jueves, 1 de octubre de 2009

** Outono de sensacións

Gústame o outono, moito. Eu tamén teño gañas de outono Os colores do outono non teñen rival. O outono, que para moita xente é unha estación triste e melancólica, regálanos unhas imaxes dunha beleza extraordinaria, soamente comparable coa beleza da primavera.

Alégrame a chegada do outono, é tempo de comezar actividades, tempo de estrear zapatos e xerseis. Isto ten que ser unha reminiscencia da miña época de estudante, que foi longa, moi longa. Xa se sabe, somos dunha xeración “moi preparada”. É máis, sempre hai cousas novas que aprender.

O que máis me gusta do outono é dar un paseo pola tarde e pisar as follas secas ó meu paso. O sol, nesta estación, é manso e agradécese, nada que ver co sol castigador do verán. Se chove non importa, pódese quedar na casa e disfrutar dunha conversa a carón dun té ou dun café ben quentiños. Sempre hai unha película por descubrir ou un libro por terminar. A chuvia peta no cristal da ventá, da igual, hoxe non hai que saír. So me falta unha lareira de verdade, menos mal que alguén tivo a idea de crear esta lareira virtual. Quentar, o que se di quentar, quenta pouco; pero máxica, o que se di máxica, si que é. Ten a maxia de todos os sonos que se forxaron á beira do lume nunha noite de inverno.

O ciclo da natureza repítese outra vez máis, as árbores despréndense da súa vestimenta para facerlle fronte o inverno espidos. Na próxima primavera, alá polo mes de marzo, han de florecer e volveremos a deleitarnos coa sinxela beleza dunha póla cuberta de floriñas. As mimosas son as máis adiantadas e xa florecen antes, en febreiro. Seino ben, ei de pasar un mes tusindo pola culpa do seu polen.



...Ampliar/recoller resto do artigo [ +/- ] TRANQUILOS: ¡Non se abre nova ventana!


    Como inconvenientes do outono, dicir que os días se van facendo máis curtos, que se perden horas de luz natural. Este inconveniente vese agravado pola dichosa manía de cambiar a hora a finais do mes de outubro. Se non se fixera ese cambio que seica nos permite ¿aforrar? non sei cantos millóns de euros, a transición verán-inverno sería menos traumática, máis pausada, máis levadeira.

    Pois si, gústanme os raios do sol, os ventos rebulideiros, os primeiros fríos, o olor das castañas asadas, o olor do viño fermentando nas cubas,... Un domingo destes, en canto refresque, miña nai ha de facer un cocido para xantar. O cocido de miña nai está adaptado ós tempos que corren: graxas as mínimas. Con todo, sáelle moi bo. Bótalle carne de porco, de tenreira, de polo, lacón ou xamón, un par de chourizos, repolo, garavanzos e non sei cantas horas de dedicación. Para acompañar tan contundente prato, o mellor é un tinto da ribeira sacra. Ese día, de sobremesa, tomamos queixo de Arzúa con marmelo e biscoito. O cocido é un prato tradicional e vaille ben un postre tradicional. Pois iso, en canto miña nai faga o seu cocido o outono quedará inaugurado formalmente na miña casa.




UN RELATO ESCRITO POR: Alvariño
Colaborador habitual de A Lareira Máxica

6 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

A Lareira Máxica dijo...

Bueno, como xa vos dicía o outro día no meu artigo a min o Outono non me gusta. Aínda que sí quixera matizar que o outro día dixen que se tivera que eliminar unha estación sería a do Outono. Bueno, tanto como iso non. Por eliminar eliminaría o inverno polo frío que fai. Máis ben diría que o outono e tras o inverno a estación que menos me gusta. O que non me gusta son os días tan pequenos. Son dos que prefieres o sol antes que sexa de noite ás 6.

A estación que máis o verán, seguida da Primavera. Estas dúas encántanme: bo tempo, etc.etc.

Canto as cousas que escribes, pois está claro que temos que quedarnos coas cousas boas de cada estación: as castañas, etc. pois sí que están ben boas.

Saúdos Máxicos, Alvariño
Carpe Diem

O moucho dijo...

Bonita visión do outono. A min tamen me gusta o outono. Non hai tanta calor.Coincido contigo en moitos gustos sobre este tema. Ata parece que o texto que escribiches produce a calor dunha lareira na casa, rodeados dos teus familiares a punto de zamparse un prato de cocido.

An dijo...

Pois eu gostaria de que si o fose. Por certo eu tamen gosto do outono, pero desta vez resistese a chegar de pleno. SAúdos

Anónimo dijo...

El otoño está rodeado de bellas sensaciones

Mariam dijo...

Alvariño, a min tamén me gusta moito o outono. O teu relato tamén, que conste. ¡Saúdos!

Alvariño dijo...

Pois sigo sendo o mesmo do ano pasado. Polo menos, sígueme gustando estrear zapatos e xerseis por esta época. Debe de ser unha especie de manía, un tic que me quedou da época de estudiante. Este ano boteílle o ollo a uns Panama Jack. Son un pouco caros, certo. Pero como atenuante direi que levo moitos meses de moderación consumista e que me tentan poderosamente.
A ver, son caros pero supoño que me durarán máis dun inverno. Ten que ser así, corren tempos difíciles e non me gustaría tirar os cartos. Xa verei, teño que ir a probalos para acabar de convencerme.
Como agravante, confeso que teño dous pares de zapatos de inverno sen estrear e que quizais non sexa unha compra imprescindible. Vale, aceptóo,non é unha compra imprescindible pero e que teñen unha pinta de ser comodísimos. Bueno, xa vos manterei informados sobre o que decideu a miña conciencia. ¿Quén gañara? O sentido común ou Alvariño Marcos, o primo galego da mismísima Imelda.