mellor de todo, sabedes o que é? Volver a ler a Alvariño na Lareira.

Alvariño dijo...

¡Hola Julio! ¡Hola María!
Despois do saúdo vou por partes:
Julio, penso o mesmo, a canción de Raphael, "ph" incluída, (polo que se ve, fai 50 anos xa se debía levar o esnobismo), contén frases coas que me identifico. O video gustoume, non sale o "Rapha" facendo os seus ademáns habituais, cousa que eu agradezo.
María, primeiro, grazas por "manifestarte". Segundo, a tía Lita regalábacha eu envolta en celofán con lazo e todo. Non é moi faladora, grazas a Deus, pero cando abre a boca sempre cospe veleno. Agora, que están de moda os terrarios, xa sabes con réptiles e bichos deses, inda che podía quedar ben un na casa. Unha aclaración oportuna: é tía por afinidade, non por consanguinidade.
A Miguel téñolle aprecio, vaia por diante, pero non comparto a súa filosofía vital. Explícome, para el as cousas son brancas ou negras. Para min, non. Eu, de simple, teño pouco. Cadaquén ten as súas rarezas.

Mariam dijo...

Alvariño identifícome co que contas no teu relato e tamén coa canción. Eu tamén teño bastantes "conselleiros", ó mellor ata poderíamos facer un intercambio e todo. ¡Ah!, non é por nada, pero a túa tía Lita non me interesa, e que xa teño unha moi parecida.

sonia dijo...

Tedes razón, a miúdo damos un montón de consellos, je. Unha amiga deciame que non había que dar consellos, so se chos piden, o importante e escoitar. Non sei, quizais teña algo ou bastante de razón, aínda que as veces, a miúdo fago o contrario........Outra amiga decíame, que cando un da consellos e porque tamén debe aplicalos, je, en parte tamén creo que ten razón.

Alvariño, non son unha experta, nin tello idea de literatura, pero gústanme os teus escritos....

Bo día a todos

O Moucho dijo...

Hola. Eu solo quería saludar a Alvariño. Alegrome que notaras que a tua vida vaia mellor que a do ano pasado. Esperemos que siga esa progresión e que dentro dun ano, poidas decir que estas mellor ca este ano. Non hai nada coma ter xente o teu redor que fale contigo e te dé consellos. Uns serán bos, outros malos e disparatados e outros con parte de razon. Así que se te paras a reflexionar sobre todo o que che din. podrás atopar a resposta ou camiño medio polo que deberas avanzar. Como di certo refran:" tres españoles, cuatro opiniones". Aproveito tamen para saludarvos a todos vos, tanto fieles seguidores deste blog, que comentan case de continuo, como os que solo comentan moi de vez en cando. En especial a Alvariño, Maria, Marian, Sonia,como non ao meu apreciado Julio,.... bueno a todos en general que fan desta lareira un fogar moi caluroso e acolledor.

Alvariño dijo...

Pois eu tamén quero saudar a Sonia, a Mariam e o Moucho e agradecerlles as súas palabras. Xa saberedes aquelo de que os blogs se alimentan dos vosos comentarios
-"Nan...ñam...Estábanche ben bos."

Julio Torres dijo...

Gracias polos vosos comentarios. Xa sabedes que para que alumee ben A Lareira Máxica, fai falta contar con comentaristas e colaboradores. Gracias

Julio