domingo, 17 de maio de 2009

** Un maio de clara cor azulgrana: o F.C.Barcelona

Demorábanse brevemente en chegar os últimos minutos do sábado 16 de maio de 2009. Namentres Soraya Arnelas naufragaba no festival de EUROnoresteVISIÓN (nese concurso antes da canción hoxe político, de posta en escea,...menos da canción, do que hai anos Italia decatouse do seu froito baladí, amargo, e carente de toda lóxica musical), namentres o Real Madrid afogaba as súas penas en Villarreal e non era quen nin de empatar co equipo local, o F.C. Barcelona proclamábase campión da Liga de Fútbol de España, tan so tres días despois de obter o título de campión da Copa do Rey. O doblete dun equipo, o que mellor fúbol desplegou este ano en España e que incluso supere en calidade á aquel mítico Dream Team de Johan Cruyff. Un equipo que, incluso pode (se ben vai ser unha lotería e pode gañar calquera dos dous) conseguir o título de campeón de Europa ou da Liga de Campións de Europa. Outro día, se podo, gustaríame escribir máis sobre o PEP Team, un equipo adestrado por un técnico que empezou desde recollepelotas, triunfou como xogador e na súa primeira temporada en primeira división está acadando cotas inimaxinables.

Insisto que acadar o título da Champions contra o Manchester United o vindeiro día 27 en Roma vai ser moi difícil, sobre todo tendo en conta que hai xogadores do F.C.Barcelona moi importantes como Márquez, Henry e Iniesta que ou non poderán xogala ou xogarán entre algodóns, logo de apurar os días das súas respectivas lesións. Teño a intuición de que o Barcelona non a vai gañar, pero aínda así, este equipo será lembrado por sempre: un equipo que deixou atrás a Ronaldinho e Deco, pero que soupo traballar a alma de equipo. Porque un equipo non é unha mera suma de individualidades, senón unha conxunción coordinada.
Visca o Barça!!!



UN ARTIGO-OPINIÓN DE: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

4 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

CXIS dixo...

Me mola el escudo del BARÇA. Es como si el equipo es celestial, que lo ES

J.Carlos Nesta dixo...

Como se nota do pé que colleas. jejejj. Ti tranquilo que eu si teño bos presentimentos coa final de Roma. Non me sexas agorero.
No futbolístico poderíase dicir que son superfeliz, pero NON, a dura realidade dime que o meu equipo é o Celta, así que non vexas tí que cruz.
Por favor, prégase que non se meta moito a xente conmigo por ser de este equipo, que xa bastante me fan sufrir cando os vexo. :D

J.Carlos Nesta dixo...

colleas non >> coxeas ( que pouco uso o galego )...polo menos o intento.

Cristuina dixo...

Como xa dixen unha vez: estou do Barça ata a coronilla!