jueves, 26 de marzo de 2009

** Ser inhumano e facer espectáculo dos sentimentos

Que nesta vida hai xente boa e xente mala é, por suposto, unha obviedade. Outras persoas, sinxelamente, non son persoas. Este termo venlles grande. Nin tan sequera se poden clasificar como malas, porque incluso rompen os esquemas da maldade. É o caso do/s presuntos asesinos de Marta del Castillo. A maneira en que están xogando coa dor dunha familia que so busca o cadaleito da súa filla de 17 anos para poder darlle sepultura é algo inhumano. Se primeiro a tiraron ó río, que logo ó lixo, dentro duns días a saber onde di que a botaron. NON HAI DEREITO A SER ASÍ DE CRUEL E INHUMANO. Iso non é ser persoa. Non sei como podería ser xurídicamente unha condena sen atopar o cadaleito de Marta, ou se, como parece, ó non haber probas, podería ser posto en liberdade. Se é así, algo falla no sistema xudicial. En realidade fallar xa fallan moitas cousas, pero isto sería un erro máis a sumar, coa agravante da perversidade. ¿Crimes impunes?. Incluso se aparece o corpo sen vida de Marta e hai condena polo homicidio, ¿cantos anos pode cumprir na cadea o/s seu/s asesino/s? A eterna pregunta: ¿canto vale unha vida humana? E tantas outras que a tod@s se nos poden pasar polas nosas mentes.

Non sei, agora o primeiro que se me ocurre é acabar con esta frialdade do/s presunto/s asesinos e colaboradores. A familia de Marta xa ten moita dor encima como por riba andar xogando con ela.

Remato cunha petición: que non se convirta a morte dun ser humano nun circo televisivo. E xa se entende o que quero dicir. Programas que fan dun sufrimento un espectáculo televisivo con tal de captar audiencias. E que incluso poden pagar a xente para que contribúa a este circo mediático. POR FAVOR, ¿para cando un verdadeiro código ético televisivo? ¿Por qué se insiste en temas como os dereitos de autor archicoñecidos e se é tan permisivo coas televisións e o bombardeo sensacionalista e carroñeiro -incluso a calquera hora- POR FAVOR UN CÓDIGO ÉTICO DUNHA VEZ. O fin non xustifica os medios.

Aínda me acordo cando no verán, ó día seguinte do accidente aéreo en Barajas, un programa de Telecinco enviou a unha "reporteira" no avión que cubría o mesmo destino ó día seguinte e á mesma hora. ¿De que vamos?

RESPETO E HUMANIDADE POR FAVOR!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!



UN ARTIGO-OPINIÓN ELABORADA POR: Julio
Coordinador de A Lareira Máxica

0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :