sábado, 22 de novembro de 2008

** Punto e seguido moi pausado

Como dicía o amigo DJ Mosto nun comentario da entrada anterior, foi o antivirus AVG o causante de detectar como virus un archivo sano. E a súa eliminación deixoume varios días sen poder usar o PC. Xa está solucionado, non sen bastante esforzo, iso sí.

Este artigo é para dicirvos que cuestións de tipo persoal fan que teña moi pouco tempo para adicarlle ó blog, polo que a partir de agora A Lareira Máxica non se actualizará a cotío como era costume. É posible que so a poida actualizar unha vez por semana ou incluso menos. É unha decisión que me custa moito tomala, nin o imaxinades, pero nesta vida hai que priorizar actividades e, mal que me pese, ALM é SÓ é un entretemento para este xornalista. Unha forma de de poder escribir, de dar as miñas opinións, e de dar a oportunidade a quen o desexe de publicar os seus artigos, opinións, propostas ou suxerencias.

Para min, xa o dixen moitas veces, A Lareira Máxica significa moito. É como se fose -que non o é- un fillo ó que hai que coidar, pero co que disfrutas e que o ves medrar rodeado dunha boa familia. E que xa ten dous anos e medio. O blog está feito con esmero, cariño e moita adicación, máis da que debería tendo en conta que non me reporta ningún beneficio económico, aínda que sí moitos persoais (p.ex. o feito de ter visitantes e comentaristas asiduos). Os que me coñecedes sabédelo ben.

Na vida ás veces temos que tomar decisións amargas e éste é unha: chegou o momento de priorizar outras cousas,de diminuir o tempo que lle viña adicando a esta páxina, polo menos durante unha temporada sen determinar. O blog non vai ter periodicidade fixa. Tentarei de actualizalo unha vez á semana con algún artigo. Outros quedarán programados para publicarse (xa hai algúns en espera).

TEÑO COMO NORMA NON PROMETER NADA QUE NON POIDA CUMPRIR, polo que non podo prometer cada canto se actualizará. O que sí é que non vai desaparecer nin pechar. Ou esa é a miña firme intención a curto e medio prazo. So que se publicarán menos cousas e máis espaciadas. Notaredes tamén que farei menos comentarios nos vosos blogs, aínda que é posible que os visite sen facer comentarios.

En fin, é un día triste, pero xa virán tempos mellores. Din que nunca choveu que non escampara. E diso os galegos sabemos algo. So vos pido paciencia, a mesma que vai que ter este servidor porque nunca é doado ter que priorizar e tomar decisións que nunca che gustaría ter tomado, pero que deben ser tomadas.

Esta decísión non é a única, antes destas xa tiven que renunciar por completo a outras actividades e proxectos que iniciei no 2007. A vida é así, agora toca centrarse no traballo e noutras tarefas que reclaman maior tempo e adicacion da que estaban recibindo. A vida é asi. Sinxelamente hai que priorizar as cousas.

Isto soa a despedida, pero non o é. É UN PUNTO E SEGUIDO MOI PAUSADO. Gracias a tod@s, e seguide visitando o blog, facendo comentarios nel e enviando artigos ou outras propostas (imaxes, humor, música, internet, artigos alleos debidamente identificados,etc.) para publicar. Pola miña parte teño moitos artigos e opinións na cabeza para ir escribindo. Por falta delas non será. Por limitacións de tempo sí. Así que ALM seguirá, pero actualizarase moito menos a cotío. Paciencia!!!

6 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

Julio lo primero es lo primero. Te conozco lo suficiente como para saber que te ha costado tomar la decisión y me parece acertada. Me conformo con que no cierres el blog. Besitos, guapo.

Anónimo dixo...

A todo hai que tratar de sacarlle proveito. Agora poderás, por exemplo, dedicarlle máis tempo á reflexión, escribir posts máis repousados, máis pensados, máis traballados. Eu tiven etapas así e foron boas, canto ao blogue. Non te desanimes e pensa que algo de positivo ten. Unha aperta.

J.Carlos Nesta dixo...

Alédome de que o pc xa saira de boxes!. E pola parte de ter que descansar un pouco da ALM, pois tranquilo, tómao con calma. Tódalas decisión levan a algures...E sempre terás tempo para volver. Eu estou en situación parecida a túa, soamente espero ter novas túas e da Lareira de vez en cando. Un saudo!

Anónimo dixo...

Sexa o que sexa, o primeiro é o primeiro e ante todo o importante ten que priorizarse.
Despois da tormenta ven a calma, así que con forza e moito ánimo

Julio Torres dixo...

Rose, Guillermo, Dj Mosto e Sonia: MOITAS GRACIAS.

Rose: Coñecémesme máis do que penso, Rosiña!!! Besiños juapísima!

Guillermo, levas razón: hai que tratar de ver cousas positivas dentro deste inconveniente do tempo.

Dj Mosto: Non me vou, so que outras actividades e as limitacións de tempo fan teña que priorizar e que non poida actualizar o blog cómo me gustaría. Coido que me enrollei moito para explicar isto que che acabo de dicir en tan poucas palabras.

Sonia: Xa sabes do que se trata, Sonia. Sí, deso mesmo que estás a pensar...Por certo que temos pendiente arreglar de novo esta sociedade antes de que acabe o ano. Que xa toca!!! Son un pracer esas conversas...

Ós catro e a outr@s que mo expresaron en persoa, por mail e/ou por teléfno, moitas gracias polo vosa comprensión.
Que non o actualice tan a cotío non quere dicir que non o sigades visitando.

Anónimo dixo...

E millor que fagas un por semana e non te sintas presionado e tomes isto como relax e non como un traballo.
A min pasame algo parecido e levo un tempo intentando organizarme pero coido que tendren tamen que reducir o tempo que lle adico a internet.