sábado, 26 de septiembre de 2009

** Verano Azul: unha nova serie + película made in USA

Xa se sabía que están rodando unha nova serie de Verano Azul, unha versión anos 2000, na que incluso aparecerá un actor da serie orixinal. Descoñecíase, por contra, a intención de rodar unha película americana baseada na famosa teleserie, e na que destacados actores e actrices de Hollywood se porán na pel de Chanquete, Julia, Javi, Bea, Pancho, Tito, Piraña, Desi e Quique. Polo de agora xa sabemos os actores e actrices elixidos:







Divertido e inxenioso vídeo de humor. O da película non é verdade, pero o da nova serie sí. Non hai data de estreo, nin quen será ó protagonista do primeiro Verano Azul que repetirá reparto. So se sabe que haberá un/unha que repita. ¿Quen será?. Son moitos os que aposta por Juanjo Artero ("Javi"), pero a miña aposta e a de Miguel Joven ("Tito"), xa que é o único dos protagonistas que era de Nerja (localidade onde se rodou a serie) e que actualmente traballa alí dentro do sector da hostelería.

O malo de todo isto é que SEGUNDAS PARTES NUNCA FORON BOAS. Cada serie ten o seu momento e a súa época. Este Verano Azul 2 corre o serio risco de pegarse o gran batacazo, xa que 30 anos despois a sociedade cambiou moito. Tería que ser algo moi distinto, pero á vez entrañable. Un gran papelón para director e guionista. SORTE.

1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

s dijo...

É unha serie que me encantou no seu momento, gran sorpresa o que comentas, sen embargo tamén son da opinión que as segundas partes non son as mellores, pero, quen sabe, ao mellor rompe as estadísticas.