domingo, 16 de mayo de 2010

** O F.C.Barcelona coróase campión da liga de fútbol




SAN XENXO. Julio Torres

O F.C.Barcelona proclamouse hoxe campión da Liga de Fútbol 2009/2010 ó sumar 99 puntos, tres máis que o Real Madrid. Será lembrada por ser a Liga na que máis puntos fixo falta ter para conquerila. Dito doutra forma: nunca antes un equipo con 96 puntos quedou segundo.

Un merecido galardón á regularidade e ó fútbol amosado polo equipo azulgrana brilantemente dirixido por Pep Guardioala. Con este novo título, o F.C.Barcelona suma o seu cuarto trofeo na tempada 2009/10. Primeiro foi a Supercopa de España, logo a Supercopa de Europa, o Mundial de Clubes no mes de decembro e hoxe a Liga.

0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :