luns, 29 de xuño de 2009

** Ukaná: O paraíso da fotografía

Os amantes da fotografía estamos de noraboa. Naceu Ukana.es, weblog que recolle a obra de Xoán Diéguez. "Una idea...Una propuesta de comunicación visual...Fotografía...Profesión y pasión", así define o seu creador esta páxina. Instantáneas feitas por un apasionado do mundo fotográfico que son arte en sí mesmas pois non se escapa ningún detalle. As imaxes aparecen clasificadas por temas: industrial, publicitaria, editorial, humana, paisaxe e fora e fauna. Moitas das fotografías son dunha beleza extraordinaria. Estou seguro que costou facelas -denotan rigurosidade e paciencia-, pero os resultados avalan e premian o esforzo invertido.

Recoméndovos a visita desta weblog. A pesar de que aínda acaba de botar a andar, xa dispón dun amplo elenco de fotos. Coido que se pode convertir nun dos referentes no mundo da fotografía. Tempo ó tempo.



UN ARTIGO-OPINIÓN FEITO POR: Julio Torres
Coordindador de A Lareira Máxica

2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

kobalto dixo...

grazas julio polos teus comentarios. tentaremos estar a altura. desexoche tamen moita sorte nestas andaduras.
aqui tes un colaborador para o que precises

Julio Torres dixo...

Benvido kobalto. Agardo cousas túas para publicar. Gracias!!!