lunes, 16 de marzo de 2009

** As sectas das que ninguén fala

A viñeta é da autoría do xenial J.R.Mora

E nganáronnos. Sí, non nos dixeron toda a verdade. Contáronnos que as sectas era un grupo de persoas que seguían a un líder seudorelixioso. Que era moi fácil entrar nelas pero moi difícil saír e que xente que atrapada nelas era xente moi débil e fácilmente infuenciable. E sí, todo iso era certo, pero é unha verdade parcial. Restaba por recoñecer que as sectas non son so éstas, senón que existen outras moitas: profesioanais, políticas, deportivas, e outras moitas, alusivas a diferentes ámbitos da vida cotián. Homes e mulleres que seguen ó pé da letra unha convicción, que se cren sempre mellores que o resto, posuidores da verdade e da razón absolutas. Incluso cando os datos obxectivos sinalan o contrario. Se fai falta negaríanse a recoñecer que os paxaros teñen ás, que o tren é un medio de comunicación ou que algo é negro cando sabes que é azul, pero azul azul. Dá igual, se tropezas cunha destas moitas sectas, terás que aprender que as cousas non son o que vés, senón que tés que velas para que sexan.

É xente que pretende convencerte de que eles son o único referente a seguir. Persoas que sucumben reiteradamente a non recoñecer os erros que poidan cometer e bótanlle, nas máis das veces, as culpas a terceiros. Todo vale con tal de non admitir que se equivocan. E pasa en moitos ámbitos da vida. Ou estás con uns ou con outros. Todo parece dualizarse nunha estraña combinación binaria que extrae unha única conclusión: “ou estás comigo ou estás en contra miña”. Mentes cuadriculadas que son forofas de sí mesmas e do obxecto, persoa/s ou asociación que idolatran. Tratan de pechar filas a favor dos seus membros, defendendo o indefendible. Aquel dito que “o fin xustifica os medios” chega, por veces, a ser todo un ideal. O cinismo e mentira compulsiva téntaos continuamente. Confunden o termo democracia e practican un dictadura paternalista.

…Que enganados nos tiñan. Dicían que so había sectas de tipo religioso, pero esquecíanse que nesta sociedade as sectas abundan, porque custa recoñecer máis verdades cás de un/unha mesm@. Calquera diría que xa estamos no século XXI…Xa sabes se te atopas cunha destas moitas sectas, pensa que teñen a realidade desvirtuada e que practicar un diálogo será causa perdida. E pretender sacarlle a razón máis complicado que que che toquen os 6 números da lotería primitiva. Coidado, estimados lectores!!!



UN ARTIGO-OPINIÓN REALIZADO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica


2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

JOSE dijo...

Soy muy pesimista respecto a esto.
Creo que la mayor parte de las personas estan siempre detras de "un lider" que les dice lo que tienen que hacer y tiene una explicación para todo.
Parece que pensar y decidir por nosotros mismos es mucho trabajo.
He visto en situaciones desesperantes como "se esta esperando un lider que nos dirija" y nadie hace nada.
Si en esas situaciones dices algo, no te hacen el menor caso porque "tú no tienes pasta de lider".
¿Es que seremos como las hormigas? Que trabajan mucho pero no piensan por si mismas sino que siguen el camino que les marcan "las lideres"?

o moucho dijo...

Total e plenamente de acordo con este artigo. Non deixaches ningun punto sin tocar neste tema. Neste mundo non só hai sectas como as relixiosas, sinon que existen outras que nos amenazan a diario pero que pasan a veces inadvertidas nos medios de comunicación por que non lle damos importancia.
Só decir á xente que se considera un lider destas sectas, que intenten respetar as opinións doutras persoas, e que sempre se poden chegar a puntos de encontro con outra xente, mediante a comprensión e o dialogo, e non mediante a imposición dictatorial das ideas, que moitas veces chega a provocar actos de violencia, desprecio e intolerancia.