domingo, 19 de outubro de 2008

<> Tenía tanto que darte.....NENA...


Tiña tanto que darche é como se diría en galego a expresión "Tenía tanto que darte". Cando unha relación non funciona e termina por separase podemos atoparnos con esta frase-lamento. Nena Daconte tentou facer deste amargo sentimento unha canción símbolo da esperanza e chea de ritmo e alegría. O resultado este neste pegadizo tema musical que podedes ollar no vídeo de arriba. ¡¡Caray, se é que ata da gana de cantalo teñas ou non problemas de parella!! (Bueno, mellor non telos, claro está). A cantante, xa o sabedes, de Nena Daconte é May Meneses aquela voz tenra e de rapaciña pequena que se quedou fóra ás primeiras de cambio nunha das edicións do show O.T. (cando non o era tanto, ou sexa cando non había un tío semicalvo de gafas oscuras e de educación minimalista teatralizada ata límites insospeitados). A constancia, o traballo e a sorte, entre outros factores, encargáronse de darlle unha merecida oportunidade e un certo recoñecemento musical. Que siga cantando así de ben por moitos anos.

"Tenía tanto que darte, tenía tanto amor guardado para ti...nanana..." Bo comenzo de semana para tod@s. Por certo: ¿e vos que canción tedes metida estes días na cabeza e que non parades de tararear interior ou exteriormente?




UN ARTIGO-OPINIÓN FEITO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

5 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Cristuina dixo...

Y no me crees cuando te digo que la distancia es el olvido,
no me crees cuando te digo que en el olvido estoy contigo aunque no estés,
y cada día, cada hora, cada instante pienso en ti y no lo ves,
no me crees.

Esta canción de "Efecto Mariposa" repiteseme constantemente dende fai máis dun ano. Será porque describe o que sinto nestes momentos?

Ainssss!!, quen inventou o AMOR? Que quero falar seriamente có inventor, ou coa inventora, e dicirlle catro cousiñas??!!

Anónimo dixo...

Vaia, que puntería, porque a canción de Nena leva días soando inconscientemente na miña cabeza sin que eu mo propoña ou poida facer nada ó respeto. A que comenta cristuina levo meses tarareándoa e recórdame a outra que revoloteaba sobre min tempo atrás, aquela de "devúelveme la viiiidaaaaaa" de Orozco.
Cousas do subconsciente!! Supoño!!

JOSE dixo...

Yo solamente te he dado mi voto para el concurso "20 blogs".
Tu blog es muy bueno.

Anónimo dixo...

María encántame a canción de "devuélveme la vida" de Orozo.Nalgún momento a tiven na mente.
Agora mesmo, non se me ocurre unha canción ca que ande as voltas

Anónimo dixo...

Sin duda, la de "Viva la vida" de Coldplay. Te llena de energía cuando más lo necesitas!

Saludos :)