martes, 20 de abril de 2010

** A felicidade según Rojas Marcos

A pesar de la obsesión por alcanzar la felicidad que albergamos los seres humanos desde que nacemos, la realidad es que todos venimos al mundo con una predisposición bastante fija e inalterable para sentirnos dichosos. Quizá, por esto, nuestro nivel general de satisfacción o de alegría se mantiene relativamente constante a lo largo de la vida.

Es cierto que casi todos experimentamos altibajos en el día a día. Pero también es verdad que tanto los efectos gratificantes de las recompensas como los desconsuelos que nos producen las adversidades son sorprendentemente pasajeros.

¿Qué podemos hacer para aumentar nuestra predisposición a la felicidad? La receta, en mi opinión, es adoptar una dieta regular de placeres y deleites simples: una compañía agradable, una comida sabrosa, una lectura interesante, un paseo por el parque, un espectáculo entretenido, una música grata, una charla amena o una risa a pierna suelta. A la larga, estos gustos nos mantienen más contentos que cualquier logro impresionante que nos da un impulso temporal. En palabras del poeta libanés Gibran Jalil Gibran, «en el rocío de las cosas pequeñas, el corazón encuentra su alborada y se refresca».


Fragmento do libro de Luis Rojas Marcos: La felicidad ni se compra ni se vende




ENVIADO POR: Mariam
Colaboradora de A Lareira Máxica

11 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Julio Torres dijo...

A felicidade ven dada polos disfrute dos pequenos detalles da vida e as grandes amizades. Estou moi dacordo con que prantexa Rojas Marcos.

Gracias Mariam por enviarnos este interesante texto que debería servir para facernos reflexionar.

Carpe Diem

sonia dijo...

As veces un aspira a unha felicidades, quizá utópica, je.

Tes razón, cando un crece dase conta que a felicidade está nos pequenos intres, tal como indica o autor: nunha boa compañía, unha boa conversa, un paseo agradable polo mar, a natureza, un ollar diferentes hacia o que nos rodea, un xesto, un xantar, unha lectura.......Cada vez, estou seguro que neses intrés é cando está a felicidade, xa que atopar unha época é máis complexo.
Logo, algúns somos dados a resaltar o negativo ocultando o positivo, é dicir ves máis o negativo, e non eres consciente de tódolos intres de felicidade.
A vida, mesma, je.

María dijo...

E que, en realidade, a felicidade como tal é algo ben pouco tanxible. Por tanto para min a felicidade consta ou componse diso, da suma de pequenos momentos e pequenas cousas. Un abrazo, un sorriso, unha caricia, un paseo, unha comida, un libro, unha película .... O que pasa é que case sempre estamos tan obsesionados coa vida en si, que nos olvidamos de desfrutar realmente deses pequenos momentos.

O Moucho dijo...

Estou profundamente dacordo con Luis Rojas Marcos. Ainda que pola miña banda teño que decir que para todo o que nos dí este escritor, fai falla ter alguen con quen falar, compartir as tuas historias, os acontecimentos que che ocorren na vida(sexan grandes ou insignificantes),... Vivir en definitiva relajadamente pero intensamente, todos esos pequenos detalles que surgen na nosa vida. Como nos dí moitas veces este gran sabio, que admiro tanto, chamado Julio Torres: Carpe diem. Pero claro. Alguns como este servidor teñen problemas para atopar a esa persoa/as que estean dispostos a compartir esas pequenas cousas, que ainda que insignificantes, enriquecen a nosa autoestima e nos fan disfrutar ainda mais da nosa curta e fugaz vida. Envexo a todos os que chegan a vellos e teñen con quen compartir, opinar e falar de todas estas cousas que nos indica Rojas Marcos. É o que ten a soidade. Non te deixa crecer como persoa, afundindote ainda mais na sociedade na que vives. Gracias a Luis Rojas Marcos por tan preciosa redacción e tan acertada exposición da busqueda da felicidade. Lastima que non estea ó alcance dun servidor.

María dijo...

A Moucho: NOn sei porque sempre equiparas felicidade con amor. Parece que para ti van da man, que non entendes o de ser feliz sen ter con quen compartir esa felicidade,e aínda que é certo que é unha parte importante das nosas vidas, o fin e o cabo o ser humano está predestinado a vivir en sociedade e especialmente en parella, non sei porque emparellas sempre tanto esas duas cousas.
Pódese ser moi feliz sen estar namorado dunha persoa física. E creo que Rojas Marcos fala da felicidade en xeral concretada nas pequenas cousas, e para vivir eses pequenos momentos de felicidade non precisas unha parella ó lado.
Somos moitos os que non desfrutamos do amor de parella na nosa vida e non por eso somos infelices. Creo.

Julio Torres dijo...

Suscribo o que di María. E senón que lle pregunten a moitas parellas se son felices...

Aproveito para darlle a benvida a María, á cal se botaba en falta por este blog. Cabe lembrar que ela foi a primeira persoa que se animou a publicar un artigo en ALM. Aí é nada...

Carpe Diem

Alvariño dijo...

Rapaces, paréceme moi interesante a relación amor-felicidade. Creo que se pode ser feliz sin estar namorado, si, pódese. Agora ben, a felicidade que da coñecer a unha persoa e namorarse dela paréceme que é incomparable. Non me refiro ó feito de ter parella estable, hipoteca a 30 anos, familia, familia política, sogro plasta, cuñado insoportable, can desobediente, veciño ruidoso,... Eso forma parte do pack "parella-rutina" no que tanta xente cae pola simple razón de pasar dos 30 e ser o único da pandilla que inda non casou.
Bueno, ó tema. Supoño que veríades a película "La pasión turca". Pois, quero centrarme nese tipo de amor. No amor a contracorrente, no amor que está por enriba da lóxica, que é completamente irracional. Como xa temos falado na Lareira, a Cupido trémalle moito o pulso, moitísimo. A tódolos borrachíns lles pasa o mesmo, tamén ven dobre. Despois pasa o que pasa cando se está nas mans dun fulado coma este. O barco pode chegar a bo porto ou esnafrarse contra o primeiro iceberg. Depende. Nas travesías marítimas hai de todo: temporales de auga e vento, cantos de serea, piratas sanguinarios,... Vale, que si, que xa o sabemos. Pero qué me dicides da felicidade que da sentarte diante dunha persoa e romperlle todos os seus esquemas. Alá van polo aire todas as ideas precomcebidas. Todo o que parecía que estaba asentado e ben asentado vólvese fráxil, moi fráxil. Pérdese o sentido. Xa non che chega o que se ten, nin os cartos, nin o prestixio, nin a ética nin a estética. Sabes que estás irremediablemente perdido e sínteste feliz, moi feliz. O bo que ten a felicidade é que hai moitos tipos diferentes. Hoxe tocoulle a este: felicidade, variante loucura de amor. É primaveira, cousas do tempo.

O Moucho dijo...

Non me referia a unha parella, sinon a alguen con quen compartir todas esas cousas que ves escoitas ou vives. Pode ser un amigo/a, familiar ou veciño que aprecie a miña compaña. Alguen con que comentar un partido de futbol, unha pelicula ou calquera cousa. algen para compartir esas pequenas cousas. Non me referia ó amor sinon a una amistad. Quiza non me expresei ben.

Anónimo dijo...

Cero palabras, cero problemas, idéntico mensaje :)

Alvariño dijo...

Leva razón Mary Camiña cando dí que o blog está cheo de cousas bonitas. A min tamén me fai moita falta reatoparme coa ilusión de vivir. Estes días miro para atrás e teño unha terrible sensación de haber perdido moito, moitísimo.
¡Saúdos!

Julio Torres dijo...

Antes de nada, desexo e agardo que xa esteas mellor Alvariño, e que dentor de nada eses problemas de saúde sexan historia.

Cambiando de tema e en relació ó teu comentario: se A Lareira Máxica ten cousas bonitas é, sobre todo, gracias ás persoas que colaborades nel. E ti, Alvariño, tamén tés bastante culpa diso. A ti e ás demais persoas que colaboraron, colaboran (e agardo que colaborarán) moitas moitísimas gracias por manter viva A Lareira Máxica!!