martes, 17 de marzo de 2009

** Unha efeméride social a ter en conta

O
Día do Traballo Social víñase celebrando o 10 de decembro coincidindo co Día dos Dereitos Humáns. Na asemblea xeral da Federación Internacional de Traballadores Sociales -FITS- (organismo global para traballadores/as socais de 90 países de todo o mundo), acordouse celebrar este día o terceiro martes do mes de marzo de cada ano ata o 2020.

A profesión de traballador/a social -antes chamada asistente social- é a que desempeño desde hai anos e que compaxino, cando as circunstancias o permiten, coa outra miña profesión: a de xornalista. Outro día falareivos de que vai isto de ser traballador social ou asistente social. A modo de adianto direivos que traballamos con diferentes sectores da poboación: terceira idade, discapacitados, menores, mulleres, drogodependentes, reclusos, inmigrantes ou persoas exluidas,entre outras. As labores, a nivel xeral(xa que hai outras moitas), son de información, orientación e asesoramento sobre recursos, prestacións e servicios que contribúan a mellorar o benestar das persoas.

3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

migramundo dijo...

Ás veces pregúntome si o dia do traballo non estará a piques de desaparecer como celebración internacional, porque traballar traballamso, de momento, todos os días. Saúdos.

Anónimo dijo...

Hola! ¿como va eso Julio? soy del blog Medito-radio-tv y me planteo en estos días volver a darle actividad al blog.
Un saludo.

Julio Torres dijo...

Guillermo: Sí, levas razón, aínda que o día do Traballo é o día 1 de Maio, éste é o do Traballo Social (profesión). Por certo, que un 1 de maio foi precisamente cando creei o blog, que este ano cumprirá 3 anos. E foi un día do traballo, contradiccións da vida...

Rubén: Espero que, finalmente, voltes. Xa se che bota en falta, amigo.

Un saúdo e gracias polos vosos comentarios.
Carpe Diem (nunca mellor dito con este agradable tempo)