martes, 17 de noviembre de 2009

** 10 anos con menos secretos

Tal día coma hoxe aparecía morto un dos membros do mítico grupo "Los Secretos": Enrique Urquijo, composto por el mesmo e o seu irmán Álvaro, entre outros. Según se dixo daquela foi unha víctima do mundo das drogas. Unha mágoa a súa perda para a música. Los Secretos sacaron trala morte de Enrique varios discos, entre os que se inclúen recopilatorios, directos ou acústicos. Hoxe a formación segue adiante co seu irmán Álvaro como líder e voz. Ougallá que por moitos anos máis, aínda que trala morte de Enrique non se prodigaron precisamente en novos temas.

Los Secretos sempre foi un grupo que me encantou aínda que tivera os seus vidrios mollados, ou se olvidarán do nome da calle, ou houbera un cambio de plans, ou non amanecera, ou unha gata nos ensinara os seus ollos, incluso tendo unha amiga chamada mala sorte, sempre estaban ó noso lado, porque nos dicían que estabamos solos, verbalizaban un melancólico "déjame" para logo agarrarse da súa María e é que cando se bebe ata perder o control xa se sabe...En definitiva cancións cheas desa maxia de sentimentos que lle imprimía nas súas composicións os irmans Urquijo, en especial o tristemtente desaparecido Enrique.

10 anos despois xa. ¡¡Cómo pasa o tempo!!



UN ARTIGO FEITO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Meiguiña dijo...

Cantos recordos trouxeches a miña mente querido Julio. Eu tamén son desa xeneración que creciu con Los Secretos.

"Sobre un vidrio mojado escribi tu nombre sin darme cuenta ..."

"Déjame, no juegues más conmigo, esta vez, en serio te lo digo tuviste una oportunidad,
y la dejaste escapar...

"Abrázame fuerte a mí, María
Agárrate fuerte a mí que esta noche es la más fría y no consigo dormir..."

As veces quixera voltar a aqueles anos onde ainda tiña algo de inocencia e cria nos mundos máxicos e maravillosos.

Graciñas Julio por facer que unha sonrisa asomase o meu rostro e tamen unha pequena bagoa polos tempos pasados.

Biquiños meigos e unha aperta

hoodlum_havoc dijo...

He vuelto al blog MEDITO RADIO TV
UN SALUDO

sonia dijo...

Hai cancións que non se poden esquecer.
A miúdo cada letra dunha canción ten unha historia detrás.
Cada canción pode ter un significado tan particular para cada un, un encontro, unha época, un recordo. Cantos sentimentos pode remover.