martes, 23 de marzo de 2010

** Lembrando os 70 e os 80 (1)


SAN XENXO. Julio Torres


Eeste vídeo, extraído de Youtube, fai unha recopilación dos xoguetes cos que xogabamos @s nen@s que nacemos na década dos 70 ou principios dos 80. Tamén nos recorda series, debuxos animados ou música relacionada coa época. Un mundo de lembranzas.

Como ben di o vídeo, daquela non había playstations nin ningún outro tipo de consolas. Os xogos na rúa cobraban un maior protagonismo, co coseguinte beneficio para a saúde física (facíase moito deporte activo) e para a imaxinación.

Un vídeo para visionar enteiro e para voltar atás no tempo e voltar a ser nen@s aínda que sexa por uns minutos...

5 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Mariam dijo...

Gustoume o vídeo, como se pode ver tiñamos variedade de xoguetes e moitos programas infantís. A verdade, paseino ben. Teño unha dobre sensación: a infancia paréceme unha época moi lexana, supoño que polo tempo que pasou dende aquela, e por outra parte, os obxectos que mostra o vídeo fánseme moi entrañables, moi familiares. Con todo, bótanse en falta as nosas primeiras “máquinas”: Bh, Orbea, Honor,...

An dijo...

Que lembranzas máis boas...Grazas. moitas grazas

Meiguiña dijo...

Gracias Julio por tantos recordos xa casi esquencidos.

Os xoguetes, a programación infantil... ¡que bos tempos!Dende logo con calquer cousiña pasabamolo ben e hoxe os nenos xa case non saben xogar, a imaxinación e bastante pouca e cando lles contas cousiñas da tua infancia mirante coma se foses un extraterrestre¡que lle imos a facer!os tempos cambian en todolos aspectos da nosa vida.

Unha forte aperta e un biquiño meigo

O Moucho dijo...

¡Cantos recordos me trae este video! Os xoguetes eran mais sinxelos, pero nos sabiamos como sacarlle o máximo partido. Eu apenas tiña a posibilidade de telos, pero xogaba cos xoguetes de algun coñecido. Usabase antes mais a imaxinación. Os xoguetes de agora, mais avanzados, case non che permiten, imaxinarte historias, batallas, etc. Polo contrario, estimulan moitas veces o cerebro e incluso a intelectualidades. Incluso poden (é a miña opinión) facer que se acorte a nosa idade infantil. Agora os rapaces novos fanse mais adultos, mentalmente, no tempo.
Antes con 2 canles de televisión, disfrutabamos mais coas series, e ó chegar á clase, sempre tiñas de que falar. Agora temos unha chea de canles pero xa non se cambian impresions tan facilmente.
Fixome moito, nos amigos/as das miñas sobriñas, ainda novos/as e podo decir que a súa infancia foi moi curta. Incluso horroriceime xa que algunha compañeira delas, despreciaba xogar coma un neno (tendo escasamente 9 anos)e comportandose coma si fose un adulto e rexeitando calquer comportamente típico da súa idade. Dabame moita pena. Rexeitaban a infancia. ¡Que gran error! ¿Hacia donde camiña a xuventude de agora?

Toupeiro dijo...

Non había moitos xoguetes pero si moita imaxinación.