domingo, 27 de xullo de 2008

** Sastre gaña o Tour, outro novo éxito para España

Como xa saberedes os seguidores do ciclismo, Carlos Sastre vense de proclamar vencedor do Tour de Francia 2008. O avulense impúxose logo dunha excelente etapa de montaña o mércores e unha gran contrareloj persoal na que soubo defender o seu maillot amarillo. Por terceiro ano consecutivo un español vence na ronda gala. O ciclista de Mos, Óscar Pereiro no 2006, o madrileño Alberto Contador e agora Carlos Sastre. O de Ávila obtivo un triunfo moi merecido.

A mágoa foi o noso ciclista Óscar Pereiro que, pese a traballar para o seu xefe de filas, Alejandro Valverde, estaba facendo un excelente Tour. Unha espectacular caída na que se fracturou o húmero fixo que abandoara. Unha mágoa para un extraordinario ciclista que tamén se perderá as Olimpiadas e a Volta a España. Ougallá Pereiro conquira algunha victoria nunha das grandes e poida celebralo -esta vez sí- por todo o alto, porque este rapaz é para min unha persoa moi humana que da gusto escoitalo falar. Sincero, coherente, simpático e coa cabeza ben amoblada. Chapeau. Óscar, un ciclista 10 a nivel humano e deportivo. Un orgullo para os galegos.

O outro lado negativo é o do dóping. Unha pena que haxa xente tramposa nun deporte de valentes. Para min o máis duro de todos. Tres semanas facendo centenares de km enriba dunha bici, facendo frío, calor, chovendo. subindo altas montañas, realizando baixadas moi arriscadas,... O feito que haxa xente tramposa e coabarde, con todo, non desvirtúa o mérito dos outros valentes.

Con Carlos Sastre, xa son 7 ciclistas españoles que teñen un Tour de Francia nas súas vitrinas. Federico Martín Bahamontes, Luis Ocaña, Pedro Delgado, Miguel Induráin (éste en 5 ocasións), e os xa nomeadas Pereiro, Contador e Sastre. Estámonos acostumbrando moi ben no Tour... E que dicir ten deste ano para España: campiona da eurocopa de fútbol, Alberto Contador que se fixo co Giro de Italia, Nadal que gañou Roland Garros e Wimbledon,



UN ARTIGO ELABORADO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

Parabén ao deporte español en xeral e ao ciclismo en particular pola gran cantidade de exitos cultivados ultimamente.
É unha pena que se vexa empañado con casos de doping que non invitan a dar a estes deportistas todo o valor que se merecen.
Carlos Xastre foi frio, practico e intelixente. demostrou como conseguir un obxectivo a base de traballo e capacidade de sufrimienteo.
Tamén Oscar Freire merécese todo o noso recoñecemento pois a pesar de todos os seus problemas físicos ao longo da súa carreira deportiva conseguiu un marabilloso palmares que aínda pode ampliar.
Oscar Pereiro é un tio humilde que non se lle soben os exitos á cabeza; cando acode ás marchas véselle mesturarse cos afeccionados, globeros como eu, coma se fose un máis. É un tio cojonudo.