lunes, 22 de marzo de 2010

** La Musicalité: un grupo musical que promete


SAN XENXO. Julio Torres


Un dos grupos musicais que descubrín recentemente é La Musicalité. Creado en 1999, está integrado por catro mallorquíns: Jaime Perpiñá (voz, baixo e guitarra acústica), Oscar Nadal (teclado), Marc (guitarra eléctrica) e Jaume (batería).

La Musicalité encádrase nunha temática pop-rock e aporta uns sons frescos, melodiosos, de letras intimistas e ata ritmos pegadizos nalgunhas cancións. Baixo o meu punto de vista boa música. Polo de agora hai dous temas que me gustan especialmente: "4 elementos" -videoclip no que sae a actriz Amaia Salamanca-e "Despertar". Encántame o grupo e supón supón unha ledicia ver cómo van xurdindo novas formacións que logran saír adiante con talento e traballo. Agardemos que sigan sacando boas cancións nos seus vindeiros discos.

Remato cunha curiosidade: o seu vocalista, Jaime Perpiñá, garda un parecido físico razoable co xogador do F.C. Barcelona Gerard Piqué. Polo menos nalgunhas fotos.






Enlaces:
Web de La Musicalité

1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Mariam dijo...

En vinos un par de veces na Tv, nos 40, e parecéronme bastante bos. Vaia, que foi un bo descubremento.