miércoles, 15 de abril de 2009

** O xornalismo das "historias pequenas"


DEDICADO A NACHO MIRÁS FOLE



Leo noutro dos meus blogs de cabeceira unha gran verdade: "No hay historias pequeñas, hay periodistas pequeños". Certa, moi certa esta frase de Juan Ramón Díaz que recolle Nacho Mirás no seu Rabudo, O blog do que xa teño falado aquí nalgunha outra ocasión, e que me encanta porque sabe sacarlle xugo a esas historias cotidianas do día a día revestíndoas e dotándoas de boa literatura. É algo así como quen conta un chiste e non o conta ben ou o conta moi resumido e perde o seu aquél no intento. Saber contalo e contalo ben é básico. Iso fai Nacho con esas historias pequenas do día a día. Iso sí, con respeto e sentidiño, como debe ser. O xornalismo literario é xornalismo do bo (ollo, fóra do ámbito do xornalismo tamén diría o mesmo dun relato ben redactado).

Hoxendía confúndese saber aproveitar historias pequenas para buscar a noticia e contar ou transmitir algo productivo coa búsqueda desesperada e bastante falta de ética do pseudo-xornalismo rosa no que ata importa a cor dos mocos dun famoso con tal de falar de algo polo feito de falar, cal se dunha peluquería de chismorreos se tratase. NON, señores, a min gústanme esas historias pequenas pero que encerran grandes cousas ou, cando menos, cousas interesantes, que non morbosas como o caso do famosillos.

Deste xornalismo das historias pequenas -pequenas non pola súa valía, senón pola súa familiaridade coa vida diaria- é un moi bo representante Nacho Mirás, que lle confire unha vida propia a algo que podería pasar inadvertido. Esas historias pequenas nas mans dunha persoa que saiba escribir esa historia convértese case nunha novela curta. Todo un pracer ler a Nacho.

Hoxe por diversos motivos segue sen ser valorado na súa xusta medida. Polo xeral, os xornais premian noticias de axencias ou noticias formales en contra das noticias ou reportaxes "literarias" que son case "marxinadas" ós suplementos dominicais porque alí sí gozan do espacio que lles soe faltar no formato diario do xornal. Quizás o espacio, sexa un deses motivos. Pero o tempo e, sobre todo, a valía ou a comidade de cadaquén son algúns dos principais motivos dos que se siguen tirando de noticias escritas en linguaxe "neutro" ou "estándar", vamos sen usar expresión ou figuras literarias que contribúan a enriquecer o que no texto se conta. Sen abusar de xeito innecesario, claro está, que os extremos case sempre son malos.

Remato, insistindo que incluso unha historia da vida que non sexa noticia en sí mesma, xa me gusta se a persoa que a conta sabe transmitila e nola debuxa e case podemos percibir cada pequeno movemento ou expresión dos seus protagonistas, incluso sen estar no lugar dos feitos.



UN ARTIGO-OPINIÓN FEITO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

4 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

rabudo dijo...

Amigo Julio; non se se poñerte un piso ou convidarte a comer (penso que me vai saír máis barato o segundo, así que queda en pé). E non polas flores, que che agradezo de veras, aínda por riba, mentres soa na túa páxina unha das miñas cancións favoritas, o Runaway cantado por Del Shannon. Pois non por iso, senón porque xa son uns anos de amistade virtual, e isto vamos ter que bendecilo con churrasco! Unha aperta grande. Prometo atopar o tempo para voltar ás pequenas historias.

Julio Torres dijo...

Nacho, non regalo flores por regalar. Telo ben merecido. O do churrasco toma nota, jeje. Así, deixamos de ser amigos virtuais, para ser amigos na vida mesma. En realidade xa te considero como tal sen nunca terte visto en persoa ou ter falado en persoa contigo.
É curioso como hai persoas que sen coñecelas, parece que sí as oñecemos so polo que escriben e pensan. Cousas da tecnoloxía.

E sí, bótanse de menos as túas historias pequenas, pero entendo perfectamente que coa túa filla pequena o tempo non dé para máis. E lóxico e normal. Ante todo a familia, amigo Nacho.

Un saúdo, compañeiro
Carpe Diem

P.D.: Periodicamente limítanme a so 30 segundos as cancións do reproductor de IMEEN. A día de hoxe, das case 900 que ten , so hai unhas 100 limitadas, pero xa borrei varios centenares e sustituinas por outros grupos e cantantes.

Cada x tempo, vanmas limitando, e volta a deixar algunhas de mostra e outras a borralas e cambilas por outra. Así periodicamente e da moita rabia e traballo, porque todas as que teño me gustan e non me queda outra que presincindir delas. Por este motivo moitas van desaparecendo e outras de grupos ou cantantes qu eme gustan non están. Tenteino co outro repoductor: o de playlist.com, pero máis ou menos igual (se ben hai moitas que non se poden escoitar en IMEEN), so que nestes incluso as poñen directamente como non disponibles cada x temo tamén. Xa nin os 30 segundos... En fín, será polo tema da SGAE.

Toquemos madeira e esperemos que non nos toquen nin o RUNAWAY nin outras. Ou polo menos que non fagan literalemente unha limpia calquera día.

migramundo dijo...

Nacho sabe contar moi ben esas historias, e moitas máis que contaría, creo, se tivese tempo. Hai moitos xornalistas que poderían facer cousas semellantes, pero o xornalismo está máis preocupado polas macrocifras, as estatísticas, os números en que convirte, casi imperceptiblemente, ás persoas. Éche o mercado, compañeiro. ¡A economía dos resultados! Apertas.

sonia dijo...

Nacho, polo que estou lendo debería animarme a entrar na túa páxina.
Estamos nunha sociedade na que se está valorando máis o morboso...que unha boa calidade literaria, un relato que teña mensaxe...

Felicidades a xente que coma vos, segue escribindo relatos, información de diferente tipo, fomentando unha boa literatura con bos mensaxes. Gracias, por estar ahí, e recordarnos dalgunha maneira o importante que é a expresión escrita, un gran medio de comunicación que nunca se pode perder. Unha comunicación positiva, crítica pero sen chegar a ser morbosa ou faltando ao respecto.