mércores, 20 de maio de 2009

** Os premiadores premiados

Teño a convicción que moitas veces os premios non os levan quen máis os merecen senón aqueles que convén que os leven. Explícome: Hai premios tipo Príncipe de Asturias de X cousa, ou Premios X de Literatura ou moitos outros premios sobranceiros -ou con aspiracións a selo- que elixen como premiados a persoas que fixeron méritos, pero que están moi por debaixo doutras, quizás non tan coñecidas, pero máis efectivas e acreedoras de tan codiados galardóns. Entón ¿por qué llo dan a outr@s?. Teño unha teoría e agardo que, sinceramente, me digades o que pensedes. É ben sinxela: moitos xurados premian a figuras ilustres máis por darlle realce ós propios premios que por xusticia. Ou sexa: para gañarn prestixio na sociedade empregando un "efecto feed-back" ou de retroalimentación. Non quero dicir que non o mereza a xente que é distinguida, so que habería persoas con máis méritos, aínda que non tan figuras de primeira línea. ´

Tamén coido que se tende a premiar o de canto máis lonxe mellor e menospreciar ó que se ten na casa. Acontece en moitas cidades e países. Parece que se premiamos ó de fóra, vamos a ser máis internacionais e, como efecto colateral, obteremos máis prestixio.

Sí , xa sei que de todo hai, pero non me negaredes que o que acabo de escribir non ten, cando menos, algo de razón. Gustaríame que opinarades ó respecto, sexa cal sexa a vosa opinión.



UN ARTIGO-OPINIÓN ELABORADO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

sonia dixo...

Quizá hoxe esté un pouco negativa, je. Moitos dos concursos son política, e posiblemente os menos coñecidos serán os nunca coñecidos por estes medios. O diñeiro, o cargo, o prestixio, o....xoga un papel importante, as veces todo, menos o que se debería ver no concurso.
Por suposto, o que obtén o premio é unha persoa moi válida, pero cumprirá algún requisito que outros non tan coñecidos non logra (prestixio, poder.....
É posible que tamén valoremos as veces máis o de fora e esquecemos o de dentro, o noso, que realmente fermoso, pero que non apreciamos o seu valor hasta que falta.

Cristuina dixo...

Todo é cuestión de darse publicidade, porque publicidade é igual a gañar mais cartiños!