xoves, 10 de xullo de 2008

** Sogecable certifica a defunción dos míticos guiñoles

Adeus ós míticos guiñoñes de Canal Plus e Cuatro. A canle do grupo Sogecable decidiu acabar con eles e retiralos da súa parrila tanto na televisión como na radio (Cadena Ser) por ser "moi caros". De ter un espacio propio duns minutos de duración preto das 22:00 horas na etapa de Canal + e nos inicios de Cuatro, a ter que aparecer dentro do programa Noche Hache de madrugada.

Actualidade, humor e ironía eran tres dos ingredientes de Los Guiñoles.Desde setembro do ano 95 iluminaron os nosos sorriso. Daquela aparecían nas horas sen codificar de Canal +. Nestes case 13 anos apareceron na televisión e na radio. Chegáronse a crear uns 150 personaxes. Políticos, futbolistas, actores, presentadores,... e ata unha cabra, a da Lexión: "Blanquita" á cal so lle faltaba falar...Os guiñoles sentaron cátedra. Para sempre nos quedaremos co personaxe de guiñol de Hilario Pino repetindo, indo, as súas palabras, abras. Para sempre veremos como a presentadora Marta Reyero manexa con destreza insusitada o seu bolígrafo no seu alter ego couché. Michael Robinson, Iker Jiménez, Ronaldo, Ronaldinho, Raúl, Luis Aragonés, Javier Clemente, Felipe González, Aznar, Zapatero, Rajoy, Penélope Cruz, Fernando Alonso, e moitos moitos outros. Para sempre aquel mítico streptease político ó estilo Full Monty...

Triste decisión a adoptada por Sogecable. Descansen en paz.





ARTIGO ESCRITO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Eifonso Lagares dixo...

Siempre es un apena que se acabe lo bueno y en este caso era de lo poco que merecía la pena buscar y esperar para ver y oír. Un saludo amigo.