miércoles, 6 de enero de 2010

** A inocencia perdida

SANXENXO. Julio Torres



A noite de Reis e o día de Reis simbolizan a inocencia dos nen@s, que ansían a chegada destas camelicas figuras e que son capaces de imaxinarse o inimaxinable e xustificar o que non ten xustificación. Mesmo a omnipresencia pode co cansancio dos Reis e as horas de traballo se multiplican ata acadar o infinito.

O día de Reis o despertar dos cativ@s -rápido como un lóstrego- retrata os desexos e as esperanzas reflectidas instantaneamente nun gran sorriso de ourella a ourella ó abrir os regalos. Un sorriso e unha felicidade que non teñen precio e que mesmo son contaxiosas. Un neno empeza a deixar de ser inocente cando descubre que os Reis non son os que pensaban que eran, senón que son... E non son tres...

Os Reis supoñen a última pedra do consumo navideño e a antesala das rebaixas, os Reis dos adultos. Mero consumismo en bastantes casos.

7 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Meiguiña dijo...

Neste día de inocencias e presentes, esta Meiga e non os Reis deixaron algo para ti, meu querido amigo.

Maxia e moistos biquiños meigos

Mariam dijo...

Sí, é unha tremenda decepción cando se descobre o misterio da maxia da noite de Reis. Polo menos, para min foi un descubremento que non me fixo ningunha gracia. Vaia, foi un verdadeiro chasco que a miña princesa, a boneca Nancy, non tivera nin un chisquiño de sangue azul do lexano oriente. Nadiña.
Este nadal, casulamente, atopeina nun centro comercial. A Nancy, nos setenta, xa vos era presumidiña e tiña moito vestuario. Agora, como pasaron os anos, fixo un lifting ou non sei qué na cara e cambiou algo de aspecto. Por suposto, a min gustábame máis a de antes, a miña, a de case todas as nenas daquela época. Pois, ó que iba, atopei a nova Nancy vestida co traxe de esquiar. Quedei pasmada, a miña Nancy tamén lle gustaban os deportes de inverno.

O MOUCHO dijo...

Ainda que na nosa sociedade se relaciones reis e Papa Noel con gastar en regalos, non ai nada coma ver a ilusión dos mais pequenos durante estes días, pois a súa ilusión é maior que cando é o seu cumpreanos, independientemente de si coñecen ou no quen son os reis magos. Xa solo por eso, xa vale a pena este día. Para a xente maior, solo decir o que sentenciou certa persoa que é mais gratificante regalar que recibir. Estou profundamente dacordo.

migramundo dijo...

A mágoa é, Julio, que os meniños xa non cren nos reises. Teño unha sobriña de sete anos que sabe moi ben por onde anda, e dende logo no anda polas nubes. Saúdos e bo ano.

sonia dijo...

¡Que bonito é ser neno! Sen embargo, é decepcionante cando descubres a gran verdade, e coma se a maxia se apagase, pero hai que ver o lado bo, un medra coas decepcións, serven para crecer...Certo é que ao final todas estas festas se convirten nun puro consumismo, estamos inmersos nunha sociedade que non camiña sen consumo. Todo é un ter, ter, esquecendo a beleza dos detalles máis sinxelos. Refuxiámonos no consumo como solución a... e cando nos damos conta nada nos enche, porque en fin, esquecemos o máis cercano.
A triste realidade que llo contaxiamos os cativos, que non teñen ningunha culpa do que están facendo os adultos.
Non sei, en parte a crise, estanos ensinando que con menos podemos vivir, que o ter non é o máis importante...o que pasa, é coma sempre, os máis afectados, son os que xa non tiñan case nada.
Sinceiramente debemos reflexionar sobre este aspecto, son consciente, pero non me aplico o conto....grazas, pois son artigos que realmente fan reflexionar.

RuAn dijo...

Os meus reis, como sempre dende que teño uso de razón, deixaronme tres pares de calcetins e algunha roupa interior, agora ben os reis desta casa, que sempre veñen o un de xaneiro e que agora adoptaron o nome de apalpador...sempre agasalla libros...os nenos, inda con todo, veñen ca ilusión de saber o que lle toca. SAúdos e apertas

Anónimo dijo...

Tes razón Sonia, con menos podemos vivir e ser razonablemente felices, como foron nosos avós e nosos páis. Eu tamén saquei esa conclusión.