viernes, 6 de junio de 2008

** De ciclos, clases de amizades e a vida mesma

" La verdadera amistad es planta de lento crecimiento que debe sufrir y vencer los embates del infortunio antes de que sus frutos lleguen a completa madurez "
George Washington


A vida está chea de ciclos. Ningún é eterno. Ningún. Todo principia e todo remata. Hai ciclos bos, cheos de alegrías e bos momentos que desexarías que nunca tivesen acabado. Outros, por contra, son de sabor amargo e ulen a ocre oxidado e envelenado, son feras encerradas nunha diminuta xaula sen pechadura certa e aparente desexando fuxir.

Nos ciclos bos é fácil atopar "xente amiga". Nos malos é cando @s que verdadeiramente lle importas, están aí, ó teu lado: sufren contigo, saben escoitar e danche folgos. Eses son @s AMIG@S. Neses intres dorosos, duros e bilariados cribas os que eran "persoas amigas" e os que eran amigos de verdade. Os últimos son para toda a vida. Non entenden de ciclos. A "xente amiga", so o é namentres sopre vento a favor e se navegue a toda vela, duran o que dure ese ciclo pero vanse cando o barco encallou e divisan terra firme.

A vida está chea de ciclos. Antes ou despois deben rematar. Lei de vida. Como a vida mesma. Ningún tesouro recompensaría á sincera amizade do amigos de verdade. Proba a tentar pórlle prezo. É algo impagable. Hai que saber diferenciar as herbas malas das frores. O demais son contos...

Lembra: A vida está chea de ciclos. Ningún é eterno. Todo principia e todo remata...


Adicado a tódolos AMIG@S dun servidor. Aqueles/as que vale moi moito a pena.



UNHA REFLEXIÓN by Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Toupeiro dijo...

É a put. realidade, cando todo vai ben tes un monton de "amigos", cando os necesitas desaparecen como por encantamento...só quedan os de verdade...moi poucos pero bos.

mariam dijo...

Tes razón. Eu penso o mesmo. ¿Sabes qué pasa? Nesta vida hai poucos, pouquísimos, amigos de verdade. Hai moitos que se chaman así, “amigos”, pero realmente non son máis que compañeiros de traballo, colegas, coñecidos, etc. A proba máis difícil para amizade é o paso do tempo. O tempo sempre é o que di a última palabra, nunca engana. As boas amizades son as únicas que se fortalecen cos anos.

sonia dijo...

Hola!
Estou dacordo con todos vos.
Penso que os amigos/as cóntanse cos dedos das mans.
Un amigo que te coñece acepta o bo e o malo da persoa, está nas boas e nas malas e co paso do tempo, por moitos cambios que haxa nas vidas de ambos continuan coa súa amizade.
Na vida pasamos por diferentes ciclos, hai etapas boas e malas. Supoño que depende da persoa pero as veces custa pasar eses momentos malos, e neses intres parece que non hai nada positivo, menos mal que sempre haberá o noso carón alguén que nos recorde o afortunados que somos.