xoves, 14 de febreiro de 2008

** Unha bonita balada para o día de San Valentín

O noso "xefe" (perdón, sei que odias que te chame así pero quería meterme contigo), o Julio, pediume que vos puxera un vídeo musical de Michael Bolton para adicar a tódol@s namoradiños no día do San Valentín. Debo confesar que a min derréteme escoitar a voz deste cantante. Boa elección.
Coma o Julio, penso que este día máis comercial que nada porque o amor non debe ser cousa dun día senón de todos. Amais a min góstame que me sorprendan e non que o regalo sexa previsible un día coma hoxe. Tampouco lle poño mala cara, pero faime máis ilusión unha flor calquera outro día que non se celebre nada.
¿Como viviste-lo día de San Valentín? ¿Algunha anécdota? ¿Que che regalaron? ¿Pensas que é un día máis comercial que outra cousa? ¿Que canción ou cantante vos gusta escoitar en plan romántico? Opinade.
Patri


1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

Estou dacordo con vos que o amor é día a día. No amor é precioso sorprender a túa parella de vez en cando. O amor é o día a día, o detalle de cada momento, sentir a cercanía da persoa amada. É unha entrega confiada a outra persoa, dando o mellor de cada un, sen perder por suposto a liberdade de cada un.
O amor é unha palabra moi grande, moi fermosa.
E si falamos de amor, entendería que tamén podemos falar do amor a vida, a amizade, a familia, a......
Sen embargo e nos sei por qué razón, este día gústame de maneira especial, aínda que creo que é algo totalmente comercial. Non é un día, senón cada día.
Que o amor perdure sempre nos nosos corazóns.
Pódese construir un mundo mellor, onde o amor sexa o motor.