sábado, 21 de marzo de 2009

** ¿Música para parvos e para listos?

Remítenos María, unha das nosas colaboradoras máis activas, un enlace dun artigo titulado "Música para tontos y para listos" publicado hai uns días no xornal Público. Nel faise referencia a un estudio que "determina" que hai música para tontos e para listos. Ó igual que María non estou dacordo co que expón o estudio. Persoalmente considero que a música depende de moitos factores sí, pero coido que non ten que ver con nivel intelectual e sí, por exemplo, cos estados de ánimo de cada persoa en diferentes momentos da súa vida, incluso dun día ou mesmo dun intre determinado. E vós: ¿QUÉ OPINADES DESTE ARTIGO?



ENLACE DE ARTIGO REMITIDO POR: María
Colaboradora de A Lareira Máxica

7 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

María dijo...

Eu tampouco estou de acordo co artigo, por moito estudio que fixeran.
Pero remitínvolo precisamente por iso, porque me parecía polémico e pensei que igual así a xente se animaba a deixar a súa opinión.

Carmen Vázquez dijo...

Os equivocais los dos puesto que la música clásica si es para los inteligentes ya que una mujer o un hombre de coeficiente intelectual bajo no la sabrian apreciar. Navegando por este océano de internet he descubierto vuestro blog y me ha causado una impresión grata. Felicitaciones

María dijo...

Non sei eu se estar moito de acordo con iso que di Carmen. Seguro que tanto ela, como os do artigo, se basan en algo para decilo, pero coñezo e sei de moita xente que na súa vida liu un libro e desfruta enormemente co teatro ou a ópera. Xente sen nengún tipo de estudios a que lle encanta a música clásica, etc etc etc

Julio Torres dijo...

Carmen, primeiro de nada, benvida ó blog. Agardo sentir contando coa túa presencia no blog, esteamos ou non dacordo co que nos expós.

Doutro lado, debo dicir que discrepo totalmente e coincido na observación de María. Que teñas unha intelixencia "superior" non necesarimante leva aparellado un gusto pola música clásica, por exemplo. Coñezo a persoas que nunca estudiaron, por diversos motivos, pero que lles gusta.

Tamén hai xente que estudiou e non lle gusta a música clásica e prefieres música totalmente distinta.

Non se pode xeraliza, penso.

Un saúdo
Carpe Diem

Blue dijo...

Esta encuesta, en mi opinión, no tiene ningún valor. Es más que probable que las respuestas que la gente da en este "test de aptitud escolar" tengan más que ver con sus conocimientos que con sus gustos. Y me temo que los conocimientos no siempre están en proporción con la inteligencia! ¿O no?

Cristuina dijo...

A música de hoxe en día só conta que se venda non que teña calidade. Asi pois, este estudio non ten base ningunha.

o moucho dijo...

Coincido co sentir xeral da xente, en que non existe musica para listos ou parvos. Ainda así, cabe reseñar que existen alguns estilos musicais, que fan moito fincapé en diversos sectores da poboación. Explícome: A xente nova,(e non quero decir todos),ten mais tendencia a musicas con letras mais agresivas,transgresoras e que tenden a ser antisistema, sobre todo en grupos de xente que é de tendencia á reveldía social. Este tipo de xente a veces non é precisamente unha lumbrera nos estudios. Polo que saco en conclusión que este estudio áinda que ten certa base, trabucase por completo. Unha persoa polo simple feito de non interesarse polos estudios, e en moitos casos acabar cun fracaso escolar absoluto, non quere decir que sea parva, pois hai xente que non tendo apenas estudios, acaba por converterse co tempo nun empresario de exito.
Hai musicas que teñen certa imaxe de finolis, caso da musica clásica, operas, ect. Ante esto, quero decir que estos estilos musicais, son dignos de escoitar solo si o disfrutas en vivo e en directo, pois na radio e na televisión, perdese moito a calidade do producto.
De calquera xeito, eu son amigo das musicas que me agradan independientemente do estilo musical que sea. Si o tema soa ben, gustame. Si non me chama a atención paso del. Un exemplo é que podeche gustar un tema de jazz pero eso non quere decir que che guste o jazz, pois ó mellor aborreces ese estilo musical. Pero si soa ben, gustache e punto.