viernes, 31 de octubre de 2008

<> A Lareira Máxica, segunda nos Premios 20 Blogs

A falta de tres días para acabar as votacións (finalizan o domingo, día no que se pode votar), A Lareira Máxica, ocupa a 2ª posición na categoría de mellor blog en versión orixinal (cun total de 25 votos recibidos ata as 24:00 de onte xoves). Pola súa parte, na categoría de mellor diseño non recibiu nin un so voto, feito que confirma que estes premios non son nada xustos. Vótase por amizade ou porque coñeces os blogs que votas, pero entre 4516 é materialmente imposible coñecelos todos, de aí os resultados. Non fai máis que corroborar o que vos dicía o venres pasado.

Así mesmo, dicirvos que sen contar o día de hoxe, o blog sitúase na clasificación xeral no posto 19 de entre os 4516 participantes, chegando a situarse o mércores na na posición 17ª. En fin, que nin no mellor dos meus soños....

Independentemente do que pase nestes 3 días, quero agradecerlle a tod@s @s que votaron por ALM (poden votar @s que teñen algún blog inscrito nos Premios). O que pretendo é gañar novos membros para ALM que participen activamente e que non sexan so comentarios aislados aínda que numerosos como os destes últimos días...

Éme grato confesar que ó ter que votar a blogs doutras categorías, visitei bastantes blogs para votar con coñecemento de causa. E nas visitas descubrín varios moi bos ou interesantes. E é que non hai que visitar soamente os mesmos blogs de sempre.

A CLASIFICACIÓN ás 24 horas do xoves na categoría de mellor BLOG EN VERSIÓN ORIXINAL era (falo desta hora porque se actualizan cada día ás 12 da noite)
Posición Blog Votos
1 En veu alta 41 votos
2 A Lareira Máxica 25
3 Aprender Ingles Online 16
4 A Botica da Expresión 14
4 Falla Casa d´Alonso 14
6 CINEMA FRIKI 11
6 Verbas ceibes 11
8 lovecooking 8
9 AixòToca 7
9 Aprender-Sueco 7
9 L´home que no sabia riure 7
9 Marco & Bella Adventures 7

A CLASIFICACIÓN XERAL:
Posición Blog Votos
1 Hiperbreves S.A. 60
2 Lápices para la Paz 55
2 Yo también tengo cáncer de mama 55
4 Anal-Izada Blogs 49
5 No es cine todo lo que reluce 46
6 Entre Luces y Cámaras 43
7 En veu alta 41
7 Fogonazos 41
9 JRMora, humor gráfico 37
10 Más cuento que calleja 36
11 El Fútbol es Injusto 35
12 CAYECATURAS 34
12 Pixfans 34
14 Adicta a la publicidad 32
15 La logica del titiritero 31
16 Mi Mesa Cojea 30
16 SOLO PUTA 30
16 Un Español en Japón 30
19 A Lareira Máxica 25
19 ChicaGeek 25



ACTUALIZACIÓN 22-11-08: FINALMENTE O BLOG REMATOU NA 2ª posición DO MELLOR BLOG EN VERSIÓN ORIXINAL CON 37 VOTOS, sendo finalista nos Premios 20 Blogs 2008 nesta categoría. No apartado de deseño quedou no posto 36, con 2 votos. Na xeral sitouse na posición 20ª, entre un total de 4514 blogs.


Estes son OS FINALISTAS E GAÑADORES NAS DIFERENTES CATEGORÍAS DOS PREMIOS 20 BLOGS 2008. RESULTADOS DEFINITIVOS.

jueves, 30 de octubre de 2008

<> RELATO: A auga segue río abaixo

A auga vai percorrendo lentamente as rúas namentras ti te das voltas pola miña cabeza, bótoche de menos e agora mesmo o agasallo máis prezado sería terche o meu carón, e estar nos teus brazos...
Síntome pequeniña no mundo, non valo nada pero daríao todo por ti. Ata os máis fermosos sentimentos e o máis puro amor poden desaparecer cando non atopan un cachiño de corazón, pero ti es tan distinto...
Unha vez dixenche que tiñas un sorriso especial... pero tes máis que sabido que non é tan só o sorriso. Es un pequeno gran artista, eres único.
Canto máis avanzan os días máis preciso terche preto, inda que isto me cause máis dano, non sei si estou a perder a ilusión que me caracterizaba os primeiros días cando os nosos ollos se xuntaban nun punto intermedio entre ambos, e nos aproximabamos para bicarnos docemente.
Non sei se te quero ou se es un antollo de meniña pequecha que desaparece co transcurso dos días.
Quixen moito e fun querida mais gostaríame pensar que ainda non se parou na miña porta o amor verdadeiro, pode que nunca o chegue a coñecer ou quizáis me veña dado das túas mans.
O vivir de ilusións aportanos triste alegría, pero mirando o meu presente de non ser polas ilusións xa non estaría escribindo agora estas verbas.
Peco de romperme moito a cabeza con cada pensamento, nembargantes non son capaz de cambiar, nacín así e supoño que cando pase a mellor vida seguirei sendo como ata o de agora.

...Ampliar/recoller resto do relato [ +/- ]
    Pode ser que quixera apurar moito o reloxo e a estas alturas me pese, cada cousa debe suceder no seu momento, de sempre dixen que as cousas forzadas nunca saen ben, aínda que o noso sino esté escrito forzadamente. De poseer un reino de estrelas poñerias sen dúbida os pés do tempo para que corresen as agullas máis veloces, que pasasen uns aniños para que isto rematase, ou ben ou mal, pero que chegase a un fin de unha vez por todas. Estoume a derrubar, os segundos tardan horas en pasar, e as horas transcorren ca lentitude das semanas. Nada me ten sentido, só se me pasa pola cabeza desaparecer, que me limpen a ialma e o corazón a fondo e non pensar nen sufrir máis. Xamais lle tiven medo a morte, penso nela como unha persoa que ten sono pensa na comodidade dunha cama, é un descanso, doce pracenteiro, despreocupado... A auga xa chegou o seu destino final, e ti segues dando voltas os nosos recordos...



UN RELATO ESCRITO POR: Romy
Colaboradora de A Lareira Máxica

<> A Frase Máxica....Críticas e momentos


" A crítica debe facerse a tempo; non hai que deixarse levar pola mala costume de criticar so despois de consumados os feitos "



Mao Tse-Tun

miércoles, 29 de octubre de 2008

<> Con Humor sempre se leva mellor o mal tempo...




<> A Frase Máxica..... ¿ Educación vs clases ?


" Onde hai educación non hai distinción de clases ”



Confucio

domingo, 26 de octubre de 2008

<> ¿Alguén ten cambio? E que non levo solto...¿Ou sí?

Parece mentira o rápido que algo ó que estivemos habituados durante moitos anos pasa a ser unha reliquia pero sen ningún valor, agás o que nós lle queiramos otorgar. ¿De que falo? Bueno, máis que falalo vouno ensinar. Entre tod@s xa nos encargaremos de comentalo. So engado que a nostalxia apoderouse de min intres antes de empezar a redactar este artigo da sección de A Máquina do Tempo e que os nen@s de, aproximadamente, menos de 11 anos, non se lembraran de algo que nunca chegaron a aprender. Hoxe so pensan no que hai, non no que houbo hai tempo. Quizás algún día, sexamos nós os que lles contemos esta batalliña ós nos@s net@s...Quizás algún día...

AVISO: Foron tod@s @s que están, pero non están tod@s @s que foron...
...¡¡Canto valor solto e canto traballo pasei ó subir todo isto!! Espero que vos guste.





UN ARTIGO ELABORADO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica