martes, 15 de xaneiro de 2008

** A riqueza de comparar noticias: Unha nova web

Tod@s sabemos, ou deberiamos saber a estas alturas da vida, que os medios de comunicación non son obxectivos. Sexamos realistas. A utópica obxectividade que se mece nas facultades de xornalismo desparece na práctica cotián. Intereses, axudas económicas e subvencións teñen o seu aquél, o seu puntiño como diría outro. Así, por exemplo,non é para nada raro escoitar....¡pégalle unha volta a esa noticia ou ó titular! (ó cal se prima moito porque é o que resalta nos lectores) non vaia ser logo que....

¿E a que ven todo iso? Ben a que hoxe entérome polo blog de La Huella Digital, de Nacho de la Fuente, que hai unha web, Enewsc, que compara as noticias de diferentes xornais de España, Reino Unido e Estados Unidos. De momento so a ollei por riba. Non sei se se será algo superficial ou vai máis aló. En España compara as noticias de El País, El Mundo, Público, 20 minutos, Periodista Digital e ABC. Non está mal. Agardemos que todo isto facilita a laboura do lector a non deixarse levar pola primeira noticia dun xornal que le. Nunca é bo confiarse a un so medio de comunicación. Na diversidade ideolóxica está a riqueza psicolóxica das noticias. Aprender a quitar as túas propias conclusións e mellor que chas dean feitas. E se confiamos sempre nun so medio, corremos o perigo de facernos dunha secta e desbotar calquera outra cousa. E así lle vai a moitos. Pero que a "Don Erre que Erre" do desaparecido actor Paco Martínez Soria....

Como xornalista, sempre estarei a favor de que cantas máis cabeceiras e medios de comunicación haxa mellor será para o cidadán de a pé. Terá onde beber de diferentes fontes e ideoloxías. Logo el terá que tentar dilucidar que é o que relamente está pasando. Si é unha tarefa difícil pero debemos pensar, e non que pensen por nós. Craso erro ése o de deixarse levar.

Unha sociedade madura implica deixar escoller, fomentar variedade, xa que non hai información obxectiva pura. E cada día máis téndense máis a absorber medios de comunicación (aínda que de vez en cando vexa a luz algún novo por sorte)... Iso resta liberdade á calquera sociedade, porque non nos olvidemos que os medios de comunicación son ¿o cuarto poder?



UN ARTIGO-OPINIÓN DE: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

Ultimamente o que prima é o sensacionalismo para vender.

Anónimo dixo...

Moi boa idea. A xente a miúdo deixamonos levar, sen máis, e considero moi positivo poder comparar as noticias de diferentes medios de comunicación.
Unha das nosas maiores liberdades e saber ser críticos (no bo sentido) e seleccionar o que nos interesas. Pois a miúdos seguimos a corrente e nos lemos entre liñas.