miércoles, 14 de octubre de 2009

** Un regreso musical moi esperado

Casualmente o outro día entereime de que a cantante Whitney Houston sacou ó mercado en setembro o seu séptimo disco disco titulado "I Look to You", logo de tantos anos alonxda da música. Está claro que non vai a ser un disco calquera. Está cargado de moitos interrogantes, pero tamén de moitas esperanzas. Ou iso esperamos os que nos gustan as súas cancións.

A noticia do seu regreso é prometedora. Nos anos 80 triunfou como cantante e nos nos 90 incluso rodou alguna película como "El Guardaespaldas" (Kevin Costner era o seu gardaespaldas) quen non lembra as súas cancións e a súa inconfundible voz que se alargaba ata o imposible... Tras casarse co tamén cantante Bobby Brawn a súa vida mudou. Seica el a meteu no mundo das drogas e, se se busca, incluso atoparemos fotos dela con unha imaxe desoladora e de mal aspecto, máis propio dunha drogadicta.

Hoxe está de volta. Divorciada de Bobby Brawn, a súa vida parece que rexurde. Ougallá que esta gran cantante recobre todo o seu esplendor ou polo menos gran parte del. A súa voz era excelente. Esperemos que as drogas non a estropearan en demasía. Tamén agardo que a súa volta non sexa flor dun día e so markéting comercial. Sería unha mágoa. Merece máis e deberá ter paciencia.

Ten varias cancións que me encantan, pero a que me encanta é, en especial: I Wanna Dance With Somebody" (tedes o vídeo abaixo). Precisamente, o seu novo disco busca darlle ese aire, conxugando baladas con cancións de baile, cun sonido semellante a aquél que a encumbrou e lle deu días de gloria (abaixo tedes un dos seus novos singles: "Million Dollar Bill"). Sorte Whitney!!!


Whitney Houston --"I Wanna Dance with Somebody" (single 1987)




Whitney Houston-- "Million Dollar Bill" (single 2009)




ENLACE: Web de Whitney Houston




UN ARTIGO-OPINIÓN FEITO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :