sábado, 1 de maio de 2010

** A Lareira Máxica cumpre hoxe 4 anos



SANXENXO. Julio Torres

No frío e duro inverno cumpría acender as lareiras antigas que servían de calor e ó redor dela, xuntábanse os membros da familia para conversar á par que preparaban a comida ou a cea. Nun mes de maio sería impensable que, pasado o frío, se acendesen so coa finalidade de quentar ou dar calor. Retaría á lóxica. Algo así como traballar o 1 de maio, data na que se celebra o día do traballo. Por tanto, o colmo dos colmos sería construir unha lareira un 1 de maio caluroso e, sobre todo, neste tempos que a lareira non ten a esencial función que tiña antaño, que non é imprescindible.

A contracorrente do anteriormente exposto, a un servidor déuselle por crear un blog e bautizalo co nome de A Lareira Máxica un asfixiante primeiro de maio de 2006, hai xa catro anos. A idea nun principio foi dar renda solta a miña faceta de xornalista e escribir de todo aquilo que me apetecese, sen ter que pedir permiso a ninguén, senón exercendo de autónomo. Máis adiante, decidín abrir o blog á participación de quen o quixese para compartir con esas persoas un lugar de reunión e de expresión libre, sempre desde a perspectiva do respeto.

Nunca cheguei a maxinar que esta lareira medraría tanto. Mágoa que hai xa tempo que non lle poida adicar o tempo que me gustaría, pero a vida está chea de prioridades. Incluso se me pasou pola cabeza a idea de pechala, pero axiña comprendín que prefería publicar cando puidera no blog antes que destruílo.

Hai uns meses creei o grupo de A Lareira Máxica no facebook (enlace nas pestañas de arriba), que xa sobrepasan as 100 amig@s, e no que é posible debatir en foros. Gracias a todas estas persoas, a moitas das cales non teño o gusto de coñecelas.

Na medida que o tempo mo permita teño pensado crear novas seccións e potenciar os artigos de opinión propios. Por suposto, estou aberto ás vosas suxerencias, e estoume prantexando organizar unha encontro dos simpatizantes do blog.

Hoxe quero compartir con tod@s @s que visitades A Lareira Máxica o cuarto ano de vida do blog, pero moi especialmente cos/coas seus/súas colaboradores, así como cos e coas comentaristas, é dicir, cos que participan/ron no blog con maior ou menor frecuencia. Coma sempre: GRACIAS e, por favor, collede un trozo de tarta para celebrar tan feliz efeméride. Agardo que vos gustara esta "sorpresa". Carpe Diem!!!

22 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Meiguiña dixo...

Feliz cumpleanos Julio a ti e A Lareira Máxica.

É un pracer visitarte sempre, non se che ocurra pechar o blog, publica menos pero non o peches.

Bicos meigos e a cumprir moitos mais.

Levo un trociño de tarta para tomara co café

An dixo...

Parabéns :) A por moitos máis

María dixo...

Eiii. Non sabía que estábamos de cumpre. Parabéns rapac@s. E sobre todo a ti Julio: noraboa por creares un blog tan interesante e variado. Teño que decir que me gustaba máis alá polos seus principios. A xente participábamos máis, penso (eu incluída) pero tamén é certo que esta etapa de agora ten outras cousas boas, por exemplo, máis seguidores, o cal sempre é bo.
O dito: noraboa por estes 4 anos a todos os que o fixechedes posible.

María dixo...

Ahhh, olvidábaseme xa comentalo. Que me parecería unha idea estupenda iso de reunirnos todos. A min gustaríame asistir sempre que o tempo e outras cousas mo permitisen. Son ben tímida e a última hora e tendo en conta que non vos coñezo a ningún, seguro que andaria cagadiña. Pero pareceme moi interesante a idea. Espero que sigas adiante con ela Julio.

Eifonso Lagares dixo...

Felicidades amigo Julio y espero que nos quede por disfrutar de A Lareira Máxica muchos años más, no tengo la menor duda que así será.

Saludos
Eifonso Lagares - Islas Cíes Blog

Julio Torres dixo...

Meiguiña: Gracias. É un pracer terte como visitante a ti tamén. Tranquila que aínda que o tempo que lle podo adicar ó blog é moi limitado, xa estou publicando menos, pero cerralo o últimio.

Julio Torres dixo...

An: Moitas gracias!!!

Julio Torres dixo...

María: Moitas gracias. E lembra mariiña que ti eres unha das grandes colaboradoras do blog, aínda que ultimamente non nos envías artigos teus, aínda que xa sei que nos visitas a miúdo.

O da primeira etapa de A.L.M. a única diferencia era que simpremente publicaba un servidor, unha tal María e outra gran colaboradora como Mariam.
Os meus artigos eran máis persoais, pero tampouco tan diferentes ós que redacto agora, se ben non son tan frecuentes. Iso é unha das cousas que, se as limitacións de tempo mo permiten, tentarei voltar a retomar. O que é seguro é que a actualización do blog non será tan a miúdo como era daquela (aínda que poida haber temporadas de maior actualizacións).

Julio Torres dixo...

Eifonso: Amigo, moitas gracias!!!. Iso espero, aínda que non poida actualizar o blog como a min me gustaría -por cuestión de prioridades e limitacións de tempo- sí que seguirá. Ougallá que moitos anos.

Un abrazo, amigo rumbo a ese blog tan maravilloso de Islas Cíes.

Patricia Loureiro dixo...

¡¡ Muitos parabéns meu amigo !! A maxia dunha lareira nunca debe ser apagada

migramundo dixo...

Parabéns, compañeiro. Que o teu blogue, e ti con el, acenda moitas velas máis. Apertas.

O Moucho dixo...

O igual que todos, felicitote. Que sigas alumeando coa tua lareira os nosos corazons. Un saudo e que cumpras moitos mais.

Mariam dixo...

¡Felicidades e a seguir cumprindo moitos máis!

campanilla dixo...

feliz cumple............que lo podamos celebrar por muchos años.... biquiños desde ponteareas

Julio Torres dixo...

Patricia, Guillermo, Moucho, Mariam e Campanilla: Moitas gracias ós cinco. Un orgullo tervos de visitantes. Saúdos máxicos. Carpe Diem

ourensan@ dixo...

casi nada!
merecidas enhorabuenas, decano.

JOSE dixo...

Feliz cumpleaños A LAREIRA MAXICA y muchas gracias a ti Julio por mantenerla siempre encendida.
A su calor lo hemos pasado muy bien.

Julio Torres dixo...

Gracias, ourensan@. Saúdos para Ourense. Carpe Diem

Alvariño dixo...

¡Felicidades!

Julio Torres dixo...

JOSE, ALVARIÑO: Gracias a vós. Sodes dous dos grandes colaboradores deste blog, cos vosos artigos, suxerencias e comentarios. A ver se, entre todo, conseguimos que a chama deste blog, siga alumeando moitos anos. Ougallá!!!

Saúdos, amigos
Carpe Diem

Toupeiro dixo...

¡Felicidades!
No es fácil mantener viva la ilusión durante tanto tiempo. Te deseo que sigas así muchos años más.

Julio Torres dixo...

Moitas gracias, amigo. Non, non é fácil, sobre todo cando o tempo que lle podes adicar non é o que un quixera.

Carpe Diem